Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Os chichisos na noite de difuntos

26.10.11

OS CHICHISOS NA NOITE DE DEFUNTOS ( 31/10/2011)
Nota: pregamos que a estás actividades non veña nadie "disfrazado "
saudos.
+ info 649 748 708
 
-ORIXE HISTÓRICA DA FESTA-
    A orixe desta festa de defuntos e da tradición da talla de caveiras de calacú pérdese na noite dos tempos e posiblemente as celebracións de hoxe en día sexan a mestura das tradicións e dos ritos dos diferentes pobos que pasaron por esta terra.
    Así, para os celtas o Samaín ( 31 de outubro) era

   

A banda Berrogüetto actúa o xoves no Womex de Copenhague

25.10.11

A banda galega Berrogüetto tocará o xoves 27 no Womex, que por terceiro ano consecutivo ten a súa sede en Copenhague. No recinto feiral, a música de Galicia presentarase a través dun espazo diferenciado para Galiciantunes dentro do amplo stand da plataforma de difusión musical Sounds from Spain, promovida polo ICEX (Instituto de Comercio Exterior) e o Ministerio de Cultura, entre outras entidades. Tamén o gaiteiro Xosé Manuel Budiño viaxará ata Dinamarca para participar nesta feira, onde despregará un stand propio.

Os sete integrantes de Berrogüetto, unha das formacións de referencia do folk galego,

   

O Colectivo Castro Floxo recibe o II Premio Xabier Prado Lameiro

17.10.11

O Xurado do premio "Xabier Prado Lameiro" ven de conceder o recoñecemento 2011 ao COLECTIVO CASTRO-FLOXO DE OURENSE "polo traballo que ó longo de máis de trinta anos levan realizando no campo da investigación, conservación e divulgación do noso folclore tradicional, non só a través da danza, senón tamén por medio de tódalas demais manifestacións etnográficas que a acompañan, como son a música, as súas vestimentas e os costumes que xiran arredor da mesma.".

Para saber máis do premio este é o enlace:

http://www.coralderuada.com


Para saber máis de Castro-Floxo e o seu traballo:

http://www.ccpxaquinlorenzo.es/



Aquí vos deixamos o acta do xurando :

   

Folk in Trío sortea cinco entradas dobles para a Gala X Premios Opinión

17.10.11

Gala X Premios Opinión de música folk

28 de Outubro do 2011 _ Teatro Colón - A Coruña

Sortearemos cinco entradas dobles para este evento no que actuarán Sondeseu e a banda Axada, creada especialmente para a ocasión e dirixida por Pedro Lamas, na que farán sete versións de pezas incluidas en discos gañadores de estos importantes premios.

Alí recollerán Sondeseu e Mercedes Peón o primeiro premio conxunto e Berrogüetto o terceiro desta décima edición do galardón, unha noite chea de artistas galegos desfrutando da nosa mellor música.

Queres optar a unha? Moi sinxelo, manda un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo co teu nome completo e o teu teléfono e no programa do venres 21 diremos se son túas.

http://folkintrio.blogspot.com/

   

VII Ciclo de Coros Históricos

11.10.11

O Ciclo de Coros Históricos convoca unha xuntanza de Irmandade entre os Coros decanos de Galicia, organizada por Cántigas da Terra. Estas agrupacións naceron dentro do idearium das Irmandades da Fala, loitando pola recuperación integral da nosa identidade. Con esta iniciativa preténdese achegar á xente este xeito de expresión tan noso e, a un tempo, tan esquecido. A cita será os domingos 9, 16 e 30 de outubro ás sete da tarde no Teatro Rosalía Castro da Coruña.

Nesta edición participarán Os Melidaos, con músicas traídas do cerne de Galicia; Celso F. Sanmartín, con vivencias e contos que fan pensar; Raiola Teatro, lembrando a Eduardo Blanco Amor; ademais dos catro Coros Históricos: Cantigas e Agarimos (Compostela), a Coral De Ruada (Ourense), o Real Coro Toxos e Froles (Ferrol)  e os anfitrións Cántigas da Terra (A Coruña).
Como complemento, para ir erguendo os ánimos, os venres anteriores a cada un dos concertos Cántigas da Terra estará nas rúas da Coruña interpretando celebradas melodías do seu repertorio.

   

XXIII Xuntanza de Gaiteiros

11.10.11

O sábado día 15 de outubro de 2011 a partir das 20.00 horas na S.C.R.D. Agarimo de Sillobre (Fene), a Banda de Gaitas Tradicional “Airiños de Fene” celebrará a XXIII Xuntanza de Gaiteiros, actividade que organizamos tódolos anos dende o 1988. Nestas xuntanzas, ademais da participación de distintas bandas, grupos ou músicos, aproveitamos a ocasión para realizar unha homenaxe a algunha persoa, grupo ou entidade que se caracterizou por gardar, recoller, recuperar e dar a coñecer a nosa música.

Nesta XXIII Xuntanza homenaxearemos a “Raparigos”, un grupo de Ferrolterra.

   

Intelectuais mobilízanse na Rede polo galego nos medios

11.10.11

Nos dous últimos anos, a desaparición de Vieiros, Galicia Hoxe, Xornal de Galicia e a cabeceira histórica A Nosa Terra -morta na Rede unha ano despois que no papel- adelgazou máis aínda a presenza do galego nos medios de comunicación. Para explicar esta sangría, defende o escritor Xosé María Álvarez Cáccamo, "non" se pode recorrer "á sacrosanta liberdade de empresa nin á libre decisión do mercado". A idea de que a extinción dos medios na lingua propia responde a "unha estratexia de marxinación e invisibilización" que ten no punto de mira ás cabeceiras independentes, percorre de principio a fin o manifesto Marxinación do galego nos medios, que onte presentaron oficialmente o propio Cáccamo, o escritor Francisco Pillado e o profesor Henrique Harguindey, pais da iniciativa. Despois de catro días na Rede - www.marxinaciondogalegonosmedios.es- conta con máis de 80 adhesións de personalidades do mundo da cultura, o ensino ou a política.

