Varios
A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S (AGG) ORGANIZA A XXII MOSTRA DE MÚSICA TRADICIONAL DO DOMINGO DAS MOZAS.
02.10.20
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza co patrocinio do Concello de Lugo a que será a XXII edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas, mostra que contará coas actuacións de 16 grupos de música tradicional galega, chegados dende distintos puntos da xeografía galega, e con distintas formacións (grupos de gaitas, pandeireteiras, requinteiros, murgas, etc... ) que encherán da nosa música o casco vello da cidade no día máis emblemático das festas.
Os grupos participantes na mostra actuarán en horario de mañá e de tarde no casco histórico da cidade, facendo pasarrúas por distintas prazas e rúas, de tal maneira que toda a xente que entre na cidade, sexa recibido co son da nosa musica tradicional.
Unha edición especial cun formato un pouco diferente, adaptado á situación que estamos vivindo, e coas medidas de seguridade esixidas por mor da Covid 19.
Os Grupos participantes nesta edición son:
A Requinta de Xián (Boqueixón)
Abóbriga (Baiona)
Ansuíña (Vilanova de Arousa)
Arume (Boiro)
Axeigo (Lugo)
Buxainas (Cedeira)
Carapaus (Santiago de Compostela)
Donaire (A Coruña)
Donas e Galáns (Ferrol)
Os Barrios (Chantada)
Illa Pancha (Ribadeo)
Os Terribles de Donas (Gondomar)
Os Viqueiras de Ordes (Ordes)
Turoqva (Pontevedra)
******Este ano, por mor do confinamento da cidade de Ourense, non poderemos contar cos grupos De Pé Feito (Ourense) e Lubicáns (Ourense), tal e como tiñamos previsto, pero na vindeira edición seguro que poderemos disfrutar da súa boa música na cidade amurallada.
Ás 20.00 horas terá lugar o Festival de música tradicional cos concertos de Pandeireteiras/os Traspés e dos Carunchos.
Pola mañá os grupos sairán ás 11.30 horas facendo un pasarrúas polas distintas rúas do centro urbán amurallado, ata as 14:00h. Pola tarde repetiranse as actuacións a partir das 17.30 horas, para logo rematar ás 18.30 horas. Nese momento continuaremos gozando da música tradicional na praza da Horta do Seminario, xa que este ano, nesta XXII Mostra, realizaremos de novo o Festival de música tradicional ás 20.00 horas cos concertos de Pandeireteiras/os Traspés e dos Carunchos (Vigo)!!!
Esta mostra, na que a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s xunta ano tras ano aos mellores grupos de música tradicional de Galicia, ten como finalidade a exaltación da música tradicional galega servindo como medio de difusión para que a nosa música chegue ao maior número de xente posible. É a única mostra deste tipo que se fai nunhas festas patronais e consegue que Lugo sexa referencia en toda Galicia, pois demostra que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa.
Nesta ocasión debemos facer todas e todos un exercicio de responsabilidade e cumprir as medidas de prevención vixentes evitando as aglomeracións para poder disfrutar desta mostra e ao mesmo tempo coidarnos e evitar contaxios.
Oferta de emprego AGG: Posto de mestr@ de linguaxe musical na Tradescola curso 2020/2021
01.10.20
A AGG convoca a praza de mestre ou mestra de linguaxe musical na TRADESCOLA, (LUGO) para o vindeiro curso 2020/2021 ( inicio do contrato en outubro **sempre que as condicións sanitarias por mor da Covid19 o permitan). @s candidat@s deberán enviar o seu currículo á AGG, antes do día 7 de outubro a través de correo electrónico a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Unha vez valorados os currículos recibidos, unha comisión de selección realizará as entrevistas oportunas e a Xunta Directiva, oída a comisión de selección, decidirá as persoas a seleccionar.
A selección definitiva terá como prazo máximo de resolución o día 9 de outubro.
Unha nova entrega de "temazos gaiteiros" no Recuncho da Palleta deste domingo.
