Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

Novo espectáculo de Quique Peón: Alén da Croa

06.02.12

 

quiquepeonO espectáculo "Alén de Coa”, escenificado pola compañía do bailarín Quique Peón é unha obra en na que la música e la danza tradicional son as grandes protagonistas. Esta composición ofrece unha historia que toma como inspiración diferentes relatos referidos ás lendas de as fadas coñecidas como mouras. “Unha interpretación dunha parcela do noso imaxinario popular, da nosa cultura no eido da tradición oral e levada ao escenario a través da danza”.

As vindeiras datas son:

3 de Febreiro - Centro CIvico de Arteixo
10 de Febreiro - Auditorio Municipal de Vigo
2 de Marzo - Auditorio Municipal de Ourense

   

Xosé Manuel Seivane

03.02.12

seivane

Segundo nos informaron dende o Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego no Concello de Lugo, queren amosar o fondo pesar polo pasamento de Xosé Manuel Seivane, quen destacou pola súa contribución á música tradicional galega e a manter os valores da cultura de Galiza. En recoñecemento á súa figura, propuxeron, e así foi aceptado por unanimidade dos grupos, manter un minuto de silenzo previo a celebración do Pleno do Concello de Lugo, que terá lugar o vindeiro luns, 6 de febreiro ás 17h. Así mesmo, esta mención e recoñecemento será recollida na acta da sesión do devandito pleno.


Grupo Municipal BNG
Concello de Lugo

   

Bullada no Irixo

03.02.12

 

bullada irixoO sábado 11 de febreiro, vólvese abrir o "vello baile da estación".

A partires das 21.30 haberá un obradoiro de achegamento ao baile solto, para todxs aqueles que se animen a participar, a cargo do Alexandre Sotelino, e un obradoiro de brinquedos a cargo da Ánxela Picón para os máis pequenos. E de seguido comezará a música e o baile por parte de todxs os que se animen a participar e.... até que o corpo aguante!

   

O Museo Liste morreu

03.02.12

museo listeA continuación un artigo recollida no periódico La Voz de Galicia.

A desidia municipal pecha a maior colección de etnografía galega
A cultura está de loito. Un museo pechou. Un museo dedicado a recordar de onde vimos e quen somos. É igual. Entre uns e outros, entre todos, matámolo.
Olimpio Liste soñou un día que a súa colección de pezas relacionadas coa etnografía galega podía ser visitada na cidade máis grande de Galicia. Chegou a acordos co goberno municipal e coa Xunta, e o museo abriu. E creceu. E foi nomeado Ben de Interese Cultural e ata institución de interese galega. Coma se nada. Nunca foi suficientemente promocionado nin mimado.
Dentro, con todo, con moito cariño, as súas empregadas lograron confeccionar un caloroso e fidedigno percorrido polas diferentes manifestacións creadas, ao longo dos séculos, polos galegos. Cousas moi afastadas da actual cultura dixital, como un moble para gardar o gran ou un exvoto para protexerse de determinada enfermidade. Todo era contado de forma individuais, se facía falta, porque eran visitas guiadas e moi ben explicadas.
Agora, Olimpio Liste está triste. Tamén o seu museo de Oseira pechou. Non vítima da crise. Vítima da incultura que nos goberna. ¿Ou alguén deixa sen atender á súa nai cando esta é anciá e xa non produce?

Prema no título para ver a nova ao completo

 


La Voz de Galicia

   

"Os Saljariteiros" no Matamá Folc

02.02.12

matamasaljariteirosNo furancho  Matamá Folc o 4 de febreiro contarán coa presenza de "Os Saljariteiros" a partir das 23 horas.

Os cartos recaudados empregaranse integramente para financiar o día do Matamafol no festival "Sons da Lameira"

   

Serán en San Xoán de Tabagón

02.02.12

serntabagnO I Serán en San Xoán de Tabagón (O Rosal) terá lugar mañá venres 3 de febreiro a partir das 22 horas na Praza do Maio (A carón da igrexa).

Participación libre

   

Anxo Lorenzo gaña o “Eiserner Eversteiner”

01.02.12

premioanxolorenzo

O premio alemán de música Folk “Eiserner Eversteiner” volve a Galicia con Anxo Lorenzo.O único grupo galego que conseguira dito galardón no festival Folkherbst foi Berrogüetto en la edición de 1998
O gaiteiro Anxo Lorenzo regresou a pasada fin de semana á localidade alemana de Plauen para recoller o premio que o acredita como mellor grupo folk con voto do púbico. Así o recoñeceron fai apenas tres meses os asistentes ao seu concerto no Folkherbst, festival referencia da música folk en Alemania, que distingue aos mellares grupos entre os participantes de cada edición. Xunto a Anxo Lorenzo, foi galardoado o grupo Francés Pad Brapad, quenes completaron a noite musical no excepcional marco do ateigado teatro Malzahaus o pasado 28 de Xaneiro.
Este galardón supón un novo empuxe á carreira e proxección internacional de Anxo Lorenzo, quen trala publicación do seu primeiro traballo en 2010, xa se atopa en pleno proceso creativo do que será o seu segundo disco.

www.zoumarecords.com

   

O colectivo Castro - Floxo recibe o Premio María Castaña

01.02.12

 

premiomaria castaaO Colectivo CASTRO-FLOXO do Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo "Xocas" recibiu o premio Maria Castaña en Lugo a pasada fin de semana, onde se recoñecía como dixo a organización "o labor a prol da cultura".

Máis info: http://elprogreso.galiciae.com/nova/146704.html

   

32 Noites de Tasca

01.02.12

32 noite tasca-mesia 2O vindeiro Venres 3 de febreiro no bar Quique en Mesia (A Coruña) terá lugar a 32 edición de Noites de Tasca.

Nesta ocasión contarán co grupo Caivanca de Lugo e despois coma sempre foliada!

   

Seráns do sarela

31.01.12

serans do sarelaSERÁNS DO SARELA
Xoves 2 de febreiro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)

“Seráns en Compostela agora no Sarela!”

ENTROIDO!
Non teñades vergoña en vir disfrazos! Ademáis este mes sortéase un kit para facer cocido!!

Quen ven tocar esta noite?

21:30 Obradoiro de iniciación ao baile

22:30 A.F Colexiata de Sar

23:15 Orquestra Os Modernos

24:00 Os Viqueiras de Ordes

01:00 Foliada até que o corpo aguante

Máis Info: www.seransencompostela.org Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

   

Páxina 210 de 265