Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG

AGG

Festigal (Compostela)

23.07.13

festigal 2013Un ano máis volta o Festigal no que a AGG estará presente cun stand informativo e de venda de publicacións no que ademais se poderán adquirir as rifas do sorteo de instrumentos que se celebrará no na XX Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas.

Ademáis dende a AGG organízanse un obradoiro de construcción de xoguetes e instrumentos vexetais a cargo de Pablo Carpintero, ás 16 horas no espazo infantil e outro de bailes tradicionais impartido por Xabier Iglesias ás 17 horas.

O grupo Os Carapaus e Faíscas de Solobeira estarán ambientando as rúas.

   

Xornadas Didácticas da Tradescola en Viveiro

13.12.11

tradescola-logoA Tradescola, no seu afán de incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade actual, realiza trimestralmente distintos actos como charlas, exposicións, concertos, e xornadas que achegan a numeroso público a coñecer o traballo que está a realizar a Asociación de Gaiteiros Galegos a  través da Tradescola. O obxectivo é ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de outras actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.

Prema no título para ver a nova ao completo

   

A Tradescola estará no XI Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade

30.11.11

tradescolaOs alumnos da Tradescola participarán esta tarde no acto que organiza o Concello de Lugo con motivo dos 11 anos da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.

O acto consistirá en rodear o monumento romano con unha corda, que levarán todas aspersoas que queiran participar. Este acto estará amenizado por diversos grupos, un deles formado por alumnos da Tradescola que estará situado na Porta da Estación as 18:45h.

Ao rematar, haberá un magosto nas portas da muralla.

 

 

   

A AGG estará presente esta fin de semana no Culturgal

29.11.11

culturgalOs vindeiros 2,3 e 4 de decembro, a Asociación de Gaiteiros Galegos estará presente no Culturgal, un evento anual que conxuga o encontro profesional coa presentación, promoción e venda aberta ao público de produtos e servizos.

A AGG terá un posto informativo e de venda de material neste evento, que estará situado na zona denominada como "Patio" no que poderedes atopar información sobre as actividades que se veñen realizando e diverso material á venda relacionado coa musica e a cultura tradicional.

Para ver o programa completo: http://www.culturgal.com/docs/Culturgal2011_Folleto_Feira.pdf

   

Rematou o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

10.10.11

Onte, domingo 9 de outubro, rematou a 5ª edición do Congreso de Ensinantes de Música Tradicional que organizou a Asociación de Gaiteiros, e no que durante os tres días que durou os asistentes puideron disfrutar de unha grande variedade de ideas sobre as aplicacións da música tradicional ao ensino, asi como facer unha visita virtual a Casa da Gaita, a presentación de novas publicacións, facer unha pequena regresión a infancia recordando os xogos tradicionais, etc. O peche do congreso foi a cargo do Colectivo Xosé Afonso coa realización dun concerto.

Podes ver unha pequena mostra no albume da nosa páxina de facebook.

 

   

Amplíase o prazo de inscrición para o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

04.10.11

A Asociación de Gaiteiros Galegos amplía o prazo de inscrición ata o vindeiro mércores 5 de outubro para inscribirse no V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional que organiza a vindeira fin de semana no Auditorio de Galicia en Compostela.

Máis info: http://www.gaiteirosgalegos.com/index.php?option=com_content&view=article&id=1775:v-congreso-de-ensinantes-de-musica-tradicional&catid=25&Itemid=18

   

V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

22.09.11

Xa temos o cartaz e o díptico co programa do V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional, que se celebrará no Auditorio de Galicia os días 7, 8 e 9 de Outubro do 2011.

Lembramosche que o prazo para presentar as comunicacións remata o dia 28 de setembro  e o prazo para a solicitude de inscripción para asistir ao congreso rematará o día 3 de outubro ou cando se complete o aforo.

