Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG

AGG

Nova edición das Xornadas A Gaita no Mar

23.11.18

cartaz gaitamar2018_webO vindeiro domingo 02 de decembro teremos o placer de celebrar unha nova edición das Xornadas A Gaita no Mar, coas que queremos seguir recoñendo a gran contribución que fixeron moitos mariñeiros galegos no espallamento da nosa música tradicional ao son do noso instrumento mais representativo, levándoo polo mundo adiante a través do mar, sobre os barcos, entre as redes, aos portos doutras latitudes,…

Foron estas xentes do mar, coas súas tradicións e o seu saber-facer que o cabo dos séculos foi deixando por todo o mundo, pegadas do noso devir, da nosa fala, da nosa cultura e por suposto, da nosa música.

Para coñecer esta realidade máis de preto dende Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organizamos o vindeiro sábado 02 de decembro pola maña en Rianxo unha nova edición da Xornada: "A Gaita no Mar", que nesta ocasión acollerá unha homenaxe aos "Gaiteiros do Mar".

Estamos pechando o programa, así que estade atentos que en breve publicaremos todos os detalles.

   

Xornadas de percusión tradicional

16.11.18

cartaz xpercusion2018_conprograma

A AGG organiza o vindeiro domingo 25 de Novembro en Santiago de Compostela, ao abeiro das axudas para actividades culturais da Deputación de A Coruña, unhas xornadas de Percusión Tradicional que terán de  protagonistas ao tambor e ao bombo na quenda da mañá, e a pandeira na quenda da tarde.

Os obradoiros estarán da man de expertos no mundo da percusión como Chema Cebeiro, Miguel López "Chino" e Blanca Villares.

PROGRAMA:

Domingo 25 de novembro

10.00 - 11.30 – Obradoiro de bombo con pratos – Chema Cebeiro.
11.30 - Descanso
12.00 - 13.30 - Obradoiro de tamboril - Miguel López "Chino"

Xantar

16.00 - 19.00 - Obradoiro de pandeira – Branca Villares

LUGAR: Local do OCT Ultreia (Rúa Pexigo de arriba nº28)

INSCRICIÓNS: Deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, un teléfono de contacto e mail.

Os obradoiros son de balde e as prazas limitadas, tendo preferencia @s soci@s da AGG, que disporán ata o mércores 21 para inscribirse, e partir desa data as prazas dispoñibles se cubrirán por orde de inscrición.
 
Animádevos a participar!!!

   

Homenaxe a "Os Campaneiros de Vilagarcía"

28.09.18

 cartel-campaneirosdef webA Asociación de Gaiteir@s Galeg@s, en colaboración co Concello de Vilagarcía renden homenaxe ao histórico grupo de gaitas, Os Campaneiros.

O vindeiro sábado 06 de outubro, Vilagarcía acollerá este acto organizado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s en colaboración co Concello co obxectivo e preservar e difundir o legado dos Campaneiros de Vilagarcía.
Con este evento, que constará de charlas, pasarrúas, concertos e a inauguración dunha exposición que se poderá visitar ata o vindeiro día 31 de outubro na sala de exposicións do auditorio, preténdese amosar o recoñecemento a toda unha vida de dedicación a nosa música tradicional e ao enorme valor patrimonial do legado que nos deixaron estes grandes músicos.

Os Campaneiros de Vilagarcía foi un dos cuartetos de gaitas de música tradicional galega mais importantes do s.XX, formado nos anos 20 en Vilagarcía de Arousa, e que permaneceu en activo ata 1984, sendo un dos grupos de gaiteiros mais lonxevos da nosa historia, con mais de 50 anos tocando. Fundárono José e Ramón Valiñas, dos Campaneiros, de ahí o nome, que era o alcume familiar. Na percusión houbo variación ao longo da historia do grupo, ata que nos anos 60 a formación acada a excelencia coa incorporación de Celestino e José Carballa “Os Sabelos” fillos de “Palla Mallada” un coñecido gaiteiro da comarca arousá.
Este cuarteto de dous pares de irmáns, os irmáns Valiñas e os irmáns Carballa, constitúen un referente fundamental sobre todo pola particularidade do seu modo de interpretar as súas músicas dunha forma diferenciada, e polo gran legado que nos deixaron, con mais de oitenta pezas.

