Varios
Adolfo Anta, protagonista do Recuncho da palleta deste domingo
05.02.21
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, conteremos con Xaime Estévez e unha nova entrega da serie sobre compositores.
Fixándonos na primeira metade do século XX varias agrupacións históricas co seus directores ao fronte dinamizaron e divulgaron o patrimonio musical galego dun xeito inigualable e foron quen de sumar temas e propostas musicais ás que xa existían sendo un dos legados máis prezados que puideron deixarnos ás seguintes xeracións.
Hoxe imos falar dun deles, director de coros, músico, profesor de solfexo, compositor e cazador de cancións, Adolfo Anta Seoane.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
No vindeiro Recuncho da Palleta, Mestras da Tradición, con Felicia de Fofe como protagonista
29.01.21
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, conteremos con con Guillerme Inácio ofrecéndonos un dos seus especiais dedicados ás Mestras da Tradición, nesta ocasión con Felicia de Fofe como protagonista.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Os diferentes xeitos da regueifa no vindeiro Recuncho da Palleta
22.01.21
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, conteremos con Gustavo Couto, que nos falará sobre os diferentes xeitos da regueifa.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Tamborileiros con nome propio no Recuncho da Palleta
15.01.21
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, conteremos con Ramón Dopico e o estreno dunha nova serie que estará adicada á percusión. Neste primeiro falaremos de percusionistas referentes na música tradicional: Tamborileiros con nome propio.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
Alumnado do CEP Brea Segade de Taragoña (Rianxo) elabora un cancioneiro para recuperar o patrimonio cultural, musical e lingüístico da vila
13.01.21
O proxecto Cancioneiro escolar urxente de Rianxo (CEUR) foi elaborado polo CEP Brea Segade de Taragoña e impulsado polo SNL do Concello de Rianxo a través da edición do volume en formato físico e nace coa vontade de recuperar o patrimonio cultural, musical e lingüístico da vila, xa que nel se recollen cantigas, partituras e historias de moitas composicións rianxeiras que, ou ben non estaban recollidas documentalmente en ningún lado, ou o acceso a estas non resultaba moi doado: Prosas de Reis, cantigas de Entroido, cantos dos maios, cantigas infantís e arrols, cancións emblemáticas como a Ondiñas da nosa ría orixinal ou o Paxaro pinto, ritmos bailables, fiadas e seráns, pregarias e esconxuros ou mesmo algunha cantiga de corte social vai ser o que se atope quen decida indagar no contido desta tan interesante como necesaria obra.
O primeiro volume, coordinado polo docente e investigador musical, José Luís do Pico Orjais, pretende servir á vez de guía e de ferramenta de traballo para que os diferentes axentes municipais implicados na divulgación do patrimonio musical e cultural de Rianxo o poidan empregar nas súas aulas e sesións. Profesorado de música dos centros de ensino, asociacións culturais e musicais do concello, a Escola de Música, a Aula musical da UNED Senior, etc., son algúns dos receptores desta obra que de seguro resultará moi útil desde o punto de vista cultural, social e académico.
No sitio web https://concelloderianxo.gal/cancioneiroescolarurxente a cidadanía ten á súa disposición o contido do volume en formato PDF e ademais dispoñemos de todo o material dixital creado polo CEP Brea Segade para quen o desexe empregar: unidades didácticas, actividades escolares, audios e vídeos coas interpretacións das cantigas, etc.
• Descarga do Cancioneiro Escolar Urxente de Rianxo (PDF)
• Aula Virtual Aberta con contidos complementarios do Cancioneiro escolar urxente
• Actividades no sitio web da Biblioteca Brea Segade
O compositor Roxelio Groba será o protagonista do Recuncho da palleta deste domingo
08.01.21
Este domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, conteremos con Xaime Estévez no que afondará na serie "Compositores da gaita", neste caso as pezas gravadas do gran compositor galego ROXELIO GROBA (Ponteareas 1930).
Non imos descubrir a compositor algún xa que falamos dun músico dos máis recoñecidos non noso país e cunha traxectoria inigualable tanto polo gran catálogo de obras de múltiples xéneros ( nomeadamente música coral, sinfónica de cámara ou mesmo ópera). O mestre Groba tivo un recuncho no seu talento compositivo para a música máis tradicional, colaborando dende os anos sesenta en certames como o concurso de gaitas de Ponteareas, situación que propiciou a creación de pezas icónicas como a muiñéira "A Freixa". No seu catálogo contamos ata dez temas para gaita galega dos que imos a escoitar a metade deles. Diversas agrupacións gravaron as súas pezas dende Irmáns Portela, Morenos de Lavadores, Raparigos,Emilio Corral, Xiada ou Os Campaneiros ata máis recentes como Zurrumalla.
