AGG
Música tradicional en actos institucionais
29.05.06
Pepe Vaamonde e Xosé Manuel Sánchez Rei acudiron a Arzúa, o pasado venres 26 de maio, para participar no acto de inauguración do Centro de Maiores da vila coruñesa. Anxo Quintana, directivos de San Rosendo; o arcebispo de Santiago, Julián Barrio; e o alcalde de Arzúa, Xaquín García foron os encargados de presidir o acto.
Esta actuación pretende ser o inicio da colaboración que a Asociación de Gaiteiros Galegos e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar desenvolverán co fin de normalizar a presenza da música tradicional nos actos institucionais.
Artigo publicado en A Nosa Terra
07.05.06
Coa autorización de "A Nosa Terra" (http://www.anosaterra.com/)publicamos en formato pdf o artigo titulado
A Asociación de Gaiteiros Galegos e as memorias dun conflicto.
redactado por Santiago Caneiro.
Este traballo saiu publicado no caderno nº 20 da colección Cadernos A Nosa Terra. (Dec. 1995).
A comezos da década dos 70 teñen lugar na vila de Ortigueira as primeiras xuntanzas de gaiteiros e artesáns coa común preocupación de unificar criterios deste gremio de profesionais e torno o seu peculiar mundo.
Xiraban, por aquel entón, as discusións sobre o prezo a estipular das actuación en alboradas e romarías que lles cobrarían ás comisións de festas e o establecemento duns mínimos cachés.
Para o texto completo en formato pdf escolle a seguinte ligazón
http://www.gaiteirosgalegos.com/xoops/uploads/agg-memorias-conflicto.pdf
Problema informático
28.04.06
Prezados usuarios,Debido a un problema informático cómpre introducir de novo aos usuarios rexistrados. Prégase que enviedes un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo suxerindo un novo contrasinal.
Pedindo desculpas polas molestias que poida ocasionar.
Cordiais saúdos
Contacto coa Asociación de Gaiteiros Galegos
02.04.06
Para calquera consulta relacionada coa Asociación de Gaiteiros Galegos, podes contactar:- Por telefone no 986847074
- Por correo electrónico enviando un e-mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
- Por correo postal no seguinte enderezo:
Asociación de Gaiteiros Galegos
Afonso XIII, 2º andar
36002 Pontevedra
Pontevedra
Facerte socio ou modificar datos
02.04.06
Se desexas facerte socio ou sendo socio desexas modificar os teus datos, podes descargar o boletín de inscrición dehttp://www.gaiteirosgalegos.com/socio-agg.pdf
e remitilo por correo ordinario a:
Asociación de Gaiteiros Galegos
Afonso XIII, 2º andar
36002 Pontevedra
Pontevedra
Participar no Portal
02.04.06
Se desexas participar no Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos só tes que enviar un correo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando o teu nome completo, dni e unha foto para publicar no Portal.Carnés de socio
23.03.06
Comprácenos enormemente que os socios da AGG xa esteades en posesión dos carnés. Confiamos en que todos os recibirades correctamente, de non ser así, por favor, facédenolo saber.
No documento inclúese un número simbólico, número de socio, que resultará de gran utilidade á hora de facer consultas e dirixirse á nosa secretaría.
Na parte traseira poñemos á vosa disposición o contacto de algúns dos artesáns que, neste momento, están a traballar no eido da construción de instrumentos tradicionais galegos e contribuíron a financiar estes carnés.
Fins e usos do Portal
17.03.06

Ante certas peticións de algúns asociados para a publicación, na sección de novas deste portal, de eventos que non teñen nada que ver coa música tracidional galega, a comisión encargada da edición do mesmo co respaldo da Xunta Directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos, quere manifestar o seguinte:
1º O portal da AGG nace como un vehículo de comunicación da AGG cara aos seus asociados e cara ao mundo.
2º O fin que persegue a AGG e que está reflexado, entre outros, nos seus estatutos é a defensa e divulgación da música tradicional galega.
3º A comisión encargada da edición de Portal e a Xunta Directiva da AGG teñen en conta e respectan calquera manifestación cultural non galega ao tempo que entenden que estas teñen que ter outras canles de difusión.
Por todo o dito anteriormente, a comisión de edición e a Xunta Directiva da AGG rogan aos usuarios do portal que remitan novas que se cingan exclusivamente ao contido do portal.
Asi mesmo aproveitan para agradecer a tódolos usuarios a súa colaboración que mantén viva esta sección e o portal enteiro.
Almanaque 2006 da Asociación de Gaiteiros Galegos
04.01.06

Vimos de enviar a todos os novos socios o almanaque do ano 2006, que pretende ser un medio de publicidade da nosa Asociación a todos os niveis da sociedade galega. Por ista razón, tamén fixemos envío do mesmo a certas asociacións, colectivos e individuos vencellados dun xeito ou outro á música galega.
A foto escollida para iste ano 2006 pertence á colección de Eduardo Méndez Baamonde (Dubi). Neste caso é unha foto de Ferrer de comezos do século XX onde aparecen tres cativos tocando (dúas gaitas e un tambor). A colección completa de Dubi foi proxectada "con grande éxito de crítica e público" dentro das actividades do "II Día do Orgullo Gaiteiro" celebrado en Ourense o pasado 17 de decembro de 2005.
XII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL - Pardiñas - Guitiriz
21.07.05

XII MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL
Pardiñas-Guitiriz
Xa estamos na XII edición da “Mostra de Instrumentos de Música Tradicional” que a comisión de artesáns da Asociación de Gaiteiros Galegos(AGG) organiza, dentro do marco do festival de Pardiñas organizado pola A. C. Xermolos de Guitiriz, que este ano terá lugar os dias 6 e 7 de agosto.
Aqui tes mais información
Páxina 21 de 22