Nesta mais que merecida homenaxe aos Camparaneiros, contaremos cunha xornada chea de contidos. Velaí o programa:

11.00 – Apertura do evento
11.15 – Inauguración da exposición
11.45 – Relatorio “Os Campaneiros de Vilagarcía”. Por Xaquín Xesteira.
12.30 – Mesa de debate “Os Campaneiros de Vilagarcía e a súa pegada na historia da música tradicional galega”.
               Participantes: Xosé V. Ferreirós, Carlos Rei, Ramón Vázquez Acha e Paulo Nogueira. Modera Cándido Meixide.
17.00 – Pasarrúas a cargo de: Os Terribles de Arousa, Faíscas de Solobeira, Ansuiña, Os Mecos de Ogrobe, Xirifeiros e Malveiras
19.00 – Concerto no Salón Garcíacon: Os Terribles de Arousa, Faíscas de Solobeira, Ansuiña, Os Mecos de Ogrobe, Xirifeiros e Malveiras

Con esta homenaxe, dende a AGG búscase seguir traballando en prol da música tradicional promovendo a recuperación do noso patrimonio cultural.
Máis información: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo 986 847 074 - 982 229 966

Esperámoste!!!!!!!!!!!

   

VI Xornadas arredor da música tradicional - Programa

07.09.18

vi-xornadas-arredor-cartaz prog_webNon te o vindeiro sábado 15 de setembro nas VI Xornadas arredor da Música Tradicional na Casa da Gaita (en Viascón).
Entrada de balde, previa reserva de praza no teléfono 986 847 074 ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

PROGRAMA

10.00 – Apertura e entrega de documentación

10.15 – Relatorio I: “A dataçao de instrumentos históricos através da dendrocronologia”. Alexandra Lauw

               11.00     Quenda de preguntas

11.10 – Relatorio II: “Música e paisaxe”. Pablo Carpintero

               12.40     Quenda de preguntas

12.50 – Descanso

13.05 -   Presentacións de publicacións

             13.05     “Maruxa das Cortellas. Tocadora do pandeiro…”. Xulia Feixóo

 13.20     “Mulleres de Gargamala! Cantares de tradición oral”. Xulia Feixóo e Guillerme Ignacio. 

             13.35     “Terra E Alma” de Moisés Quintas. Editorial Canela

13.55 – Xantar

16.15 – Relatorio III: “Os instrumentos medievais no noroeste da Península Ibérica”. Francisco Luengo

               18.15      Quenda de preguntas

18.30 – Descanso

18.45 – Relatorio IV: “A gaita de fol na música das elites da Francia do s.XVIII”. Lois Prado.

               19.30     Quenda de preguntas

19.40 – Relatorio V: “Modelo de representación gráfica da música de tradición oral para gaita: o caso de Manuel López, gaiteiro de Poso”. Daniel Fernández

   

A Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza as VI Xornadas arredor da Música Tradicional

04.09.18

vi-xornadas-arredor-cartazO vindeiro 15 de setembro, a Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organiza a que será a VI edición das Xornadas arredor da Música Tradicional que se celebrarán na Casa da Gaita, Viascón (Pontevedra).
Esta cita está destinada, non só a todas aquelas persoas que traballan no entorno da música tradicional, senon tamén a todo aquel que queira saber máis tanto das nosas tradicións, como das de outros lugares, xa que ao igual que nas pasadas edicións, amosaranse outras formas da cultura tradicional, favorecendo deste xeito a que sexa un punto de encontro para profundizar e incidir na importancia que teñen os traballos de investigación realizados neste campo para poder coñecer, afondar e transmitir as tradicións.
Pretendemos a través desta actividade fomentar este tipo de encontros, que consideramos imprescindibles, tanto para a xente implicada na música tradicional, como para o resto da poboación, xa que se amosa a riqueza cultural dunha maneira aberta, chea de contidos e na que se pode participar de xeito activo nas diversas ponencias, contribuindo e potenciando deste xeito a divulgación da cultura e a súa conservación.
Agardámoste o vindeiro día 15 na Casa da Gaita: Lugar de Quintán, 3 (Viascón - Cotobade).
Entrada de balde, previa reserva de praza.

   

Pesar polo pasamento de Lito de Pinténs

09.02.18

lito de pintensHoxe temos que informar dunha triste nova, toda a música tradicional, e en especial a da comarca do Morrazo está de loito polo pasamento do mestre gaiteiro Anxo Gago "Lito de Pinténs". “Lito”, que naceu na aldea de Pinténs, na parroquia do Hío, foi un gran gaiteiro e mellor persoa, con el vaise un referente, un anaco da cultura da gaita, instrumento polo que sempre sentiu paixón e unha devoción que lle fixeron ser inseparables. Unha historia que afonda no orgullo de ser Gaiteiro Galego.

Foi fundador, mestre e músico en distintos grupos de gaitas, e foi o primeiro director da Banda de Gaitas Manxadoira de Bueu. Recibiu o galardón Xohán de Cangas no marco da Festa da Cultura, e no pasado mes de setembro recibiu unha homenaxe organizada polo grupo que dirixía, "Vos do serán", e na que participaron numerosas agrupacións ás que estivo vinculado durante a súa vida.

