Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Serán dos namorados en Toutón

31.01.12

seran namoradosSi estás interesado en ir apúntate na secretaría da AC Xacarandaina.

Poñerán bus para disfrutar a tope da festa (ata o 4 de febreiro). Deberá haber un número mínimo para a contratación do bus. O prezo estimarase segundo a xente apuntada

 

http://www.xacarandaina.com

   

O mundo da gaita galega despide ao mestre Xosé Manuel Seivane

30.01.12

 

enterro seivaneXosé Manuel Seivane Rivas, patriarca da familia de gaiteiros e artesáns de instrumentos, deixou este mundo coa melodía que máis amaba: a da gaita galega, esa á que tantas veces lle deu forma e forza no seu taller e pola que loitou como como parte da nosa cultura. Onte, no seu último adeus, no municipio lucense de Ribeira de Piquín, xunto aos seus familiares non faltaron decenas de gaiteiros e outros músicos para tocarlle a el, ao mestre. Estiveron Carlos Núñez, Luis O Caruncho ou membros de Treixadura, entre moitos outros.
Antes do enterro, rendéronlle unha homenaxe no Chao do Pousadoiro, diante do busto que recorda a súa figura ao lado da casa na que formou unha familia e onde creou o seu primeiro obradoiro, antes de trasladarse a Cecebre. Alí tamén soaron as gaitas, e na igrexa, e no cemiterio, con temas como O son da sega, («que el nos ensinou», lembraba un dos gaiteiros), a Marcha de San Benito ou a súa Muiñeira do Chao.
Prema no titulo para ver a nova ao completo
   

Pasamento de D. Xosé Manuel Seivane Rivas

27.01.12

foto agg

A Asociación de Gaiteiros Galegos, lamenta profundamente a perda de D. Xosé Manuel Seivane Rivas, socio fundador da AGG, que adicou toda a súa vida á música tradicional galega, sendo un referente na construción, transmisión e difusión da nosa cultura.


Xose Manuel, xunto con outros gaiteiros e artesáns da súa xeración, participou alá polos anos 70 e 80, nas primeiras xuntanzas de gaiteiros e artesáns que se levaron a cabo en Ortigueira e Melide, cunha común preocupación que era a de unificar criterios e defender e dignificar a figura do noso instrumento nacional, a gaita, e por suposto a figura do gaiteiro. Nestas xuntanzas viron a necesidade de crear unha asociación de ámbito galego que defendese as nosas tradicións, e así estas reunións se convertiron no xermolo do que é hoxe en día a nosa asociación, que naceu e se mantén viva grazas a laboura desenvolvida por moitos socios como el, que sempre apoiou os posicionamentos públicos da AGG, en favor da defensa, divulgación e dignificación da nosa música tradicional.


D. Xosé Manuel Seivane será enterrado, o domingo 29 de Xaneiro, as catro da tarde, en San Xurxo (Ribeira de Piquín). A capela ardente estará, a partir de hoxe venres, no tanatorio Eiroa en Almeiras, Culleredo – A Coruña.

   

VII GALA “Esta Noite Hai Unha Fía”

27.01.12

373291 209164255839237 1498475446 n

O Sábado, 11 de Febreiro de 2012, as 20:30 no Teatro Municipal de Tui, Colón Nº2 celebrarase a VII GALA “Esta Noite Hai Unha Fía”, de oficios e labores.

En atención ao obxectivo de acrecentar a consideración das músicas e bailes propios de Galicia, O Fiadeiro recrea, na sétima edición do seu espectáculo “Esta noite hai unha fía”, as melodías que acompañaron o día a día dos homes e mulleres que exerceron os oficios e labores tradicionais, os cantos que aliviaban as xornadas de traballo nunha sociedade esencialmente artesanal que atopaba na música e o baile o indispensable acougo fronte ao duro oficio de vivir.

Con esta Gala de Oficios e Labores o Grupo para a recollida de bailes, músicas e cantares O Fiadeiro rende homenaxe ás persoas que recibiron, gardaron e transmitiron un legado de valor incalculable que en gran parte está a piques de desaparecer por mor do cambio tecnolóxico: o noso Patrimonio Inmaterial, un universo de coñecementos que, a través da transmisión oral, perduraron durante séculos ata chegar a nós, galegos do século XXI que temos nas nosas mans o destino último destes saberes.
Co subtítulo <de oficios e labores>, e ao longo de trece escenas, o espectáculo debulla pezas de música e baile tomando como fío argumental os cantos propios dos oficios tradicionais exercidos en Galicia ata ben entrado o século XX. Así, cada escena comeza coa escenificación dun oficio ou labor por parte dos propios artistas que interpretan os cantos, seguidos de músicas e bailes procedentes da mesma área xeográfica na que eses cantos foron recollidos.

Prema no título para ver a nova ó completo

 

   

Actuacións no Furancho Matamáfolc (Matamá-Vigo)

27.01.12

matama2

 

Actuacións:

- 27 de Xaneiro, a partir das 23h. actuará ZURRUMALLA.

- 28 de Xaneiro, a partir das 23h. actuará BANDA BAILE ASALTO, FOLK FRESCO.

   

Pasamento de D. Xosé Manuel Seivane Rivas

27.01.12

seivane

Hoxe temos que informar dunha triste nova, sentimos a perda dun membro destacado e ben querido do colectivo da música tradicional, faleceu D. Xosé Manuel Seivane, os 90 anos, dedicou toda a súa vida á música tradicional galega, sendo un referente na construción, transmisión e difusión da nosa cultura.

