Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Varios

Varios

No vindeiro Recuncho da Palleta falaremos sobre a Alborada "Unha Noite no Santo Cristo" e sobre o seu compositor Higinio Cambeses

26.03.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez, que nos ofrecerá un recuncho sobre a Alborada "Unha Noite no santo Cristo" e sobre o seu compositor Higinio Cambeses ( A Lama 1900-Pontevedra 1949), descubriremos a incrible historia desta peza que pasou da banda ao repertorio gaiteiro cos Campaneiros de Vilagarcía para difundirse posteriormente na música folk e na música Celta sen saberse a autoría ata entrado o século XXI.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

 

 

 

 

   

A ASOCIACIÓN DE GAITEIR@S GALEG@S (AGG) VEN DE ENVIAR UNHA PROPOSTA PARA INCLUIR AO BAILE TRADICIONAL NO PLAN INTEGRAL DE DANZA DE GALICIA NO QUE ESTÁ A TRABALLAR O AGADIC

23.03.21

logo agg v2-01 2 - pqO pasado 1 de marzo a Agadic presentou un Plan Integral para a Danza de Galicia. Nel explícase a necesidade dunha redefinición e revisión dos alicerces, intereses e necesidades para potenciar e manter o papel protagonista da danza entre a cidadanía.

Na AGG celebramos que se tomen iniciativas en defensa da cultura galega, pero consideramos que presenta unha enorme eiva ao non incluír no grupo de traballo representación algunha do sector do baile tradicional.

Por ese motivo, enviouse unha proposta para que se inclúa dentro dese grupo de traballo a algún ou algunha persoa ou entidade en representación do baile tradicional.

A AGG recibiu contestación por parte da Agadic, indicando que engadirán a información proporcionada ao informe que analizará o grupo de coordinación do Plan Integral para a Danza nas súas reunións (coa suxestión desta nova incorporación) e que seguirán informándonos dos seguintes pasos que se desenvolvan neste proceso.

A AGG ofreceu á AGADIC colaboración e asesoramento en todo o tocante ao noso baile tradicional.

 

Se queres ver a proposta enviada preme no título da nova.

   

Homenaxe ás mulleres da tradición no vindeiro Recuncho da Palleta

18.03.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que fará unha homenaxe ás mulleres da tradición.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Enquisa para coñecer as consecuencias da crise da COVID-19 no sector da música e o baile tradicionais galegos

12.03.21

enquisaUn ano despois da irrupción da pandemia pola COVID-19, dende a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s cremos que é fundamental coñecer as consecuencias económicas derivadas da crise sanitaria no ámbito da cultura tradicional de base, peza fundamental no entramado socioeconómico do sector cultural galego.

Para elo queremos convidar a todas as entidades e persoas que traballamos neste eido a realizar o cuestionario ao que podes acceder ata o domindo 21 de marzo no enlace: https://forms.gle/e2P6zoWkepBc8rgz6, que ten como obxectivo coñecer a realidade do sector perante a crise do último ano.

   

No vindeiro Recuncho da Palleta presentaremos o libro "The Essence Of Our Traditional Sound" de Alexandre Cadarso "Cano"

12.03.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Ramón Dopico que nos ofrecerá unha conversa con Alexandre Cadarso "Cano" para que nos presente o seu novo libro "The Essence Of Our Traditional Sound"

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

   

Xosé Casal protagonista do vindeiro Recuncho da Palleta

05.03.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Xaime Estévez e unha nova entrega da serie sobre compositores de pezas para gaita, nesta ocasión con Xosé Casal como protagonista.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 


 

   

O XXV aniversario do Serán dos Namorados de Toutón no vindeiro Recuncho da Palleta

27.02.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Guillerme Inácio falándonos sobre o XXV aniversario do Serán dos Namorados de Toutón.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

   

O entroido no vindeiro Recuncho da Palleta

19.02.21

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Gustavo Couto que nos traerá ás músicas dalgúns entroidos que malia non poder celebralo, non quixeron deixar de festexalo de maneira online.

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas

   

No vindeiro Recuncho da Palleta presentaremos a segunda edición do libro "Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita galega"

12.02.21

 

lumepalleiraEste domingo, no "Recuncho da Palleta" do programa "Lume na Palleira" conducido por Emilio Españadero, contaremos con Alberto Pires que será o encargado de presentar a segunda edición de "Ricardo Portela. Dúas palabras verbo da gaita galega", a magnífica obra biográfica sobre o inesquecible gaiteiro de Viascón escrita por José Luís Calle e que saira do prelo no ano 1988.

Tanto tempo despois volta a ver a luz unha nova edición ampliada, na que o propio autor fai unha análise do legado que Portela nos deixou e da pegada imborrable que en nós deixou a sua figura.  

Non te perdas, esta nova emisión do Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira, o domingo as 17:00 horas.

 

 

   

Alborada para Rosalía!! Anímate a participar!!

12.02.21

 

cartazQue tal se lle botamos unha alborada?

Dende a  Asociación de Gaiteir@s Galeg@s e a Fundación Rosalía volvemos a organizar a Alborada para Rosalía de Castro. Este ano non poderemos xuntarnos nin sair tocar ás rúas, camiños ou prazas coma nas pasadas edicións, pero si podemos saudar o Día de Rosalía coa alegría da música, coa esperanza da Alborada.

Por iso chamamos a todos os gaiteiros e gaiteiras e ao mundo da música en xeral a celebrar o Día de Rosalía neste 24 de febreiro tan especial. Que a pandemia non nos silencie!!

Como participar?

O día 24 compartiremos os teus vídeos para inundar as redes en homenaxe á Rosalía.

Dúbidas? Mándanos un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Onde descargar a Alborada de Rosalía?

Letra:  https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2013/02/LetraAlborada.pdf

Partitura: https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2013/02/PartituraAlborada.pdf

Manifesto: https://rosalia.gal/wp-content/uploads/2021/02/manifesto-alborada-2021.pdf

Anímate a participar e a difundir esta actividade para conseguir que non quede ningún recuncho de terra sen o son da nosa música na honra de Rosalía.

 Viva Rosalía! Avante a Alborada!

 

   

Páxina 16 de 265