AGG
Axeigo preséntanos a súa primeira maqueta no Recuncho da Palleta
26.02.16
Esta semana, o son da ondas do "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na palleira" conducido por Emilio Españadero estará protagonizado por Axeigo, coa presentación da súa primeira maqueta.
Ao xeito galego... Axeigo é un grupo de cinco rapaces de 2º da ESO do Colexio Fingoi de Lugo, e que pertencen tamén ao Centro de Música Fingoi. Dirixidos polo seu mestre Pepe Vaamonde, realizan este seu primeiro traballo discográfico abordando un repertorio diverso e pensado esencialmente para gaitas e percusións, mais tamén enriquecido con outros intrumentos como os pitos (frautas de bico), oboe, voz, acordeón, violín... O resultado é un disco rico en timbres e con moita frescura e naturalidade, tamén por ser gravado "ao vivo", e que entronca perfectamente coa filosofía da música tradicional galega de sempre, verdadeira e directa.
Para saber quen son, escoita este domingo de 17:00 a 19:00 horas, Lume na Palleira.
O Entroido, a festa máis laica do ano.
05.02.16
Este domingo 7 de febreiro, a Asociación de Gaiteiros Galegos voltará ao programa Lume na palleira de CRTVG conducido por Emilio Españadero.
O espazo O Recuncho da Palleta contará coa presenza de Gustavo Couto, quen falará dun tema tan presente hoxe como é:
O Entroido, a festa máis laica do ano. Vivas, atranques, enfarruxadas, tisnadas, todo está permitido nestas datas festivas. Centrarémonos en diferentes tradicións e costumes que rodean esta celebración, que enche o noso país de ironía e diversión.
O recuncho da palleta
22.01.16
Como ven sendo habitual, o domingo a Asociacion de Gaiteiros voltará a CRTVG, ao espazo o "Recuncho da palleta" dentro do programa "Lume na palleira" conducido por Emilio Españadero. Nesta ocasión será a través das verbas de Xaime Estévez, que falará dun tema tan importante como é "as mulleres gaiteiras na música galega", a interesante evolución na participación da muller como instrumentista gaiteira en Galicia. Aínda habendo precedentes coñecidos non houbo ningunha gravación editada de gaiteiras solistas ata os anos noventa do século pasado, vinte anos hai pois nos que a muller consegue ter algún un papel tan importante como o dos homes no que se refire á interpretación do noso instrumento. Escoitaremos pois seguindo nunha orde cronolóxica, varios exemplos importantes das distintas edicións discográficas que teñen a distintas gaiteiras como artistas principais : Susana Seivane, Cristina Pato, Magoia Bodega ou Mercedes Peón entre outras.
O Nadal chega á TRADESCOLA
14.12.15
Xa estamos chegando ao Nadal e na Tradescola estamos organizando actividades para celebralo!!
• O vindeiro luns día 21 de decembro no salón de actos da Tradescola teremos dúas actividades de balde e abertas para todos os públicos!!
- Ás 18.00 horas: Obradoiro Baile para nen@s e maiores con Pesdelán mini: Pesdelán é moito máis que un grupo de música. Mediante a música en vivo e o ensino de bailes e xogos sinxelos ao público, pretende recuperar o espírito participativo das festas e integrar a todas as persoas sen importar a súa idade, condición física ou experiencia. Unha das integrantes do grupo animaranos a seguir os seus pasos, que nos explicará de forma sinxela e amena, para que todos e todas poidamos aprendelos cómodamente. Acompáñana varios músicos e músicas que interpretarán as melodías para podelas bailar. O tempo pasará sen darnos conta mentres gozamos, rimos, bailamos e coñecemos as e os nosos novos compañeiros de baile.
- Ás 19.30 horas: Obradoiro de Cantos de Nadal a cargo da nosa profesora de canto tradicional Branca Villares, e posterior saída dos participantes a cantar panxoliñas polo centro da cidade.
• E o día 22 de decembro ás 20.30 horas tamén no salón de actos da Tradescola contaremos cun Ensaio Aberto con Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre + sinatura de discos (The Tambourine Man)
Ven a celebrar con nós a chegada do NADAL!!!!!!
Entrada de balde ata completar aforo!!!
VI Xornadas de baile tradicional en Santiago de Compostela
25.11.15
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza unha nova xornadas para tod@s os amantes do baile tradicional. Será a VI edición das Xornadas de Baile Tradicional, e terán lugar o vindeiro sábado 05 de decembro en Santiago de Compostela.
Estas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, desenvolveranse no Centro Sociocultural do Castiñeiriño (Virxe de Fátima, 1 – Santiago de Compostela).
Haberá dous obradoiros:
Ás 10.00 horas: Manolo Cobas
"O baile na zona de Tabeirós e o Deza"
Ás 12.00 horas : Xabier Iglesias
"O baile na Chaira"
Prazas limitadas!!!!
As inscricións e reservas de praza poderán facerse a través dos teléfonos 986 847 074 ou 982 229 966 ou enviándo un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .
Estas xornadas serán gratuítas para @s soci@s da Asociación de Gaiteiros Galegos e terán un custe de 15€ para non soci@s.
Animádevos a participar!!!
