Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios

Varios

II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais

14.08.08

O sábado 30 de agosto terá lugar en Santalla a II Mostra de Xogos e Deportes Tradicionais de Galicia, Castela-León, Euskadi, Portugal e Asturias.

Acturarán Treixadura Gaiteiros e Orfeón as 15:00

Durante todo o día terán lugar as seguintes actividades:

II Torneo de Bolo Celta
Torneo Liga Nacional de Billarda
Exposición embarcacións tradicionais
Exposición Deportes Tradicionais de Bizkaia
Exhibición de Xogos e Deportes Tradicionais
Exposición Obradoiro de Xoguetes Tradicionais
Monta a cabalo

Haberá servicio de cafetería durante todo o día.
Estará habilitada unha zona de merendas de libre acceso.

Para consultar o programa completo preme...
   

II Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide

13.08.08

A Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional invítanos a participar na II Festa dos Xogos Tradicionais da Terra de Melide, que terá lugar os días 20 e 21 de agosto no casco antigo de Melide.

Os xogos populares son a manifestación máis xenuína da cultura dun país. Aínda que os xogos sexan comúns noutros países e nacións, o xeito de xogar máis a capacidade do pobo de adaptalo á súa contorna, así como a súa peculiar visión do mundo, é o que lle infire ese carácter diferencial e propio. Conservar os xogos populares, e demais manifestacións culturais é o noso deber e transmitilo ás xeracións vindeiras, a nosa obriga.

O programa é o seginte:

Mércores, 20 de agosto de 12:00 a 14:30 h

1.Praza do Convento: Carrilanas, corda e
carreira de tartarugas.
2.Praza das Coles: Chave e Zancos.
3.Pozo Pequeno: Tiro á lata e aros.
4.Rúa Abeledo: Pescar a botella.
5.Trapeira: Trompo.
6.Trapeira: Ra.
7.Praza Ichoas: Xogo das olas.
8.Praza da Herba: Mariola e tres en raia.
9.Rúa do Convento: Lanzamento de boina10.Circuíto da carreira de aros.

Xoves, 21 de agosto:

A partir das 12:00 h - I Carreira de aros
A partir das 18:30 h -II Campionato de
Tirapedras da Galiza Central

Máis información e plano
   

Homenaxe a Xosé Manuel Seivane

29.07.08



O acto principal consistirá no descubrimento dun busto e unha exposición retrospectiva sobre homenaxeado.



A Asociación Recunchos de Ribeira de Piquín organiza, o sábado 9 de agosto de 2008, unha festa-homenaxe a Xosé Manuel Seivane Rivas no Chao de Pousadoiro, lugar onde tivo a afincado o seu obradoiro durante máis de 50 anos. Os actos comezarán ás 10:30 da mañá e sucederanse durante todo o día para rematar cun concerto de Susana Seivane, unha sesión de fogos de artificio e unha verbena.

Celebrarase un xantar e unha cea para os que previamente deben retirarse invitacións tal e como se indica no programa de actos que se pode baixar premendo na ligazón ao final desta nova. O pregón será lido por Susana Seivane.

Xosé Manuel Seivane Rivas foi socio fundador e firme defensor da Asociación de Gaiteiros Galegos. Desde aquí querémoslle enviar os nosos parabéns por esta merecida homenaxe.

Prema aquí para descargar o programa de actividades
   

Delegación Galega no 38º Festival Interceltique de Lorient

10.07.08

Presentámosvos a delegación que vai representar a Galicia no 38º Festival Interceltique de Lorient, do 1 ata o 10 de agosto, adicado ao País de Gales:

-Banda de Gaitas Xarabal
-Grupo de Danzas Cántigas e Agarimos
-Leilía
-Mutenrohi
-Quempallou
-Linho do Cuco, no TROPHEE DE MUSIQUE CELTIQUE "« CIDRERIE DU TERROIR"
-Carlos Quintá»(sen reborar), no TROPHEE INTERCELTIQUE D'ACCORDEON DIATONIQUE

Os Gaiteiros:
Alberto Coya, PabloDalama, Pablo Devigo e Pedro Alvarez, no TROPHEE SOLISTES DE GAITA "Mc CRIMMON"

Artesans:
-Obradoiro de Gaitas Seivane
-J.J.Presedo: Controlador MIDI con dixitación de Gaita

Turismo:
-Pabellón de TURGALICIA e restauración

Podedes ver o Programa completo do FIL en: www.festival-interceltique-2008.com/
   

VII Festival Retrouso

04.07.08

O sábado 12 de xullo celebrarase no eirado de Cela, en Bueu o VII Festival Retrouso. Haberá actividades todo o día:

11.30 h: Obradoiro de instrumentos de cana: ou de cómo crear un instrumento que soe nunha hora.
12 h: Concurso de Tortillas: demostra que realmente a túa é a mellor tortilla do mundo.
14 h: Haberá mesas, carpa e boa música para comer no eirado.
16 h: Torneo de cartas: atréveste coa Manilla ou prefires tentalo na Escoba?
18 h: Concerto das Escolas Retrouso: acordeonistas, gaiteiros, percusionistas, pandereteiras, bailadores... demostrarán o que traballaron durante o curso.
20.30 h: Empeza os grupos de baile: Abrente do Foxo, na Estrada; Xarandeira de Pontecesures e o grupo anfitrión Retrouso, de Bueu.

