Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Os Terribles de Donas presentan "Pedra Moura"-Gondomar

29.12.11

terriblesOs Terribles de Donas Presentan “Pedra Moura”

Este Xoves día 29 na Xamonería Catro Camiños en Gondomar a partires das 21:30 Os Terribles farán unha presentacíon de xeito “informal pero moi especial” do seu segundo traballo discografico.

O escoitar o nome de Os Terribles de Donas na memoria de moitos resoan as melodías daquela charanga que amenizaba, alá polos anos 30, toda festa popular que se preciara na comarca do Val Miñor e arredores. Esta formación mantivo a súa intensa actividade ata os anos 60. Agora, gracias a memoria e tesón dos descendentes daqueles primeiros Terribles podemos voltar a gozar da música desta formación que tanto bailaron os nosos país e avós.

Prema no título para ver a nova ao ocmpleto

   

Danzas de Reis nas Cortellas

28.12.11

reis das cortellasO vindeiro venres día 6 de xaneiro nas Cortellas (Padróns - Ponteareas) ás 7 da tarde, representación dos tradicionais cantos e danzas de Reis.
Como cada ano, na tarde de Reis, xuntarémonos todos nas Cortellas para a tradicional representación dos ancestrais cantos e danzas de Reis das Cortellas.
Despois, como sempre, faremos serán.
Estades todos convidados a participar desta tradición. Vinde bailar, cantar, tocar e merendar con nós.

   

25 Aniversario da A.X. Regueifa

27.12.11

regueifa

 

A Asociación Xuvenil Regueifa vai celebrar, polo seu 25 Aniversario, unha Xuntanza o día 30 de  Decembro as 21:30 no Pavillón Municipal do Val do Dubra, onde lembrarán as súas pezas máis representativas.

   

Visita do Apalpador a Barreiros

26.12.11

 apalpador

O 30 de Decembro as 19:30 o Apalpador visita Barreiros, no centro sociocultural de San Cosme.

Haberá contacontos, lambetadas e a actuación musical de Tumba e Dálle.

   

Lecer no Nadal 2011-2012 do Concello de Pontevedra

23.12.11

lecer-a-pontev

Programa Lecer no Nadal 2011-2012 do Concello de Pontevedra, é tempo de cutura é ocio (música, maxia, obradoiros, exposicións, animacións, contacontos, festival folque,...)  haberá animación polas ruas do Casco Vello, de 19:30 a 21:00.

Programación:

Xoves 22 de decembro, TREPIA (Cantos de Reis e Danza de Cintas)  e MARAVALLADA  (Panxoliñas).
Venres 30 de decembro e 3 de xaneiro, RETROUSO de Cela (Cantos de Nadal e Reis) e MARAVALLADA (Panxoliñas).
Os tres días, ao remate, continuarase a festa nos bares da zona

   

Os Chichisos. CANTOS DE REIS 2012

23.12.11

chichisos

 

Un ano máis (e xa van 12) o grupo Os Chichisos acompañados de diversos instrumentos como acordeón, gaita, frauta traveseira, guitarra, tamboril, bombo, charrasco, pandeireta e pandeiro, etc., e un grupo de nenos e nenas, xuntámonos pra levar os “Cantos de Reis”, polo concello de Pontevedra.

 

 

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Folc no Galiñeiro en Vincios

22.12.11

folc no galieiroMañá venres 23 de Decembro as 21 horas na Casa da Cultura de Vincios.

Actuarán os grupos:

- Os Irmandiños de Vincios

- Zurrumalla

- Tanto nos Ten

   

Foliada Infantil

22.12.11

foliada infantilEste venres 23 de Decembro na sala Bahía de Foz terá lugar a 3ª edición da Foliada Infantil as 19 horas.

Contarán coa presenza de:

- Bagoas da Terra (Viveiro)

- Amigos da Gaita (Ribadeo)

- A Subela (Foz)

   

Foliada de Nadal na Tradescola

21.12.11

 

tradescolaA TRADESCOLA, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza unha foliada mañá día 22 de decembro do 2011 no Complexo Residencial Xuvenil LUG II. Nesta festa, á que asistirán alumnos e amigos da Tradescola, disfrutarase da nosa música  e do noso baile nun ambiente festivo e de lecer propio destas festas e servirá  para dar inicio as vacación de Nadal da mellor maneira posible, disfrutando coas nosas tradicións.

As clases na Tradescola retomaranse xa no vindeiro ano, o día 9 de Xaneiro.

   

Treixadura puxo en Pé ao Auditorio Mar de Vigo

20.12.11

treixadura marO Auditorio Mar de Vigo encheuse o sábado, 17 de decembro, para asistir á gala que a Fundación INADE, Instituto Atlántico del Seguro, organizou baixo o título “Gracias a ti”.

Treixadura fixo un repertorio baseado no seu novo disco “Esa si que é Muiñada” e no que, ademais, se escoitaron outras pezas xa coñecidas do seu repertorio histórico. Houbo tamén algunhas sorpresas montadas expresamente para esta ocasión, como a participación de varias parellas de baile do grupo “Froles Mareliñas” en diferentes momentos do concerto, e ademais a estrea da panxoliña “A campá que resoa”, como agasallo especial para un público que vibrou emocionado escoitando a estes mestres da nosa música e do noso canto tradicional. 

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Páxina 215 de 265