Descarga o programa

Descarga o boletín de inscrición

   

Aprázase a sesión de Pontevedra do Seminario de Formación Permanente

15.09.11

Débido a un contratempo de última hora vémonos obligados a pospoñer a sesión prevista para o 17 de Setembro na Casa da Gaita en Viascón  (Cotobade - Pontevedra) do SEMINARIO DE FORMACIÓN PERMANENTE - PEDAGOXÍA E GAITA GALEGA: A INICIACIÓN Á GAITA GALEGA  ENTRE SEIS E ONCE ANOS

Ésta sesión trasládase ao vindeiro sábado 1 de outubro no mesmo horario e lugar de celebración, quedando as sesión como se detallan a continuación:

1ª Sesión:

•         Sábado 24 Setembro na Tradescola de Lugo de 10 a 14 H.* (20 prazas)

•         Sábado 01 Outubro na Casa da Gaita en Cotobade( Pontevedra) de 10 a 14 H.* (20 prazas)

Ainda estades  a tempo de inscribirvos!!

Para inscribirte tes que enviar un E Mail á AGG Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo cos datos persoais e profesionais máis relevantes e o motivo polo que te queres matricular (máximo 300 palabras), indicando se asistirías en Lugo ou Pontevedra.

   

V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega

08.09.11

A Asociación de Gaiteiros Galegos está a organizar o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, que se levará a cabo no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, durante os días 7, 8 e 9 de Outubro de 2011. Toda persoa que queira expoñer algún tema relacionado co ensino da música tradicional poderá escribir unha comunicación e presentala no Congreso.

As normas para a presentación de comunicacións serán as seguintes:

-         O prazo de presentación dos resumos das comunicacións será do 12 ao 28 de Setembro de 2011. O contido deberá ser enviado co seguinte formato: letra “Times New Roman”, tamaño 12, interliñado sinxelo. O contido deberá incluírse nunha páxina como máximo (1 cara). Ademais deberán indicarse os datos persoais do autor/es que presenten a comunicación.

-         Os autores das comunicacións seleccionadas poderán redactar o traballo in extenso ata o 3 de Outubro. Data límite para que todas poidan ser incluídas na documentación oficial do Congreso.

-         A duración das comunicacións non deberá ser superior a 15 minutos de exposición.

-         O envío das comunicacións deberá realizarse por correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou por correo ordinario á Lugar de Quintan 3, C. P 36121 Viascón – Cotobade (Pontevedra).

En  breve informarese do programa e do prazo de inscrición.

   

Remata a Programación a Pé de Rúa

08.09.11

Na foto actuación da Asociación Cultural Cántigas e Frores

Esta fin de semana remata o programa "A Pé de Rúa", organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración coa AGADIC, programa que se veu realizando ao longo do verán  co obxectivo de promover a difusión da música tradicional levando por distintas vilas de Galicia grupos con atuacións a pé da rúa.

Esta fin de semana, varios grupos pertencentes á Asociación de Gaiteiros Galegos,  protagonizarán pasarrúas e mostras de música tradicional nos concellos de Pontedeume (A Coruña), Oimbra e Ribadavia (Ourense). A Asociación Cultural Cántigas e Frores (Lugo) será a encargada de amenizar coa súa actuación de música e baile as rúas do concello de Pontedeume o venres 9 de setembro a partir das 21h. da noite co gallo das Festas das Peras. O sábado 10 de setembro, os compoñentes de Frouma (A Coruña) serán os encargados de realizar un pasarrúas a partir das 12h. nas Festas de Santa Cruz no concello de Oimbra. E o domingo 11, será o grupo Lembranzas da Ría (Cangas - Pontevedra) quen coa súa actuación de música e baile as 18h. na Praza Maior de Ribadavia amenizará as Festas Patronais da vila, quene dará clausura ao programa A Pé de Rúa, o cal tivo unha grande aceptación tanto polos concellos participantes e os seus habitantes, como polos grupos encargados de levar a nosa música tradicional polas vilas de toda Galiza. 

   

Páxina 8 de 22