O escrito, que carga contra a concesión aos medios de cuantiosas axudas públicas "mediante mecanismos pouco transparentes", esixe tanto o apoio das Administracións coma o dos empresarios do sector e dos profesionais en cuestións como a reprodución de declaracións e dos lemas das pancartas na lingua orixinal. Piden tamén que o idioma vernáculo ocupe o 50% do espazo das grellas de programación e das páxinas dos medios imprimidos. "Os políticos teñen unha gran responsabilidade nisto. Deben protestar cando as súas declaracións sexan transformadas", reclama Pillado, que aproveitou a presentación do texto para recordar que a transcrición no mesmo idioma que usa o entrevistado é unha vella reivindicación da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. "É un chamamento que estendemos a todos os galegos que teñen presenza nos medios", insiste o escritor.

Os asinantes do texto denuncian, ademais, que a desaparición dos medios en galego e, consecuentemente, das posibilidades dos xornalistas de exercer a súa profesión no idioma propio de Galicia, se acentúa cando maior é a capacidade dos profesionais para usalo. "Non" se poden argumentar "dificultades lingüísticas á hora de comprender oralmente ou por escrito o noso idioma. [...]. A mellora do nivel de expresión da poboación galega é sensible dende que nas últimas décadas a nosa lingua se incorporou ao sistema educativo. En particular, as novas promocións de xornalistas galegos que se forman no país reciben agora a capacitación lingüística necesaria para desenvolver plenamente a súa profesión".

"Os medios independentes e en galego non só non reciben xusta axuda senón que sofren todo tipo de atrancos", denuncia Cáccamo. O manifesto debuxa un estado de opinión favorable ao uso da lingua propia nos medios: o 70% pensa que o que se publica na prensa en galego é pouco ou moi pouco e ese mesmo 70% lería un xornal neste idioma. O desequilibrio entre as preferencias do lector e as propostas que este encontra no quiosco explícase polas posturas "extremadamente conservadoras" dos medios privados fronte ás políticas de normalización. O recorte nas axudas tamén pesa. Os pais do manifesto sinalan a seguinte vítima: "A radio e a televisión públicas galegas son pezas próximas nesa cazaría".

Esixencias
Os asinantes, entre os que se encontran Ramón Chao, Ignacio Ramonet, Xosé Luís Axeitos, Comba Campoy, Víctor Freixanes, Piar García Negro, Margarita Ledo Andión, María Reimóndez ou Alfredo Suárez Canal, reclaman:

- A presenza do galego nun 50% da totalidade do espazo escrito e o tempo da grella de programación.
- A reprodución literal das súas declaracións e intervencións na lingua na que as expresan.
- A transcrición literal dos lemas e textos das pancartas na súa lingua orixinal.

http://www.elpais.com

   

Congreso Mil e un Cunqueiros

22.09.11

En 2011 cúmprense cen anos do nacemento de Álvaro Cunqueiro Mora. Esta conmemoración supón unha oportunidade para revisar o legado do escritor mindoniense, facer balance dos estudos cunqueirianos e propiciar novas aproximacións críticas á súa obra.
A dimensión galega e universal da obra e da figura de Álvaro Cunqueiro convertérono nun factor privilexiado para a proxección de Galicia no mundo. O pensamento e a imaxinación cunqueiriana renovaron a conciencia dos propios galegos sobre si mesmos, establecendo novas pautas que contribuíron a definir a identidade galega e a imaxe do noso país.

   

O imperio gaitero dos Gil

20.09.11

Todo empezou fai xa 25 anos. Nese momento, José Manuel Gil Fernández contaba tan só 16 primaveras cando decidiu ingresar na Escola de Artes e Oficios de Vigo, no Obradoiro de Instrumentos Musicais Populares Galegos. Sempre o tivo claro. Queríase dedicar á fabricación de instrumentos. Esa era a súa obsesión. O seu soño. Un soño que se cumpriu logo de 5 anos de formación a cargo do mestre Antón Corral.

José Manuel abriu o seu primeiro e humilde obradoiro por aquel entón, que nada tiña que ver co que é hoxe o Obradoiro Gil. E é que o negocio non parou de crecer, sobre todo grazas ao prestixio que lle achegou a estas gaitas unha xeración de artistas moi boa que compartiron banda, Xarabal, co artesán. Carlos Núñez, Budiño ou Mercés Peón son algúns deses músicos de primeiro nivel que axudaron a que as gaitas ponteareás sexan coñecidas ata na esfera internacional.

   

Mini e Mero reciben o premio Ramón Piñeiro-Facer País

20.09.11

Mini e Mero, músicos, poetas, mestres e investigadores do patrimonio cultural galego, foron galardoados co premio Ramón Piñeiro-Facer País na súa décima edición. Xosé Luís Rivas Cruz, MINI, e Baldomero Iglesias Dobarrio, MERO, actuais compoñentes do grupo A QUENLLA, formaron parte tamén de FUXAN OS VENTOS. O xurado, integrado por representantes de 18 asociacións culturais da comarca de Sarria (Lugo) analizou e considerou 29 propostas. O premio foi instituído en 2002 pola Asociación Cultural “Val de Láncara” para recoñecer o labor senlleiro de persoas e entidades a prol de Galicia. O acto de entrega terá lugar en Láncara (Lugo) o vindeiro 15 de outubro.

   

Páxina 219 de 265