Varios
Correlingua 2012
21.03.12
Volve o Correlingua 2012, e dentro del co concurso Cantalingua co que se pretende por unha banda dar a coñecer entre o alumnado galego o fervedoiro da música galega, e por outra promovelo na medida do posible.
Curso de Construcción de palletas en Castroverde
19.03.12
A Asociaciones Zuncurrundullo de Castroverde organiza un curso de construcción de palletas a cargo do profesor X. Miguel Mosquera Medín. Celebrarase os días 15 e 22 de abril e terá unha duración de 20 horas.
Máis información e inscricións: 670 53 15 72
Presentación de "Pezas de Aquí e Acolá" de Agustín Sánchez
19.03.12
1º Concerto-Presentación do CD “Pezas de aquí e acolá”
O novo disco de Agustín Sánchez "Pezas de Aquí e Acolá", traballo dedicado integramente á formación de cuarteto tradicional, preséntase por primeira vez no Pazo da Cultura de Carballo O concerto terá lugar o Venres 23 de Marzo as 20:30 horas no Salón de Actos.
A estrea correrá ao cargo do Cuarteto Tradicional “Farrapos de ghaita”, fundado o pasado ano co gallo da presentación do disco. Os seus compoñentes son:
Suso Moreira e Agustín Sánchez. Gaitas
Noa Migal. Tamboril
Pablo Pardo. Bombo
"Pazo da Cultura"
Rúa do Pan s/n
15100 Carballo – A Coruña
Entrada de balde
Máis información acerca de "Pezas de Aquí e Acolá" e “Farrapos de ghaita” en:
XVII Xantar Gaiteiro
17.03.12
Lembrámosvos que o prazo para anotarse tanto para asistir ao xantar gaiteiros como aos cursos, remata este xoves.
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos organiza tradicional Xantar Gaiteiro, que nesta ocasión e como novidade, se celebrará no Concello de A Baña o vindeiro 25 de marzo.
Esta xuntanza, ten como finalidade principal a de pasar un día agradable en compaña dos que gostamos da música tradicional, creando así un punto de encontro, de intercambio e de festa. Nesta edición, como xa ocorreu na pasada, preténdese complementar o xantar con diversas actividades nas que contaremos coa colaboración da Concellería de Xuventude e Deportes e o Concello da Baña.
- De 10 a 12 horas: Curso de Sibelius a cargo de Rafael Collazo Moares, Director da Banda da Escola de Música de Rianxo. Será preciso que os asistentes acudan con ordenador portátil co programa Sibelius instalado para poder seguir as explicacións. Nesta ligazón pódese descargar unha versión de proba con validez de 30 días http://www.sibelius.com/download/index.html
- De 11 a 14 horas: Exposición e Obradoiro “Tempo de Xogar” a cargo de José Manuel García e Xosé López
Os cursos e a exposición celebraranse na Casa de Cultura da Baña. O prazo de inscrición para asistir aos cursos rematará o 22 de marzo ou cando se complete o aforo, en tal caso seguirase o criterio de riguroso orde de inscrición.
O menú do xantar que se celebrará na Área Recreativa Agra de Chans, estará composto por cocido, bebida, postre, café e chupito. O prezo serán 23 € por persoa, 12 € para nenos menores de 12 anos.
Para máis información e reservas, contactar coa secretaría da AGG por teléfono 986 84 70 74 ou ben a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Xavier Blanco no Alalá
16.03.12
Mañá sábado 17 no "Alalá" ás 18:20, veremos a todo un referente no presente da música tradicional galega, Xavier Blanco, como músico, investigador e como mestre de gaita, pois foi un dos primeiros da historia de Galicia, que desenvolve o seu traballo nunha zona de gran riqueza, Moaña, onde se centrou para estudar os pequenos instrumentos, neses sons máis humildes que nos achegan a esencia do que somos.
Como músico, escoitar a Xavier Blanco é escoitar a tradición, como representante dos nosos antepasados e, coma eles, cun ritmo pausado e sentido, é capaz de traer a este século a forza e a sonoridade do pasado musical máis humilde, máis natural e máis auténtico. Amais, de entrar na escola de música tradicional de Moaña e mergullarse no seu universo dunha aula de catalogación en que Xavier ten en torno a mil instrumentos, desde asubíos e chamos ata os instrumentos pobres, pasando polas pequenas percusións ou os instrumentos de corda.
Noite de bailes tradicionais agarrados
16.03.12
SÁBADO 17 DE MARZO ÁS 20 HORAS :
Sesión de bailes agarrados e de grupo no Bar Ferlós na Praza da Mahía en Bertamiráns- Ames, xusto frente á Correos...
