AGG
XVI Memorial Ricardo Portela
03.07.15
A Ferrería acollerá os próximos 10 e 11 de xullo o XVI Memorial Ricardo Portela, que este ano celebra a súa 16 edición e que está consolidado como unha cita de referencia da nosa cultura, froito, un ano mais, da colaboración entre a Asociación de Gaiteiros Galegos e o Concello de Pontevedra.
Nesta décimo sexta edición contaremos novamente coa mostra de instrumentos tradicionais, na que participarán 12 prestixiosos artesáns de todo o país como son:
(Prema no título para ler a nova completa)
Sorteo de instrumentos de percusión tradicional
25.06.15
Xa a venda as rifas para o sorteo de instrumentos tradicionais AGG - XXII Motra de intrumentos de música tradicional Pardiñas 2015.
Os instrumentos que se sortearán este ano son: Un pandeiro, unha pandeira, unha pandeireta, unhas castañolas e unhas tarrañolas!!
Non pérdala túa oportunidade de facerte con algún deles!!!
Para adquirir a túa rifa podes poñerte en contacto con nós nos teléfonos 986.847.074 / 982.229.966 / 661.637.696 ou a través do mail Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Proximamente poremos a relación dos talleres de artesanía onde tamén poderedes mercar as vosas rifas.
Dezaseis anos de mostra da artesanía e a música tradicional de Galicia
25.06.15
A Ferrería acollerá os próximos 10 e 11 de xullo o XVI Memorial Ricardo Portela
O pasado venres, foi presentado en rolda de prensa a 16 edición do Memorial Ricardo Portela, que se celebrará como é costume na praza da Ferrería de Pontevedra. Como acompañamento á presentación do Memorial por parte do Concello e da Asociación de Gaiteiros Galegos, Alberto Pires e Álvaro Novegil interpretaron a Foliada de Paderne do repertorio de Ricardo Portela.
O Memorial Ricardo Portela chega ao súa 16 edición consolidado como unha cita de referencia da nosa cultura, como recordaban a concelleira de Festas, Carme da Silva, e o artesán Alberto Pires, membro da xunta directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos.
(Prema no título para ler a nova completa)
Xa podes ver algunhas das fotos do Concerto de Fin de Curso da Tradescola
17.06.15
"Grande éxito do concerto de fin de curso da Tradescola".
Como sabedes, onte celebrouse o fin de curso da Tradescola cun gran concerto na Praza de Anxo Fernández Gómez, na cidade de Lugo onde alumnos e profesores da escola puxeron o peche a este curso 2014-2015.
No seguinte enlace podes ver algunhas fotiños!!! E se queres participar no do ano que ven, ¡¡XA ESTÁ ABERTO O PRAZO DE MATRICULA PARA O CURSO 2015-2016!!! Anímate a aprender a darlle vida aos nosos instrumentos de música tradicional galega.
Celebración da Asamblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos
16.04.15
O pasado domingo 12 de abril de 2015 tivo lugar a Asemblea Xeral Ordinaria da Asociación de Gaiteiros Galegos, que este ano se celebrou no Museso do Pobo Galego, na cidade de Santiago de Compostela. O horario de celebración foi ás 11:00h. en primeira convocatoria, e ás 11:30h. en segunda convocatoria.
A orde do día foi a seguinte:
1. Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
2. Informe das actividades realizadas no ano 2014.
3. Aprobación do estado de contas do ano 2014.
4. Planificación de actividades para o 2015.
5. Elección da Xunta Directiva.
6. Rogos e preguntas.
Nesta Asamblea elixiuse nova Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos,
(Prema no título para ler a nova completa)
"A música tradicional galega é unha referencia en Europa"
03.02.15
Quen non berrou aquilo de "quero ser gaiteiro"? Galiza ri e chora ao son da gaita, dicía Manuel María. De música tradicional fálanos Xaneco Tubío, coordenador do A Fondo, que conxuntamente co Sermos Galiza estará nos quiosques esta quinta feira.
-Cal é a importancia dun A Fondo sobre a música tradicional e, en especial, sobre o mundo da gaita, tendo en conta o contexto mediático actual?
-A música tradicional, aínda estando presente no cotián da vida da maioría das bisbarras galegas, ocupa moi pouco espazo mediático en relación á importancia que ten na vida cotiá d@s galeg@s.
-A que cres que é debido?
-As grandes empresas de comunicación aínda seguen a ver a música tradicional, en moitos aspectos, con esa pequenez do toque folclórico das provincias do estado. Os cánones do que se considera a cultura importante non cambiaron practicamente dende o franquismo. A música tradicional por excelencia no estado é o flamenco. O resto non existe. Se morre un artista flamenco, magnifícase pero se falece un gaiteiro dos que leva 50 ou 60 anos facendo festas e tocando a nosa musica tradicional, en Madrid non se fai mención e aquí a repercusión é moi pouquiña. Á música tradicional galega e á gaita, nos estándares dos grandes grupos de comunicación e nos circuítos oficiais culturais, non se lle dá a categoría artística que ten.