Porá o apuntamento musical o quinteto O Tamboril Furado, un grupo folk de Soutomaior con máis de dez anos de experiencia; un movemento musical que combina pezas tradicionais e da súa autoría nun ambiente ben festeiro, como a ocasión o merece.

Todas as actividades serán de balde.
   

2ª Noites de tasca

03.07.08



A Asociación Os Viqueiras de Ordes organiza por segunda vez as Noites de Tasca.

Terá lugar o venres 4 de xuño na cervexería JP de Ordes a partir das dez da noite.

Contará ca presencia do grupo de pandereteiros Maghub da Coruña e a continuación haberá foliada ata altas horas.


Ver cartel ampliado
   

Acto de fin de curso de O Fiadeiro

24.06.08

Un ano máis O Fiadeiro organiza o seu serán e acto fin de curso.
Estades todos convidados.

Terá lugar o día 28 de xuño do 2008, de 20.00 a 22.00 a escola e a partir das 22.00 o serán para bailar e tocar toda a noite.

Lugar: Asociación de Veciños Santa Mariña de Cabral (Vigo)
   

GALEGAPOLOSCINCOSENTIDOS

20.06.08

A “Factoría de cultura” convídanos a todas e a todos pasar pola carpa "Galegapoloscincosentidos", dentro da programación das Festas da Cidade de Ourense 2008, do 26 ao 29 de xuño. Un espazo e un tempo para desfrutar desas festas "ao noso xeito" de galegas e galegos.

Dende a "Factoría de cultura" opinan que ó éxito de calquera festa depende da participación, motivación e implicación de quén festexa, mais que do "nome" ou "caché" dos artistas "invitados".
No caso concreto da carpa "Galegapoloscincosentidos", deseñaron as actividades procurando esa participación e implicación, sexa cal sexa a idade, e procurando abarcar diferentes "gustos" e "xeitos", mesmo musicais, dende o "power pop", iso si, galego, ate os nosos cuartetos e pandereteiras mais tradicionais, pasando claro pola música folk...

Convídanos a participar nos diferentes obradoiros, a asistir aos concursos (de empanada caseira, por exemplo...), a levar as nosas fotos relacionadas coa cultura galega para proxectar, a asisitir ás diferentes proxeccións de audiovisual galego, a vestrinos o domingo co traxe tradicional,...ou simplemente, a que pasemos a picar ou beber algo (¿sería galega se non houbera de comer e beber?)

Máis información en...
   

A FEIRA DE 1908

16.06.08

A Asociación "Lume de Sarria", como organizadora das Festas do San Xoán 2008, esta a preparar unha representación multitudinaria na zona máis antiga da Vila, para a fin de semana do 21 e 22 de Xuño. Nesta Feira haberá máis de 40 postos de Artesanía, un gran Mercado Agroalimentario con productos Ecolóxicos, 20 Músicos Tradicionais animando as rúas, unha Exposición Permanente de Instrumentos Antigos e Traxes Tradicionais con fotos da época, un programa de actividades continuas os dous días para nenos e maiores (xogos tradicionais, baile, charlas didácticas,...), Obradoiros permanentes sobre Oficios Tradicionais Galegos, postos de comida e bebida para os visitantes e a colaboración e participación das Asociacións Culturais da Comarca. E o sábado, emisión en directo do programa da Radio Galega "Lume na Palleira" dende a propia Feira con:

-Presentación en directo do Novo Disco de Xarín "Galaguech"
-Presentación da fotobiografía sonora sobre Celso Emilio Ferreiro a cargo de X.M. Aldea.
-Monográfico: "O acordeón diatónico no século XX", a cargo de Pedro Branco coincidindo coa súa exposicón de acordeóns diatónicos na mesma feira.
-Presentación do libro recentemente publicado "Para Cantar e bailar" de Luis Prego, sobre xogos de baile tradicional cantados.

ADEMÁIS, o domingo 22 pola noite celebrarase un festival coas actuacións de:

- A Charanga de Ultreia
- Os Carunchos
- A Turres Band
- A Tuna Rastafari

Programa Completo
   

Festa Fin de Curso Escola Rebulir

11.06.08

A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir, organizará o día 21 de Xuño a xornada de despedida do curso 2007-2008. Para elo, propón un programa de actividades que a continuación se describen :

* 11:00 h - Obradoiro de Intrumentos tradicionais Vexetais.

- Imparten : Grupo Os Chichisos de Pontevedra
- Lugar : A Pontenova - Ramirás
- Mátricula : Gratuíta. 20 persoas por orde de inscripción

* 14:00 h - Comida de Alumnos e Amigos de Rebulir
- GRATUITA, xa que se fai cargo dos gastos da mesma O Concello de Ramirás.
( Inscrición antes do 15 de Xuño )

* 17:00 h - Actuación dos Grupos da Escola Rebulir
- Lugar : Praza de San Andrés ( Vilavidal )

* 18:00 h - Despedida do Curso 2007-2008 cun discurso do Director da Asociación

Estas actividades estas patrocinadas polo Concello de Ramirás, coa especial colaboración do Grupo Os Chichisos de Pontevedra.


Plano de situación
   

Páxina 218 de 226