Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios

Varios

PRESENTACIÓN DO PUNTEIRO AFINABLE

27.02.08

O Obradoiro de Gaitas “Lis”, dirixido polo artesán Lis Latas Vilanova, xunto co responsable do control de calidade do mesmo, Pepe Vaamonde, presentan o domingo 2 de marzo, ás 12:00 horas, no auditorio do Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela (San Domingos de Bonaval, s/n), o punteiro afinable. Este novo instrumento, desenvolvido e patentado polo mencionado Obradoiro, é nado da demanda continua dos músicos, por conseguiren un punteiro que lles dea amplitude de afinación e de compensación de xeito rápido e preciso, abrindo desta forma o abano de afinación a unhas maiores posibilidades das acadadas polo punteiro fixo tradicional.

O acto de presentación do punteiro, que conta coa colaboración inestimable do Museo do Pobo Galego, rematará coa interpretación dunha peza, utilizando este instrumento, por parte de cada un dos seguintes gaiteiros:

Xosé Manuel Budiño, Ivan Costa, Edelmiro Fernández, Brais Monxardín, Anxo Lois Pintos, Pepe Vaamonde, Suso Vaamonde, Bruno Villamor.
   

IV ENCONTRO DE ZANFONA CONTEMPORÁNEA NARÓN-FERROL

15.02.08

Diferentes linguaxes e estilos pero un mesmo concepto: a música contemporánea, a do noso tempo, a irreverente, a inconformista. O centro do mundo zanfoneiro está na Ferrolterra por un fin de semana, será o 29 de febreiro, 1 e 2 de marzo. Con certeza, a meirande concentración de zanfonistas da Península e unha das máis específicas de Europa.

Instrumento milenario, sintetizador medieval, máquina de sons de xograres, cegos e romarías que hoxe acadou unha alta sofisticación. É precisamente Valentín Clastrier o seu renovador; o gurú que mudou o concepto de instrumento “tradicional” e o levou técnica e estilisticamente a cotas inimaxinables hai tres décadas. O seu maxisterio influíu profundamente nas xeracións seguintes e Matthias Loibner e Germán Díaz son un dos mellores exemplos da continuidade deste estilo inquedo e contemporáneo. Tres Mestres que comparten a zanfona como medio de expresión artística.

Este IV Encontro é a edición máis completa, universal e experimental de todas as celebradas. Os apaixonados do instrumento non terán oportunidade de ver xuntos estes tres xenios en moito tempo e en calquera outro lugar.

Inclúese o espectáculo “Proyecto Miño” presentando o seu CD. O contrabaixista local Baldo Martínez lidera unha formación internacional de 1ª liña que interpretarán, en clave de jazz contemporáneo, un repertorio inspirado na música de raíz das terras do Miño fronteirizo. Valentín Clastrier e Germán Díaz formarán parte da ensemble.
Tamén no marco máxico do Teatro Jofre, os virtuosos Matthias Loibner e Germán Diaz tocarán en solitario.

O encontro complétase cun curso práctico intensivo de Valentin Clastrier no Mosteiro de Baltar (Narón) onde ensinará seu método para a técnica interpretativa da zanfona. Ademais das horas lectivas, será una magnífica ocasión para o intercambio de ideas e convivencia dos asistentes.

O sábado á noite no propio mosteiro organizarase un palco aberto a zanfonistas –solistas ou en formación con outros instrumentos- e jam session onde calquera instrumento será benvido. En fin, o mellor Encontro ate agora que pon a Ferrol e Narón no mapa da Europa zanfoneira cunha edición memorable.

Está organizado por la Asociación de Conservatorio de Música Tradicional e Folque en Galicia, e promovido polos Padroados de Cultura dos concellos de Narón e Ferrol.

Mais información
   

FIN DE SEMANA DOS MOXENAS

24.01.08

Esta fin de semana Moxenas é o protagonista na Galiza sur, pois o sábado 26 de Xaneiro, ás 18:00 horas celébrase no Centro Cultural de Valadares, en Vigo, o primeiro concurso co seu nome, que sen dúbida será un gran evento, dado o nivel da maior parte dos concursantes presentados e máis do xurado escollido, formado por Manuel Alonso, Ivan Costa e Diego González.

