Varios
33 Noites de Tasca
02.03.12
A 33 edición de Noites de Tasca celebrarase en Trazo, o venres 2 de marzo, na Parrillada Campo, a partir das 22:00h.
Nesta ocasión contarán coa actuación do gaiteiro de Poulo, Flor da Maquía, e as pandereiteras "Xentiza de Trazo", e despois coma sempre foliada!
Xornada de Palletas e Pallóns na Tradescola
02.03.12
O vindeiro día 10 de marzo terá lugar na Tradescola un curso de confección de palletas e pallóns a cargo do artesán Jaime Pena. Este curso é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, os alumnos poderán adquirir unhas nocións básicas sobre a construcción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, como colocalos nun punteiro, o trato que se lles debe dar, a importancia das condicións atmosféricas no comportamento destes elementos, etc.
O horario do curso será de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. O custo será de 20€ para socios da AGG ou alumnos da Tradescola, e de 25€ para o público en xeral. As prazas son limitadas (15 persoas) e cubriranse por orde de inscrición e pago.
Para asistir, chamade ó tlf. 982229966 ou pasade pola Tradescola en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.
Para o curso precisarase que o alumno traia un pequeno alicate e unha navalla.
Unha Noite no Muíño
01.03.12
O vindeiro sábado 3 de marzo levarase a cabo a actividade “ unha noite no muíño”consiste nunha muiñada pola noite con degustación de empanada de millo.Dita actividade levarase a cabo no recen restaurado MUIÑO DE CABANAS (único muíño que moe coas augas do Río gafos ) .Daranse explicacións de como se pon a funcionar o muíño, explicación das diferentes pezas que o forman e tamén haberá cantigas ,contos ...etc
E unha actividade que pretende rememorar as vellas muiñadas que viñan senso un lugar de encontro,onde os veciños e veciñas ademais de levar o seu grao para facer fariña aproveitaban para falar ,cantar, bailar contar contos e mocear
idades de Noites Abertas ( DE 12 A 30 ANOS )
Nº máximo de participantes : 25
Menores acompañados por algún adulto
Reservar praza no tlfno :
986 840367- Xuventude do concello de Pontevedra
Sairemos as 19 h de diante da estación de autobuses con dirección o muíño ( 20 minutos ) logo empezará a MUIÑADA coas explicacións de como funciona o muíño, explicación das diferentes pezas que o forman e logo cantaremos,bailaremos , contaremos contos ...etc
Prema no título para ver a nova ao completo
Quique Peón Cia en Ourense
01.03.12
Actividade: Danza coa presentación do espectáculo Alén da Croa.
Data: Venres, 2 de marzo de 2012.
Hora: 20.30 horas.
Lugar: Auditorio Municipal (Ourense)(rùa da Canle, 2)
Prezo: 8€.
Entradas: En www.servinova.com ou no tfno. 902 504 500 e o mesmo día dende dúas horas antes no despacho de billetes do Auditorio.
Organizan: Concellería de Cultura do Concello de Ourense e AGADIC.
O bailarín e coreógrafo coruñés Quique Peón presenta o día 2 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense o seu último espectáculo, titulado Alén da croa.
Trátase dunha nova e arriscada proposta escénica na que o seu creador mestura a danza tradicional galega con outras danzas do mundo, como a oriental e a contemporánea. Na rolda de prensa de presentación do traballo, o bailarín cualificouno como “unha proposta novidosa e orixinal que pon en valor a danza tradicional galega fusionándoa con outras danzas e artes escénicas”. A concelleira de Cultura, Isabel Pérez, pola súa banda, asegurou que estamos ante un espectáculo “que non vai deixar indiferente a ninguén”. Haberá unha única función ás 20.30 horas, sendo o prezo da entrada de 8€.
Prema no título para ver a nova ao completo
Seráns do Sarela
29.02.12
Xoves 1 de marzo (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
“Seráns en Compostela agora no Sarela!”
Para superar a fin do entroido vide botar unhas bailas!
Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro con Javier Magariños (A Ponte Vella e Cantigas e Agarimos)
22h30 . A Ponte Vella
23h15 . Asc Agarimo
24h00 . Vai de roda
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!
