Varios
O vindeiro Recuncho da Palleta na memoria de Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón
06.11.20
Este domingo, o "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, lembrará a Ricardo Portela, o Gaiteiro de Viascón, no centenario do seu nacemento. Xaime Estévez será o encargado de amosarnos a súa música, e a historia do que foi un dos gaiteiros máis senlleiros da segunda metade do século XX, fundador e primeiro presidente da Asociación de Gaiteir@s Galeg@s.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Xornadas de Percusión Tradicional o 8 de novembro en Pontedeume
04.11.20
A AGG organiza o vindeiro domingo 8 de Novembro en Pontedeume, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas novas xornadas de Percusión Tradicional con obradoiros de pandeireta para acompañamento, tambor e bombo con prato.
Os obradoiros estarán impartidos por expertos no mundo da percusión como Alejandra Montero, Andrés Vilán e Gustavo Couto.
PROGRAMA:
10.15 - Apertura
10.30 – 12.00 - Obradoiro I: “Recursos de improvisación para acompañamento con pandeireta”. Alejandra Montero
12.00 – 12.30 – Descanso
12.30-14.00 - Obradoiro II: “Obradoiro de tambor”. Andrés Vilán
16.00-17.30 - Obradoiro II: “Obradoiro de tambor”. Andrés Vilán
17.30-18.00 – Descanso
18.00-19.30 - Obradoiro III: “Obradoiro de bombo con prato”. Gustavo Couto
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o xoves día 5 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.
#aculturasegue
A película "Dorothé Na Vila" no vindeiro Recuncho da Palleta.
30.10.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Gustavo Couto en conversa con Alejandro Gándara e Olaia Tubío presentarannos a película "Dorothé Na Vila (Unha viaxe tralas voces do cancioneiro).
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
A AGG organiza unhas novas xornadas sobre a gaita enfocadas ás novas técnicas e recursos
23.10.20
A AGG organiza o vindeiro sábado 31 de outubro, en colaboración coa área de cultura da Deputación de A Coruña e coa participación do Concello de Arzúa, a primeira edición das Xornadas de gaita: novas técnicas e recursos, con relatorios de investigación vencellados ao noso instrumento mais emblemático dende unha perspectiva mais actual e cuxo programa podes ver a continuación:
PROGRAMA:
10.45 - Apertura
11.00 - Relatorio I: “NON É A FRECHA.... É O INDIO. Os límites da gaita”. Cristian Silva
12.00 – Descanso
12.30 – Relatorio II: “A fabricación aditiva nos instrumentos de vento madeira”. Suso Gestal
16.00 - Relatorio III: “Da memoria xenética á técnica de Gaita”. David Bellas
INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS (*): Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.
(*) A participación nas xornadas será de balde, previa reserva e ata completar aforo, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o domingo día 25 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles cubriranse por orde de inscrición.
A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.
#aculturasegue
As VII Xornadas de Baile Tradicional e as Xornadas de Gaita: Novas técnicas e recursos no vindeiro Recuncho da Palleta
23.10.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Vitor Otero falaranos sobre as VII Xornadas de Baile Tradicional e as Xornadas de Gaita: Novas técnicas e recursos, organizadas pola AGG.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
A AGG organiza as VII Xornadas de baile tradicional en Lugo
16.10.20
A AGG organiza o vindeiro domingo 25 de outubro no CENTRAD (Lugo), unha nova edición das xornadas de Baile Tradicional, que nesta ocasión nos achegarán ós puntos propios do Maneo no Concello de Laracha , o baile en Queimadelos e o baile solto en Forcarei.
Os obradoiros correrán a cargo de profesionais no mundo do baile tradicional como Marina Torrado, Nuria Gesteira ou Pedro Brañas.
Estas xornadas, organizadas pola AGG en colaboración coa Xunta de Galicia, constitúen sen dúbida unha cita ineludible, non so para todas aquelas persoas que traballan no entorno da baile tradicional, senón tamén para todos e todas aquelas que queirades saber máis das nosas tradicións.
A través de actividades como esta, pretendemos non só difundir a cultura tradicional, senón que ademais queremos fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo, contribuíndo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.
PROGRAMA:
11.45 - Apertura
12.00 - Relatorio-obradoiro I: “O Maneo no Concello de Laracha”. Impartido por Marina Torrado
13.30 – Xantar
16.00 - Relatorio-obradoiro II: “O baile en Queimadelos. Diferencias e similitudes co resto do concello de Mondariz”. Impartido por Nuria Gesteira
17.30 – Descanso
18.00 - Relatorio-obradoiro III: “O baile solto en Forcarei”. Impartido por Pedro Brañas
A celebración das xornadas levarase a cabo cumprindo todas a medidas de seguridade necesarias por mor da COVID-19.
Fondo pesar polo pasamento de Rogelio Rodríguez Barreiro
13.10.20
Recibimos a triste nova do falecemento do marinense Rogelio Rodríguez Barreiro. Unha persoa ben querida na parroquia de Marín e sobre todo no mundo da música tradicional, pola que sentía unha gran paixón. Foi integrante de 'Os Chaneiros' e 'Trompos os Pes' e fundador do grupo de gaitas 'Centenario' de Lourizán. O funeral celebrarase hoxe ás cinco da tarde no Templo Novo de Marín.
Dende a AGG compartimos a dor e lamentamos fondamente a súa perda. DEP
A 22 Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas no vindeiro Recuncho da Palleta
09.10.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, Vitor Otero achegaranos un ano mais ata o San Froilán e a algunhas das músicas da 22 edición da Mostra de Música Tradicional do Domingo Das Mozas, nas Festas do San Froilán en Lugo.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Fondo pesar polo pasamento de Florentino Ruibal Rivas, "Flor da Maquía"
02.10.20
Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s manifestamos o noso fondo pesar polo pasamento de Florentino Ruibal Rivas, "Flor da Maquía".
Nado no ano 1928 no lugar da Maquía da parroquia de Buscás (Ordes). Tocou con "Airiños de Buscás" e tamén con "Os da Fraga". Un dos grandes expoñentes do toque pechado na provincia da Coruña.
Xa de maior sufriu anxinas de peito que non lle permitiron soprar, pero Flor foi quen de argallar un sistema cun inflador para seguir desfrutando coa súa paixón na casa familiar de Poulo, onde recibía a todo aquel que quixese escoitalo.
Dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s compartimos a dor e lamentamos fondamente a súa perda.
DEP
O XXXII Memorial Lola Diz e VIII Memorial Henrique Otero, organizado pola AF Breogán de Moaña no vindeiro Recuncho da Palleta
02.10.20
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez que nos falará do XXXII Memorial Lola Diz e VIII Memorial Henrique Otero, un acto moi importante para a AF Breogán de Moaña, no que rendirán unha sentida homenaxe a Lola Diz, fundadora e primeira presidenta da AF Breogán de Moaña e a Henrique Otero, o seu primeiro mestre de gaita.
Esta edición será o día 17 de outubro ás 20.00 horas en formato dixital, para poder desfrutala alá onde chegue internet, co menor risco posible.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas
Páxina 19 de 265