Os concursantes farán unha 1ª interpretación libre onde poderán interpretar unha ou varias pezas galegas, recollidas ou de autor. Os cinco mellores clasificados no apartado libre terán que facer unha segunda intervención cunha peza obrigada, “O San Campio é noso” de Nazario Gonzalez “Moxenas”, e coa suma destes dous apartados tomarase a decisión final do concurso. Os participantes son: Agarimos, Anacos de Buxo, Contracocheno, Picuiña, Os Chupacabras, Os Rolling Pallóns, Os Fonte Suairas e Abelente.

E o domingo 27 de Xaneiro, á mesma hora, no Centro Goianés en Tomiño, poderemos disfrutar cun concerto de "Moxenas Musical Galego" tras voltar estes mesmos días dun concerto en Aragón.

Ficades todos convidados a participar destas actividades que sen dúbida serán moi interesantes.
   

PREMIO "CIDADE DE PONTEVEDRA" PARA O GRUPO "OS ALEGRES"

23.01.08

A agrupación "Os Alegres" atribuíu o seu nomeamento ao traballo realizado desde 1939 en favor da cultura tradicional galega e a súa cultura musical, mediante a recuperación de partituras, vestiario e instrumentos.

O director do grupo, Dionisio Aboal, anunciou que con motivo deste galardón "Os Alegres" van organizar anualmente en Pontevedra un festival para mostrar o resultado do seu traballo. Aboal prevé que a partir do próximo mes de febreiro xa saia á venda o sétimo disco da agrupación, a modo de homenaxe ao gaiteiro Ricardo Portela e no que participaron músicos de toda a comarca.

Ao longo da súa traxectoria, "Os Alegres" actuaron en localidades de toda Galicia, España e en centros galegos no exterior, ademais de colaborar con outros artistas como Carlos Núñez.

A candidatura de "Os Alegres" foi presentada polo grupo "Os Chichisos".
   

CANTOS E DANZAS DE REIS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA

27.12.07

Un ano máis o grupo Os Chichisos acompañados de diversos instrumentos como acordeón, gaita, frauta traveseira, guitarra, tamboril, bombo, charrasco, pandeireta e pandeiro, etc., e un grupo de nenos e nenas, xúntanse para levar os “Cantos de Reis”, polos concellos Vilaboa e Pontevedra e parroquias.

Este ano contan coa colaboración da Asociación veciñal e cultural Casco Vello de Vigo, que compartirán con eles os Cantos e Danzas de Reis que teñen recollido.

PROGRAMA:

• 3 de xaneiro: polas prazas e rúas de Pontevedra, actuación de Os Chichisos (cantos de reis) e da Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo (cantos e danzas de reis). Sairán ás 18.00 h da praza da Liberdade. Actuación incluída dentro do Programa de Actividades de Nadal do Concello de Pontevedra.

• 4 de xaneiro: polas prazas e rúas de Vigo, ás 18.00 h.

• 5 de xaneiro: polas parroquias de Bértola, Figueirido e Tomeza, ás 18.00 h na Casa do Pobo de Bértola.

Para saber máis sobre este tema podedes chamar ós teléfonos:

649 748 708 Rosalía (Os Chichisos)
620 504 411 Josefa (Asociación Casco Vello de Vigo)
605 638 616 Enrique (Asociación Casco Vello de Vigo)
   

GALA XXV ANIVERSARIO DA A.C.G. SAUDADE

05.12.07


A Gala do XXV Aniversario de Saudade terá lugar o domingo 9 de decembro ás 17:30 h. en L´Auditori (Sala 2) situado na rúa Lepant, 150 en Barcelona.

Esta gala é un espectáculo etnográfico co que o grupo folclórico Saudade achega ao público a nosa forma de entender a cultura tradicional do pobo galego, a través dunha mostra moi representativa da gran riqueza do noso folclore, polo que veñen traballando dende hai 25 anos. Un percorrido polas catro provincias da nosa terra no que ademáis da etnografía xoga un papel fundamental a emigración.


A entrada é gratuita, e todos aqueles que poidan acudir a presenciar este espectáculo terán a oportunidade de coñecer máis a fondo o importante traballo que este grupo está a realizar en relación á nosa cultura tradicional.
   

"DOMINGOS DE LECER" EN OURENSE

04.12.07

O Concello de Ourense ven de programar os "DOMINGOS DE LECER", unha serie de actividades para dinamizar o casco vello da cidade durante o mes de decembro.

Dentro do programa, inclúense concertos, obradoiros, baile, fotografía e por suposto, a música tradicional. Este apartado está organizado e coordinado por "AOFT-GOMES MOURO".