25.09.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos traerá unha nova entrega da serie "temazos gaiteiros" cunha peza de autor que se popularizou a partir dos anos oitenta cando Os Rosales de Rianxo editaron o seu Lembrando (1981) que contiña a muiñeira A Camposa da autoría de Xosé Romero Suárez. Dende esa data outras versións foron editadas por agrupacións e gaiteiros relevantes de dentro e fora de Galicia e o máis curioso neste século XXI aínda hai máis rexistros dela. Con este tema tamén lle faremos unha pequena homenaxe a ese grupo tan importante da música tradicional galega como son Os Rosales e ó seu gaiteiro principal Xosé Romero.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas
VIII Xornadas arredor da música tradicional
11.09.20
A AGG organiza o vindeiro sábado 26 de setemboro, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e coa participación da Fundación Rosalía de Castro, a oitava edición das Xornadas arredor da música tradicional, con relatorios de investigación vencellados á nosa cultura e cuxo programa podes ver a continuación:
PROGRAMA:
10.45 – Apertura
11.00 – Relatorio I: “As tipoloxías das palletas na Península Ibérica”. Pablo Carpintero
11.50 Quenda de preguntas
12.00 - Descanso
12.30 - Relatorio II; “As técnicas estendidas na gaita de fol”. Erick Feles
13.20 Quenda de preguntas
13.30 – Xantar
16.00 – Relatorio III: “A Danza das Espadas de Redondela: Músicas e músicos”. Oli Xiráldez
16.50 Quenda de preguntas
17.00 – Relatorio IV: “Cornamusa, gayta, «gaita gallega» (1258-1817)”. Manuel Garrido
17.50 Quenda de preguntas
18.00 – Descanso
18.30 – Proxección e coloquio: “Dorothé na vila”. Unha película de Alejandro Gándara e Olaia Tubío
LUGAR: Casa de Rosalía – A Matanza, s/n (Padrón)
DATA: Sábado 26 de setembro de 2020
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o venres día 18 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.
Anímate a participar!!! Esperámoste!!!
LIII CONCURSO DE GAITAS DO PAÍS DE PONTEAREAS. 2020
25.08.20
O concello de Ponteareas xa ten aberto o prazo de inscrición do 53 Concurso de Gaitas de Ponteareas que terá lugar o sábado 19 de setembro.
Poderán participar no concurso todos os grupos de gaitas que toquen con instrumentos tradicionais galegos, sen modificación de ningún tipo.
Os grupos participantes interpretarán dúas pezas de libre elección, de raíz melódica galega.
Os grupos interesados teñen de prazo ata o día 7 de setembro do 2020 para mandar as súas inscricións.
RELACIÓN DE PREMIOS:
- 1º premio 1.800,00 € + unha gaita de Gaitas Gil e un tamboril de Sarín Percusión doados por Artesanía de Galicia
- 2º premio 1.200,00 €
- 3º premio 900,00 €
- 4º premio 600,00 €
O Concello de Ponteareas outorgará unha gratificación de 300,00 euros aos grupos en concepto de participación, agás o 1º premio, o 2º premio, o 3º premio e o 4º premio, conforme a das Bases de Execución do Orzamento Municipal.
Toda a información, bases completas e anexos para as inscricións no seguinte enlace:
https://ponteareas.gal/servizos/cultura/bases-cultura/
Oferta de emprego AGG: Posto de mestr@ de acordeón na Tradescola curso 2020/2021
12.08.20
A AGG convoca a praza de mestre ou mestra de acordeón na TRADESCOLA, (LUGO) para o vindeiro curso 2020/2021 ( inicio do contrato en setembro**sempre que as condicións sanitarias por mor da Covid19 o permitan). @s candidat@s deberán enviar o seu currículo á AGG, antes do día 24 de agosto a través de correo electrónico a:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Unha vez valorados os currículos recibidos, unha comisión de selección realizará as entrevistas oportunas e a Xunta Directiva, oída a comisión de selección, decidirá as persoas a seleccionar.
A selección definitiva terá como prazo máximo de resolución o día 31 de agosto.
27 mostra de instrumentos de música tradicional
31.07.20
Mañá estaremos en Parga na 27 mostra de instrumentos de música tradicional!! Consagrada como a máis antiga e importante da Península Ibérica, é hoxe un referente indispensable da música tradicional galega. Un lugar de encontro onde tod@s @s amantes da nosa cultura podemos gozar do traballo de 33 artesáns e artesás que nos traerán unha amplísima variedade de instrumentos tradicionais como gaitas, requintas, zanfonas, tambores, bombos, pandeiretas, trompas, violíns...
Medidas de seguridade para a 27 mostra de instrumentos de música tradicional
27.07.20
INFORMACION IMPORTANTE!!Xa queda pouco para a 27 mostra de instrumentos de música tradicional que terá lugar o vindeiro sábado día 1 de agosto en Parga!!
Como sabedes esta será unha edición especial cun formato diferente, adaptado á situación que estamos vivindo, e con todas as medidas de seguridade esixidas por mor da Covid 19.
Debemos facer todas e todos un exercicio de responsabilidade e cumprir as medidas de prevención vixentes para poder disfrutar desta mostra e ao mesmo tempo coidarnos e evitar contaxios, e ao que incumpla as normas invitaráselle a abandoar o recinto.
A continuación indicámosvos as medidas de seguridade que teremos durante toda a xornada
-O recinto estará debidamente acotado e valado, cunha única entrada e cunha única saída con persoal que controle o aforo.