I Xornadas sobre o Serán
20.11.15
Como xa vos anunciabamos hai uns días, o vindeiro 28 de novembro dende a Asociación de Gaiteiros Galegos organizamos a I Xornada sobre o Serán, na Casa da Veciñanza de Pazos de Borbén, berce dos seráns do pasado século e xermolador do seu rexurdimento.
Teremos o pracer de poder disfrutar coa participación de grupos de pandereteiras tan históricos da zona como son, as Pandereteiras de Sequeiros e a Ermida, as Pandereteiras de Toutón, Pandereteiras de Gargamala, Pandereteiras de San Vicente de Oitavén e As Pandereteiras do Lecer de Pazos.
Teremos tamén durante as xornadas, un espazo especial no que se lle rendirá unha merecidísima homenaxe a Domingo Amoedo, unha das persoas que dedicaron parte da súa vida a poder recuperar algo tan importante da nosa tradición e cultura como son os Seráns.
Programa:
SABADO 28 DE NOVEMBRO
16.30h – Homenaxe a Domingo Amoedo
Colocación dunha placa e plantación dunha unha árbore no lugar de A Ermida.
17.30h – Homenaxe a Domingo Amoedo: Proxección audiovisual
Subida á casa de Pazos. Proxección audiovisual sobre a vida de Domingo.
18.00h – Mesa redonda
Os seráns. A cargo das pandereteiras convidadas.
19.30h – Serán
Serán a cargo dos grupos de pandereteiras convidados: Pandereteiras de Sequeiros e A Ermida, Pandereteiras de Toutón, Pandereteiras de Gargamala, Pandereteiras de San Vicente de Oitavén e Pandereteiras do Lecer de Pazos
20.30h - Peche
Clausura do acto con foliada aberta!!
A Asociación de Gaiteiros Galegos organiza as I Xornadas sobre o Serán
10.11.15
Os seráns son o reflexo da identidade social e cultural do noso pobo, un dos mellores exemplos do Patrimonio Cultural Inmaterial que temos en Galicia, e dende a AGG consideramos unha labor indispensable poñer en valor esta riqueza que nos identifica.
Por iso, o vindeiro 28 de novembro dende a Asociación de Gaiteiros Galegos organizamos a I Xornada sobre o Serán, no que desfrutar non só da música e do baile senón tamén como escenario de charlas, coloquios, mesas redondas e conferencias sobre a súa temática. Será en Pazos de Borbén, berce dos seráns do pasado século e xermolador do seu rexurdimento.
Nos vindeiros días iremos contando mais detalles, pero anota a cita na túa axenda, pois sen dúbida é unha cita que non querrás perderte!!!
Mañá abre as súas portas a 22 Mostra de instrumentos de música tradicional
31.07.15
Un ano máis dende a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), achegámonos ata o Festival de Pardiñas para organizar a que será a "XXII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional".
Abrimos de novo a fiestra da máis antiga e importante mostra de instrumentos de música tradicional da Península Ibérica, para amosar durante a fin de semana o traballo e o bo facer dos 29 artesáns participantes, que nos agasallan en cada un dos seus instrumentos cun traballo meticuloso, preciso e necesario para que a nosa música goce da boa saúde que ten na actualidade.
Un traballo que por unha banda bebe da sabedoría e das inquedanzas dos nosos músicos e por outra, da experiencia, dos estudos e da esixencia dos mestres artesáns que traballan día a día para mellorar as súas técnicas. Unha relación que fai que a artesanía dos nosos instrumentos tradicionais sexa recoñecida e valorada no mundo enteiro.
(Prema no título para ler a nova completa)
Consigue un magnifico instrumento de música tradicional por tan só 2€
20.07.15
Ainda non tes a túa rifa para o sorteo de instrumentos de música tradicional que se celebrará na "22 Mostra de Instrumentos de Música Tradicional" de Pardiñas???
Non pérdala túa oportunidade!!! Por tan só 2€ podes levar un instrumento tradicional, feito a man por algún dos mellores artesáns e dunha calidade impecable.
E ademais de gañar un fabuloso instrumento, estarás contribuindo co teu donativo a que esta mostra tan importante para a nosa cultura se siga celebrando cada ano.
(Prema no título para ler a nova completa)
22 Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas
16.07.15
Xa non queda nada para unha das citas máis esperadas do ano dos amantes da música tradicional galega, a 22 Mostra de Instrumentos de Música Tradicional, que dentro do marco do Festival de Pardiñas, nos permitirá disfrutar do bo facer dunha treintena de artesáns, que a través da súa paixón, dedicación e coñecemento contribuen notoriamente a manter viva a nosa música a través do tempo.
E por suposto contaremos tamén con música, que este ano correrá a cargo das actuacións de "Pelepau" e "As Lagharteiras".
Ademais, tamén están dispoñibles as rifas para o sorteo de instrumentos de música tradicional, no que poderás gañar un dos 5 instrumentos que se sortean e que este ano serán: 1 pandeiro, 1 pandeira, 1 pandeireta, 1 castañolas e 1 tarrañolas.
Anímate a participar, ademáis da oportunidadade de gañar un fantástico instrumento, terás a oportunidade de colaborar coa mostra.
Páxina 6 de 22