Máis información
www . seransencompostela . org
seranscompostela @ gmai l . com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Nova edición dos Venrespirar
23.02.12
Xa está aquí a nova edición dos Venrespirar, na Cidade de Ourense, celebraranse o último venres de mes, a partir das 22:30h.
Este é o calendario de actuacións e de lugares onde se realizarán:
- 24 Febreiro: Liceo de Ourense ( R/ Lamas carvajal, 5).
- 30 Marzo: Grándola (Praza de San Marcial).
- 27 Abril: Ollo Ledo (Parque das mercedes).
- 25 Maio: Miguel (Praza de San Martiño). As 20:00h h Venrespiriño.
- 29 Xuño: Efémera (enfronte do Auditotio Municipal). As 20:00h h Venrespiriño.
FINALISTAS XI PREMIOS OPINIÓN
17.02.12
Xa coñecemos os finalistas da XI EDICIÓN PREMIOS OPINIÓN. Estes son os finalistas nas tres categorías:
MELLOR TEMA:
- Alalás encadeados. Uxía
- Depressa a vida passa. Ugia pedreira e Fred Martins.
- Jumping Bits. Assembly Point
- Fendendo Achas. Talabarte
- Verdes Herbas. Doa
MELLOR DISCO:
- Vaamonde. Lamas e Romero
- Assembly Point.
- Doa
-Talabarte
MELLOR ARTISTA:
-Begoña Riobó,
-Xoán Piñón
- Óscar Fernández,
- Uxía
Noraboa os finalistas. Os gañadores serán dados a coñecer na propia gala de entrega dos galardóns, que terá lugar no vindeiro mes de maio.
Leilía abre o ciclo Lubicán de Lugo Cultural
14.02.12
A formación de cantareiras e pandereteiras Leilía abrirá o día 16 o ciclo Lubicán, un dos que organiza o convenio Lugo Cultural, que este ano está composto só pola Deputación, o Concello e a Universidade de Santiago. Segundo indicou o vicerreitor de Coordinación, Pedro García Herradón, non mantiveron a súa participación nin a Consellería de Cultura nin a fundación Novacaixagalicia, aínda que se manteñen negociacións neste sentido, recoñeceu.
Cada un dos integrantes achegará 20.000 euros, e manteranse os ciclos máis importantes, aínda que con menos actuacións, indicou García Herradón, que estivo acompañado polo edil de cultura, Antón Bao, e o deputado de cultura, Mario Outeiro.
Leilía presentará en Lugo, segundo Montse Rivera, unha das súas compoñentes, o seu último traballo, que pretende ser unha homenaxe «a todas ás mulleres das que bebemos e que mantiveron o canto deste país, porque sen elas toda esa riqueza se perdería», apuntou. O concerto, de entrada libre e gratuíta, terá lugar ás 20.30 horas no Gustavo Freire.
Prema no título para ver a nova ao completo
Circio en Compostela
14.02.12
Circio é unha compañia aberta a novas formas de expresión, que fusiona a danza e a músca tradicional con outros estilos (contemporánea, teatro, ...).
A producción"Baile de soños" é un espectáculo con música en directo, onde se narra a historia dunha nena que viaxa nos seus soños a un mundo fantástico de música e danza, mesturando sentimentos de ledicia e tristura. O amor e o desamor flúen a través das melodías creadas polos músicos ao mesmo tempo ca uns monicreques bailan ao cobraren vida.
O venres 17 de febreiro, ás 21:00 horas presentarase o espectáculo no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
Entradas á venda en novagaliciabanco:
https://entradas.novagaliciabanco.es/TKET202/FImarcoVenSecGra.asp?Programa=12070&;Espectac=1&Represen=1&recarga=0
Concerto do Mestre Xosé Romero
14.02.12
CONCERTO XOSÉ ROMERO
DÍA: sábado 18 de febreiro
HORA: 20.30 h
LUGAR: Auditorio de Rianxo
O mestre gaiteiro Xosé Romero presenta o seu último traballo discográfico acompañado do grupo Taghaitaí, dos cales forman parte os músicos Manolo Maseda, Iván Costa, Lola Fernández e Edelmiro Fernández.
O concerto está organizado e patrocinado polo Concello de Rianxo e baixo a producción de Tradistudios.
Entrada de balde, comezarán a repartirse unha hora antes do concerto (máximo 2 por persoa)
Páxina 208 de 265