Durante os domingos 9, 16 e 23 de decembro, os obradoiros terán lugar pola mañá de 12 a 14h e os concertos pola tarde, de 17 a 19h., (a petición do Concello de Ourense, con grupos de música da cidade). Os lugares de celebración serán:

- Praza maior, Praza da imprenta, Praza de san marcial, Praza de saco y arce e Rúa bailén

Dende a Tenencia da Alcaldía do Concello de Ourense, queren revalorizar os seus barrios e rúas; comezan no que foi o berce histórico de Ourense, a Cidade Vella. É por isto que convidan a todo o mundo neste mes de Nadal a desfrutar o seu lecer do domingo na cidade de Ourense.

Programa dos domingos de lecer
   

XVII XORNADAS DE FOLCLORE DA ZONA SUR

21.11.07

O sábado 24 de Novembro, a Asociación Folclórica Andarela celebrará as "XVII Xornadas de Folclore da Zona Sur". O lugar de celebración será novamente o Centro Cultural "HELIOS" de Bembrive, sito na Praza do Mosteiro s/n en Mosteiro-Bembrive. Existe a posibilidade de xantar na cafetería do Centro Cultural.

As inscripcións poderanse realizar ata o 23 de Novembro do seguinte xeito:

- Correo electrónico: Enviando unha mensaxe ó enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo cos seguintes datos: Nome e apelidos, teléfono ou dirección electrónica de contacto, nome da Asociación (de se-lo caso), actividade/es na/s que se inscribe.

- Teléfono: No teléfono da asociación (617 343 947)

Por razóns de operatividade, é mais convinte a inscrición por correo electrónico, polo que pregámosvos que, de ser posible, utilicedes esa vía.

A cota de inscrición é de 10 Euros (5 Euros para os socios da A.F. Andarela) e o abono da mesma realizarase o sábado 24 de Novembro no lugar de celebración das xornadas, e antes do inicio das mesmas.

Para calquera aclaración ou dúbida podedes contactar coa asociación no teléfono 617 343 947.

Programa das Xornadas
   

PREMIO "IAR" DO FOLCLORE GALEGO

29.10.07

O vindeiro 15 de Decembro do 2007 terá lugar no Teatro Rosalía Castro o Festival Folclórico no que será entregado o PREMIO “ IAR” DE FOLCLORE GALEGO correspondente a súa XVI edición, que este ano coincide co 25 Aniversario do Grupo de Bailes Populares “IAR”

Os interesados en presenciar esta nova Edición do premio “IAR” poden reservar as localidades (dúas invitacións) no telefono 981-13-36-46, en horario de 20:00 a 22:00 hrs. o día 10 de Decembro.

Podedes consultar nesta nova as bases que rexerán a XVI EDICIÓN DO PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO no caso de estar interesados en participar no mesmo, ou ben propor candidaturas, o prazo atópase aberto ata o día 30 de Novembro do 2007.

Deberedes remitilas a :

XURADO PREMIO “IAR” DE FOLCLORE GALEGO
R /CERCA, 30 BAIXO 15.009 A CORUÑA
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
FAX:981133646

O fallo do xurado emitirase o vindeiro 10 de Decembro e a entrega do Premio terá lugar durante o FESTIVAL. Para rematar queremos animarvos a todos a que propoñades candidaturas e a que acudades o 15 de Decembro a participar neste evento.

Bases de participación no premio "IAR"
   

IV Encontro Internacional de Pandeiros de Mao

17.10.07

A Asociación Folque do Conservatorio de Música Tradicional de Lalín en Pontevedra organiza durante os vindeiros 20 e 21 de outubro o IV encontro Internacional de Pandeiros de Mao.

Haberá neste encontro representación do pandeiro cadrado de Pontevedra, con Maruxa das Cortellas considerada unha virtuosa popular deste instrumento. Desde Portugal, pais que conservou con maior vixencia a tradición dos adufes introducíndoo en espectáculos contemporáneos, contarase coa presencia de Paulo Meirinhos, un bo coñecedor da percusión popular portuguesa que compartirá espazo con Davide Salvado, xoven cantador e músico renovador na pandeireta galega. E para rematar, un cantor do Norte galego, Xabier Díaz presentando o seu novo disco “Coplas para Icia”.


Máis Información e Programa
   

Páxina 221 de 228