Trátase de ir a aprender uns cuantos ritmos, xogos e danzas tradicionais e pasalo ben un anaco, non fai falla saber... só querer aprender e achegarse a compartir un anaco coa xente da Asociación Cultural Follas Novas de Ames e co grupo Verdegaio, que serán quen poñan a música...
ADVERTENCIA: Actividade apta para calquera tipo de idade e nivel danzante...
Mercedes Peón de xira por Bélxica
16.03.12
A artista galega continúa a súa xira internacional cunha proposta unipersonal e electroacústica
Tras os éxitos acados no panorama Internacional Europeo Mercedes Peón continúa a súa xira, esta vez por Bélxica, cunha xira de oito actuacións por oito cidades belgas: Dendermonde, Bierbeek, Leopoldsburg, Evergem, Lier, Beverem, Dilbeek e Bornem son as cidades polas que pasará a compositora galega entre os días 15 e 24 de marzo.
Con unha proposta artístico sonora de acción sociopolítica a artista amosa unha construcción electroacústica durante hora e cuarto percorrendo os seus mundos expresivos máis particulares.
Trátase dunha acción performativa dunha intensidade vocal e electrónica que non deixou indiferente á crítica máis selecta do Womex –o más importante certame internacional de World Music-
Acción feminista, amor polo singular, contradiccións sonoras e unha intensa creatividade van transcurrindo por esta performance e polo mundo creativo e sonoro tan peculiar da artista Mercedes Peón.
Forza vocal, manexo de samplers, electrónica, semi batería, percusións, clarinete, gaita e sobor de todo a súa forza escénica e desnudez son os elementos conformadores de esta experiencia musical e expresiva.
Artistas folc no 25º aniversario da Casa das Crechas
15.03.12
Artistas folc celebraron o 25º aniversario do bar compostelán A Casa das Crechas, con máis de 20 artistas convidados e 5 horas de espectáculo.
Os bares son habitualmente lugares en tránsito, onde pasan cousas. Pero o bar compostelán A Casa das Crechas é un bar onde pasaron demasiadas cousas. En 25 anos de vida, As Crechas converteuse nun dos emblemas tabernarios de Galicia, un lugar que case define un país. A escasos metros da catedral e antes de enfilar a Praza da Quintana, As Crechas é o último bar do Camiño de Santiago. E recibe aos seus clientes coa súa característica xanela aberta, pola que soan folc galego e músicas do mundo. Somos unha xanela aberta ao mundo, e por esa xanela tamén nos gusta expandir a nosa cultura, explica Aclamación Belho, socio fundador do bar, no medio do trafego de produción da festa aniversario desta noite,na que participarán unha vintena de artistas amigos, entre eles Carlos Branco, Budiño ou Narf.
A Casa das Crechas funciona como negocio de hostalaría desde o século XIX, e toma o seu nome de dúas irmás moi populares en Compostela, ¿que eran algo crechas, retorcidas de carácter, e ese é o espírutu do bar, ser un pouco revirados culturalmente?, chancea Belho. Procedente do asociacionismo e a militancia política, Belho montou cos seus socios un bar con filosofía artística, buscando transformar as cousas, programando libremente e axitando a escena creativa. Desde o seu nacemento, foi orixe de moitas actividades: un dos primeiros lugares de Compostela que empezou a pór as agora típicas moedas nas paredes porque un cliente regalounos unha colección de moedas do mundo, programador de exposicións ou templo da música en directo. A historia do folc galego non se entendería sen As Crechas, local pioneiro en encontros de músicos ao estilo das tabernas irlandesas", afirma a cantante Uxía, que esta noite tamén participará na festa aniversario.
Prema no título para ver a nova ao completo.
Palheta Bendita 2012
14.03.12
A Asociación Cultural Tirsense organiza o vindeiro 31 de marzo a 6ª edición do Palheta Bendita, na Escola Secundaria Tomaz Pelayo en Santo Tirso (Xunto ao Porto).
Obradoiro de construcción de instrumentos, afinación e execucución musical e execución musical.
Mías info en www.palhetabendita.net ou 912554432
Festa da Gaita Galega en Arzúa
13.03.12
O sábado, 17 de marzo, celébrase en Arzúa a Festa da Gaita Galega e Cantos de Taberna.
Así mesmo, vaise facer un homenaxe ó gaiteiro e artesán Basilio Carril.
Páxina 206 de 265