-O aforo estará permanentemente controlado e limitarase segundo a asistencia.
-Obrigatoriedade do uso de máscaras no interior do recinto.
-Obrigatoriedade de manter as distancias de seguridade.
-Haberá dispensadores de xel hidroalcohólico na entrada e na saída do recinto, en todos os puntos de venta e en distintos lugares como aseos, a zona do escenario … etc.
-Non se permitirá a presenza no recinto daquelas persoas que incumpran estas normas.
-O recinto estará sinalizado e para visitar a mostra contarase cun circuíto nun solo sentido para facer o percorrido por diante de todos os postos da mostra, non se permitirá ir para adiante e para atrás na zona dos postos, nin aglomeracións diante dos mesmos.
-Non se permitirá tocar para evitar aglomeracións e agrupamentos de público que incumplan coas distancias de seguridade.
-Estará prohibido probar os instrumentos dos artesáns. **No caso de utilización de obxectos que se intercambien entre os clientes ou usuarios, procurarase o uso de forma recorrente de xeles hidroalcohólicos ou desinfectantes con carácter previo e posterior ao seu uso para a hixienización destes obxectos.
- Os asistentes ás distintas actividades ( pregón, presentación libro Seivane, mesa redonda e concerto de Tres Pesos) deberán permanecer sentados nas cadeiras habilitadas.
-Disporase de contedores para depositar panos e calquera outro material desbotable.
-Contarase cun equipo de megafonía durante todo o día lembrando a obrigatoriedade do uso das máscaras e de manter a distancia de seguridade en todo momento.
-Colocarase carteleira visible lembrando a obrigatoriedade do uso das máscaras e de manter a distancia de seguridade en todo momento.
-Baños – aconséllase limitar o seu uso na medida do posible, pero contarase con persoal para desinfección dos mesmos.
#MostraDeInstrumentosDeMusicaTradicional
#FestivaldePardiñas #agg
XXVII edición da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional en Parga- Guitiriz.
26.07.20
Hoxe queremos compartir con vos a programación da XXVII edición da Mostra de Instrumentos de Música Tradicional. A AGG decidiu facer unha edición especial desta mostra que terá lugar o vindeiro día 1 de agosto, nun maravilloso entorno como é o recinto da feira de Parga. Pero eso si, unha edición cun formato diferente, adaptado á situación que estamos vivindo, e con todas as medidas de seguridade esixidas por mor da Covid 19.
O programa é o seguinte
12.00 horas – Pregón – Afonso Castro
13.00 horas – Presentación do libro “Xosé Seivane. A gaita con maiúscula” (aforo limitado)
Pesar polo pasamento de Pepe Temprano
25.07.20
Hoxe temos que informar dunha triste nova. A música tradicional está de loito polo pasamento do gran gaiteiro Pepe Temprano.
Un home moi querido, que adicou toda a súa vida á nosa música tradicional, cunha traxectoria histórica de enorme calidade artística.
Os comezos de Pepe na música tradicional tiveron a súa orixe na familia. De pai gaiteiro e tamborileiro, tío gaiteiro e avó acordeonista, Pepe Temprano medrou escoitando “Os Tempranos de Eirís da Cruña”, o primeiro cuarteto de gaitas que houbo na Coruña e As Mariñas e que atopou en Pepe o relevo xeracional.
Comezou a enredar coa gaita de maneira autodidacta, cando contaba con 16 anos e seguiu con Fernando Álvarez, quen se ofreceu a ensinarlle.
Na súa prolífica vida como gaiteiro, tocou en multitude de escolas e grupos. Tocou nos Tempranos de Eirís, na Fábrica de Tabacos, na Asociación de Coros e Danzas Eidos, Aturuxo, Coros e Danzas da Sección Femenina, e practicamente en todos os grupos de A Coruña. Como el dicía, “coa gaita ao lombo” percorreu o mundo tocando en multitude de lugares; Porto Rico, Miami, Bos Aires, París, Bélxica, Holanda, Nova York e por suposto por todo o país.
Home polifacético onde os haxa, Pepe Temprano, tamén foi actor, chegando a rodar unha trintena de spots publicitarios.
Apaixoado do folclore, fotógrafo afeccionado, Pepe tamén foi un coleccionista nato, atesourando coleccións tanto discográficas como de instrumentos, auténticas xoias a través das cales foi cultivando un intenso coñecemento sobre a nosa música.
Sempre lembraremos a Pepe como un gran gaiteiro, un home amable, sinxelo, aberto, e moi amigo dos seus amigos. Dende a AGG compartimos a dor e lamentamos fondamente a perda de Pepe, un membro destacado e ben querido desta gran familia. DEP
Páxina 20 de 265