D. Xosé Manuel Seivane será enterrado, o domingo 29 de Xaneiro, as catro da tarde, en San Xurxo (Riveira de Piquín). A capela ardente estará, a partir de hoxe venres, no tanatorio Eiroa en Almeiras, Culleredo.

Nado en Fomiñá (A Pastoriza) en 1921, foi o creador do selo Seivane e o iniciador dunha das sagas de artesáns e artistas máis recoñecidas dentro do mundo da gaita.
Xosé Seivane abriu o seu primeiro obradoiro de gaitas con 18 anos. Xa tocaba de antes a gaita e o clarinete mais devecía por crear a súa gaita por si mesmo. Axudárono o seu pai, Francisco, ebanista e a súa nai, Estrella, que tiña un bo ouvido musical e lle transmitiu as melodías de gaiteiros xa desaparecidos, como Curuxeiras. Daquela, as gaitas fabricábanas ebanistas-torneiros e os gaiteiros afinábanas, facendo eles as súas propias palletas e en moitos casos as gaitas mesmas. Xosé Manuel Seivane decidiu dedicarse exclusivamente á construción.Ao casar, trasladou o obradoiro para Ribeira de Piquín, onde comezou a súa sona. Os seus fillos, Álvaro e Xosé Manuel, e algúns netos continúan o seu labor. Desde 1994, o obradoiro está instalado en Cambre. A súa neta, Susana Seivane, filla de Álvaro, é unha gaiteira notábel.
Nos seus máis de sesenta anos de histoira ten contribuído ao desenvolvemento da gaita galega, por exemplo na unificación das palletas, ou no perfeccionamento da afinación, con pasos importantes na escala do punteiro.
Ó longo da súa vida, recibiu numerosos homenaxes, tal vez o máis sentido o que lle dedicaron os seus veciños da Ribeira de Piquín en 2008 pola súa contribución á música tradicional galega.
Dende aquí facerlles chegar o noso máis sentido pésame á familia e amigos.

   

Serán do Lecer en Pazos de Borbén

26.01.12

 

seranlecerSabado 29 de xaneiro, na praza do concello a partires das 21:30. Organizado polas Pandereteiras "O Lecer" contará tamén coa presencia dos Pandereteiros da A.C. Traspés

   

Marful comeza o 2012 cunha xira surreal

26.01.12

 

marfulsurrealO primeiro concerto será no Mosteiro de Carboeiro o 2 de Febreiro as 20:30 horas.

Porque non hai máis crise cá das ideas e o mundo é dos “valentes, que ensinan os dentes”, Marful arrinca este 2012 cunha xira chea de beleza e cariño. Un percorrido polos lugares máis paradisíacos da xeografía galega. Unha proposta de achegamento ao público do país porque “Sempre hai público para unha boa música. Sempre hai corazón para un bo sentimento”.

Namorados do patrimonio civil e da arquitectura, como o mostran nos seus discos, deciden e elixen os lugares donde atoparse en cadeas persoais singulares, espazos únicos e momentos exclusivos. Desfrutando da poética e historia dos espazos a través do potencial maior, a emoción que move o mundo: o amor. A poesía e o amor extensíbel a toda forma de vida.

 

Marful confía plenamente no público galego mais alá dos palcos dos teatros e auditorios, que tamén. Do público que acepta desfrutar do reducido, das pequenas cousas. Marful elixe aventurarse e achegarse á xente en lugares singulares, unindo turismo cultural e música, combinando o sano minifundismo galaico con ideas sociais avanzadas.

Prema no título para ver a nova ao completo

 

http://marful.info

   

Novos concertos de Treixadura

25.01.12

 

treixaduraXa hai novas datas confirmadas para os concertos de Treixadura

Día: 4 de marzo
FEIRA DO QUEIXO DE ARZÚA, ás 20:00 h
Presentación do disco “Esa si que é Muiñada”

Día: 17 de maio
AUDITORIO MUNICIPAL. PAZO DA CULTURA de NARÓN, ás 20:00 h.
Presentación do disco “Esa si que é Muiñada”
Prezo: 9 € - Abonados: 6,30 € - Carné Xove ou de Estudiante (ata 25 anos): 5 €
Taquilla: 981.102.897

   

Mostra de folclore galego

24.01.12

 lelaO vindeiro fin de semana 28 e 29 de xaneiro faremos na Estrada unha mostra de folclore galego.

Sábado 28 ás 21:00 h.

Contaremos con Cantigas e Agarimos presentandonos a Gala Lela, un espectáculo que conmemora os 50 anos da estrea na Praza da Quintana de Santiago de Compostela da obra Os vellos non deben namorarse, de Castelao, por Cantigas e Agarimos.
Este é o fio que serve as diferentes seccións de Cantigas e Agarimos (coral, instrumental, grupo de baile e pandeireteiras) para presentarnos un espectáculo de calidade, no que mais de 80 persoas tentan trasladar ó espectador no tempo, levándoo nunha viaxe imaxinaria pola nosa historia e as nosas raizames. Baile, musica, vestiario, pinceladas de teatro...
todo un despregue visual e sonoro que non te deixará indiferente...


Domingo 29 ás 19:00 h.

Contaremos coas agrupacións Tequexetéldere, Nos de Sobradelo, Lume na Lareira co coro da residencia da 3ª idade e as Ruadeiras de Loimil, que nos amosaran unhas pequenas pinceladas do seu traballo tanto en baile, coral, musical e pandereteiras.

A entrada e de balde e quedades tod@s convidad@s.

   

Páxina 211 de 265