Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG

AGG

Continúa o programa a Pé de Rúa

19.08.11

Continua o programa "A Pé de Rúa" que a Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa AGADIC está a desenvolver durante o verán e que promove a difusión da música tradicional levando por distintas vilas de Galicia grupos que fan atuacións a pé da rúa.

“A Pé de Rúa” e unha iniciativa que busca dar resposta a un amplo número de formacións de música tradicional, para permitirlles actuar no seu entorno máis propio, coma sempre foi a súa interpretación, en vivo, sen medios técnicos, e nunha perfecta interacción tanto co medio no que se está a tocar como co público que escoita.

Esta fin de semana, terá lugar un pasarrúas no concello de Castro de Rei a cargo do grupo "Alvariza".

   

Gomez Mouro no programa a Pé de Rúa

19.08.11

Continua o programa "A Pé de Rúa" que a Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa AGADIC está a desenvolver durante o verán e que promove a difusión da música tradicional levando por distintas vilas de Galicia grupos que fan atuacións a pé da rúa.

“A Pé de Rúa” e unha iniciativa que busca dar resposta a un amplo número de formacións de música tradicional, para permitirlles actuar no seu entorno máis propio, coma sempre foi a súa interpretación, en vivo, sen medios técnicos, e nunha perfecta interacción tanto co medio no que se está a tocar como co público que escoita.

Mañá 24 de agosto, terá lugar un pasarrúas no concello de Cariño a cargo do grupo "Gómez Mouro".

   

A Pé de Rúa

11.08.11

A Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa AGADIC está a desenvolver o seu programa "A Pé de Rúa", que terá lugar por distintas vilas de Galicia ao longo de todo o verán.

“A Pé de Rúa” e unha iniciativa que busca dar resposta a un amplo número de formacións de música tradicional, para permitirlles actuar no seu entorno máis propio, coma sempre foi a súa interpretación, en vivo, sen medios técnicos, e nunha perfecta interacción tanto co medio no que se está a tocar como co público que escoita.

Esta fin de semana, terán lugar distintos pasarrúas a cargo desta programación nas seguintes vilas:

Domingo 14 de Agosto, a partir das 11h. no Concello de Cambados, "Os Viqueiras de Ordes".
Domingo 14 de Agosto, a partir das 11h. no Concello de Verín, "Asociación Cultural Trepia".
Domingo 14 de Agosto, a partir das 12.30h. no Concello de Vilanova de Arousa, "Tumba e Dalle".
Domingo 14 de Agosto, a partir das 15h. no Concello de Carballiño, "Mazaroca".

   

Éxito da Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas

08.08.11

Un ano máis a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), a través da comisión de artesáns, achegouse ata o Festival de Pardiñas para organizar o que foi a "XVIII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional". Un evento que constitúe unha das mostras de luthería máis antigas da península e que congrega cada ano a numerosos artesáns do país para mostrar o seu traballo ao público. 

Durante as xornadas do 6 e 7 de Agosto, no marco incomparable do Festival de Pardiñas, os 19 artesáns de instrumentos musicais cos que contou a mostra, abríronnos unha fiestra aos seus obradoiros amosando o seu bo facer. Pero houbo moito máis, xa que se trata dunha festa na que non poden faltar as actuacións en directo, obradoiros, o baile tradicional e a foliada, acadando de novo un grande éxito de público a pesar das condicións meteorolóxicas.

Podes ver as fotos aqui.

   

Varios grupos de música tradicional participarán esta fin de semana no programa a Pé de Rúa

29.07.11

Esta fin de semana, dous grupos, pertencentes á Asociación de Gaiteiros Galegos, protagonizarán pasarrúas e mostras de música tradicional nos concellos de Allariz (Ourense) e Cabana de Bergantiños (A Coruña). O  será o encargado de actuar mañá sábado día 30 de Xullo ás 20.00 horas na festa da Malla en Queiroás da Igrexa (Allariz) e o grupo Abertal (A Rúa de Valdeorras - Ourense) actuará o luns día 1 de Agosto durante a Romaría de San Fins do Castro, no concello de Cabana de Bergantiños.
A Asociación de Gaiteiros Galegos colabora coa AGADIC na organización das actividades do programa A pé de rúa. A Asociación de Gaiteiros Galegos é a encargada do asesoramento e coordinación das actuacións de música tradicional que se efectúan dentro deste programa. Segundo o presidente da AGG, Santiago Caneiro Aneiros, “a participación de grupos e solistas nas programacións que se realizan dende as administracións públicas é un xeito de achegar a música tradicional, en condicións dignas, ás vilas e cidades do país”.
 

   

Grande éxito do XII Memorial Ricardo Portela

18.07.11

A Asociación de Gaiteiros Galegos, en colaboración co Concello de Pontevedra, organizou a pasada fin de semana a duodécima edición do Memorial Ricardo Portela, no que durante os días 16 e 17 de Xullo, se celebraron, na praza de Ourense, na praza da Peregrina e na praza da Ferrería, en Pontevedra, diferentes actividades, que incluíron mostras de artesáns de instrumentos tradicionais, actuacións de cuartetos e grupos de baile, concertos de música tradicional e o concurso do Memorial.

   

Alumnos de canto e pandeireta da Tradescola ofreceron un concerto dentro da programación "Cultura Aberta"

08.07.11

O programa posto en marcha pola Area de Cultura da Deputación de Lugo que quere achegar propostas de lecer e culturais a toda a poboación, conta nesta edición coa colaboración da Tradescola, que a través dos seus alumnos e mestres encargase de amenizar musicalmente a entrada ás distintas actuacións previstas no programa. Con esta iniciativa , a Tradescola da un novo paso no seu traballo de promoción e difusión da música e da cultura galega, e fai visible unha vez máis o traballo desenvolto pola Asociación de Gaiteiros Galegos a prol da nosa cultura.

Os alumnos de canto e pandeireta, guiados pola súa mestra, Xela Conde, foron os encargados de ofrecer onte un concerto na entrada do Pazo de San Marcos no que interpretaron distintas pezas cantadas do repertorio tradicional cunha gran afluenza de público.

   

Periodistas especializados en turismo visitan a Casa da Gaita

16.06.11

O plantexamento museográfico levado a cabo pola Asociación de Gaiteiros Galegos na Casa da Gaita é un modelo exportable e sustentable como atractivo turístico

No día de hoxe, a Casa da Gaita, museo didáctico xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos, recibiu a visita de numerosos periodistas especializados en turismo, que puideron visitar as instalacións guiados polas técnicas da AGG que lles amosaron os seus contidos.  Ao rematar, continuaron coa visita polo territorio que abrangue a mancomunidade Terras de Pontevedra.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

A Tradescola abre o prazo para a reserva de prazas

14.06.11

A TRADESCOLA, centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos abre o prazo para a reserva .

A TRADESCOLA conta actualmente con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación. A maiores destas materias, tamén ofrecemos aulas específicas para os máis pequenos.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Asamblea Xeral Ordinaria da AGG

07.06.11

O pasado domingo 05 de xuño de 2011 tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos.Este ano celébrouse na Casa da Gaita, a nova sede que a AGG ten en Viascón - Cotobade, na cidade de Pontevedra. O horario de celebración foi ás 11:00h. en primeira convocatoria, e ás 11:30h. en segunda convocatoria.

A orde do día foi a seguinte:

1. Lectura e aprobación se procede da acta anterior.2. Informe das actividades realizadas no ano 2010.

3. Planificación de actividades 2011.

3. Aprobación do estado de contas do ano 2010.4. Elección da Xunta Directiva.

5. Rogos e preguntas.

   

Páxina 9 de 22