-Como decidistes enfocar este A Fondo?
-Por unha banda, aproveitando que a Asociación de Gaiteiros Galegos viña de facer os 25 anos, vimos que era unha oportunidade para ver as achegas da entidade no grande universo da música tradicional. Por outra, puxémonos en contacto con xente de diversos ámbitos nos que a música tradicional está presente, algúns con moi boa saúde e outros, con non tanta. Tal é o caso do ensino regrado, no que a música tradicional non ten a presenza que debera ter, malia a que calquera estudo etnomusicolóxico serio indica que o primeiro contacto do alumnado coa música na escola debera ser a través da súa propia música tradicional. Pouca xente sabe, por exemplo, que pode obter o título profesional de gaita no conservatorio de Vigo. Reparamos tamén en aspectos como o traballo das asociacións e a historia da gaita, que se descoñece.
"En calquera cultura normalizada, os estudos de investigación etnográfica ou musicolóxica fainos a universidade. Aquí carecemos de departamentos que se dediquen a iso."
Punteiros de encontro. Reportaxe sobre a AGG dende culturagalega.org
16.12.14
Xa desde o comezo trascenderon as fronteiras dos instrumentos e se constituíron como un referente en todo o relativo á nosa música tradicional.
A Asociación de Gaiteiros Galegos acaba de celebrar os seus primeiros 25 anos. Xaneco Tubío, secretario da entidade, explícanos a evolución e a situación actual dun colectivo fundamental para a nosa cultura.
Malia a que o nome poida facer pensar o contrario, hai xa anos que a Asociación de Gaiteiros atende a músicas e formas da tradicións alleos ao ámbito estrito do fol. Os obxectivos da organización son promover e divulgar non só a música de gaita, senón todo o abano da música tradicional, incluíndo tanto bailadores como tocadores de tambor, bombo, pandeireta ou calquera outro instrumento, explica Xaneco Tubío.
As orixes
Na realidade, os 25 anos que celebrou a asociación a pasada semana poderían ser moitos máis, xa que a base que lle deu pé remóntase ata os anos 70. Segundo nos lembra Tubío, naqueles anos comezaron a se reunir en Ortigueira vellos gaiteiros con xente máis nova que estaba comezando a tocar nas cidades. Nomes de peso como Ricardo Portela ou Os Faíscas do Xiabre atopábanse, entre outros, con artesáns como Seivane ou Corral. Na axenda de temas, estaban desde os prezos a cobrarlles á comisións de festas ata reclamarlles que aparecese o nome dos gaiteiros no mesmo tamaño que o das orquestras. Canda a isto, como non, estas citas foron o escenario de intercambios de coñecementos,
Xornada na Casa da Gaita: "Aires da Terra"
09.12.14
Con motivo do centenario da disolución do coro Aires da Terra, este sábado 13 de decembro celebrarase na Casa da Gaita, unha xornada ao redor de "Aires da Terra".
Lugar: "Casa da Gaita". Lugar de Quintán, 3 - Viascón (Cotobade - Pontevedra)
Data e hora: 13 de decembro de 2014 as 11h.
Máis información e reservas no teléfono: 986847074 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
A por outros 25 anos da Asociación de Gaiteiros Galegos
09.12.14
A Asociación de Gaiteiros Galegos celebrou o pasado domingo 7 de decembro o 25 aniversario da súa constitución, á vez que lle rendiu unha sentida homenaxe ao seu actual presidente, Santiago Caneiro Aneiros, pola súa dedicación desinteresada ao fronte desta gran familia.
Nesta gran festa, presentada por Xurxo Souto e Isabel Risco contouse con actuacións musicais de grupos da nosa música tradicional como Leilía, Treixadura, Os Carunchos, a Agrupación Abertal, profesores da Tradescola, e gaiteiros de diferentes zonas do país, entre eles, Raúl Galego, Nela de Bres, Antón de Lourenzá, Modesto e Otilio da Fonsagrada. Ademáis, fíxose un percorrido pola historia da Asociación de Gaiteiros Galegos.
“É un desexo para nos que neste acto participen todas as persoas que teñan querer pola música do país” sinalaron dende a directiva da AGG, que conseguiron ateigar a sala de persoas asociadas e vinculadas dun ou outro xeito á música tradicional.
Dende a organización comprácenos e emociónanos enormemente, a gran acollida que tivo esta festa de celebración que pon de manifesto a cantidade de xente que comparte a nosa paixón pola cultura galega e moi especialmente pola súa música e baile tradicional.
E como en toda festa galega que se prece, non podía ter un remate que non fose cunha gran gaiteirada na que os asistentes que o quixeron se arrancaron a tocar varias pezas cos seus instrumentos para o desfrute de todos o presentes.
Grazas a tod@s por festexar con nós este día tan especial.
Páxina 7 de 22