Con este recuncho imos pois a facerlle unha pequena homenaxe a unha das máis grandes figuras da composición en Galicia de tódolos tempos que sempre tivo á música tradicional na súa pruma de compositor.
Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.
A Agrupación Folclórica e Cultural Breogán de Moaña celebra 4 décadas
29.12.20
No ano que está próximo a entrar, a Agrupación Folclorica e Cultural Breogán de Moaña celebra as catro décadas dende a súa fundación traballando como asociación pola recuperación e transmisión do folclore en Moaña e en toda a bisbarra do Morrazo.
Para o inicio xa inminente do ano deste 40 aniversario, e dentro das dificultades do escenario do contacto social e cultural derivado da pandemia sanitaria, queren ofrecer unha posibilidade de achegamento ao seu traballo e á súa historia por parte dos seus seguidores e calqueroutra persoa interesada en xeral no folclore.
Por este motivo o pasado domingo 20 de decembro inauguraron o seu espazo público na internet baixo o dominio www.breoganweb.es
Recompilan e organizan moita información dispersa ata agora, tanto histórica como de actualidade, que adican a aspectos como os seus inicios, as actividades que desenvolven, aulas que imparten, os eventos que celebran, con especial atención sobre o Memorial Lola Diz – Henrique Otero, que xa vai pola súa 32 edición, rexistros discográficos, persoeiros relacionados co mundo do folclore e moi especialmente coa asociación, galerías de fotografías históricas, e varios outros que esperan sexan do interese do público en xeral e máis especialmente de todas as persoas interesadas no mundo folclórico e asociativo-cultural e veciñal.
A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s deséxache unhas moi felices festas
23.12.20
Dende a AGG enviámosvos os nosos mellores desexos nestas datas tan especiais!!!.
Grazas a tod@s @s que apostades polo traballo en prol da nosa música, canto e baile tradicional. A tod@s @s nos@s asociad@s, alumn@s, amig@s, amantes da nosa cultura, esperamos seguir contando coa vosa confianza para seguir medrando día a día e a afrontar novos retos.
Bo Nadal e Feliz 2021, cheo de saúde, música e baile tradicionais!!!
Concerto didáctico dos Monifates en Lugo
16.12.20
Novo pase dos Monifates para o venres ás 19.30 horas!!!!Os Monifates chegan a Lugo convidados pola Tradescola para ofrecernos un concerto didáctico de música tradicional e virán acompañados por uns bailadores moi especiais!!!!!!!
Queredes coñecer aos Monifates? O vindeiro venres 18 de decembro ofrecerán dous pases No Centro Cultural O Vello Cárcere - Lugo. O primeiro dos pases (18.00 horas) xa ten cubertas todas as prazas!!!
Pero non queremos que ninguén quede sen disfrutar do espectáculo e ás 19.30 horas farán un novo pase!!!!
A actividade é de balde, previa reserva e ata completar aforo.
Reservas (nenos e maiores): enviando un mail a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
indicando nome, apelidos, DNI, un teléfono de contacto e un mail de todos os asistentes
Esperámosvos!!!
Proxección do documental "Dorothé na vila" en Lugo, organizado pola Tradescola
15.12.20
Dende a Tradescola, e coa colaboración da área de Cultura do Concello de Lugo, achegámosvos a posibilidade de disfrutar cunha nova actividade de moitísimo interés para tod@s @s que gozamos da cultura tradicional. Trátase da proxección do Documental “Dorothé na vila” de #AlejandroGándara e #OlaiaTubío.
A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 na procura dos cantos antigos que desapareceran no centro de Europa. Desta busca saíron as case 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, a compilación e clasificación máis importante de músicas de tradición oral no país. Corenta anos despois, dúas mozas inician unha viaxe tralos pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida. É un traxecto no que convive a alegría de volver cantar e a frustración de chegar tarde para coñecer un mundo que desaparece.
Proxección do Documental “Dorothé na vila”
Lugar : Centro Cultural O Vello Cárcere - Lugo
Data 17 decembro 2020
Hora: 19.30 horas
A actividade será de balde, previa reserva e ata completar aforo.
Reservas: enviando un mail a
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
indicando nome, apelidos, DNI, un teléfono de contacto e mail.
Sobre os autores: Dorothé na Vila é o primeiro documental de Alejandro Gándara e Olaia Tubío, xornalistas de formación e afeccionadas á música e o baile tradicional. O filme foi estreado o 27 de agosto na Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE) do Museo do Pobo Galego. En 2019, recibíu o premio Luisa Villalta a proxectos culturais pola igualdade da Deputación da Coruña.
Ademais, no 2016 Alejandro e Olaia impulsaron, xunto a Raquel Cecilia e David Fontán, o proxecto Punto e Volta de entrevistas sobre música tradicional.
Podedes ver o trailer en: https://www.youtube.com/watch?v=TQTGafyl6mw
Páxina 17 de 265