Parte da súa historia quedou reflexada no documental dos Gaiteiros do Mar, codirixido por Xurxo Souto e Martín Rodas, unha fita que recupera a memoria dos mariñeiros-gaiteiros que se embarcaron nos anos sesenta e setenta con destino ao Gran Sol, a Terranova, a Namibia,... levando o son da nosa música a todas as latitudes ata onde eles chegaban.

Dende a AGG tivemos o pracer de compartir varias xornadas con el e cos seus compañeiros do grupo Os Gaiteiros do Mar (Manolo de Donón, Feliciano de Donón, Manuel Martínez Santomé e o Peix de Aldán). Sempre quedarán no noso recordo estas I e II Xornadas sobre os Gaiteiros do Mar (A Coruña 2016 e Rianxo 2017), nas que compartiron con todos a súa música e as súas maravillosas historias no mundo da gaita e do mar. 

Dende a AGG lamentamos fondamente a súa perda e queremos facerlles chegar o noso máis sentido pésame á familia e amigos.

   

Xornadas de Requinta: Programa

11.01.18

 xornadasrequinta webXa temos o programa pechado para as Xornadas de Requinta do vindeiro 20 de xaneiro. Non esquezas anotarte para poder asistir.

PROGRAMA
11.00 - Apertura e entrega de documentación
11.15 - “A orixe da requinta”. Pablo Carpintero
12.15 - “A requinta da ulla. Obradoiro Riobó”. Rafael Carracedo
13.30 - Xantar
16.30 - Conversa cos portadores. Interveñen Pepe de Nande, Marcelino do Muiñeiro e Álvaro Couto (bisneto dos Barreiros de Albín). Modera Xurxo Souto.
17.30 - “Isto non é unha requinta. As frautas de sistema simple na tradición galega”. Oli Xiráldez

INSCRICIÓNS: As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, e un teléfono de contacto.
As prazas son limitadas por orde de inscrición,  reservade a data e animádevos a participar!!!

   

Xornadas de Requinta

05.01.18

xornadasrequinta web

Que mellor maneira de comezar o ano que cunhas xornadas relacionadas coa nosa cultura tradicional!!
O vindeiro sábado 20 de xaneiro dende a AGG organizamos, grazas ao patrocinio do Concello de Teo, unhas xornadas sobre a Requinta.
Estas xornadas, que naceron coa intención de cubrir a demanda existente por parte d@s nos@s asociad@s e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, serán de balde, previa inscrición.
Ainda estamos pechando o programa, pero permanecede atentos ás novas que en breve publicaremos todos os detalles!!!
INSCRICIÓNS: As inscricións deberán facerse nos teléfonos 986 84 70 74 ou 982 22 99 66 ou enviando un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo indicando nome, apelidos, e un teléfono de contacto.
As prazas son limitadas por orde de inscrición,  reservade a data e animádevos a participar!!!

   

A Rumboia. Novo espazo radiofónico da AGG

29.12.17

rumboiaO vindeiro día 02 de xaneiro estrease openradio.es e a partir do venres 5 de xaneiro, A RUMBOIA, un novo espazo radiofonico adicado a música tradicional e xestionado pola Asociación de Gaiteir@s Galeg@s nesta radio dixital openradio.es e que poderedes escoitar en http://www.openradio.es/rumboia.

   

2ª Edición das xornadas culturais "A Gaita no Mar"

22.11.17

cartaz gaitamar-2017_peqO vindeiro domingo 03 de decembro teremos o placer de celebrar as unha nova edición das Xornadas A Gaita no Mar, coas que queremos recoñecer a gran contribución que fixeron moitos mariñeiros galegos no espallamento polo mundo da nosa música tradicional ao son do noso instrumento mais representativo. Coma en tódolos gremios, no dos mariñeiros tamén había gaiteiros e moi ben considerados polo resto dos seus compañeiros, pois entre a súa equipaxe sempre viaxaba unha gaita. O que estes mariñeiros gaiteiros conseguían coa súa gaita, non só era que os seus compañeiros e eles mesmos desfrutasen da nosa música tradicional naquelas longas viaxes fora do seu fogar, senon que o que estes mariñeiros acadaron foi moito mais, eles levaron a música tradicional galega polo mundo adiante a través do mar, sobre os barcos, entre as redes, aos portos doutras latitudes,… Convertendo ao mar, en algo mais que nunha reserva de peixe, ou nunha ruta comercial.

Foron estas xentes do mar, coas súas tradicións e o seu saber-facer que o cabo dos séculos foi deixando por todo o mundo, pegadas do noso devir, da nosa fala, da nosa cultura e por suposto, da nosa música.

Para coñecer esta realidade máis de preto dende Asociación de Gaiteir@s Galeg@s organizamos o vindeiro sábado 03 de decembro pola maña unha nova edición da Xornada: "A Gaita no Mar", que nesta ocasión terá lugar no Concello de Rianxo.

Estamos pechando o programa, así que estade atentos que en breve publicaremos todos os detalles.

   

Páxina 3 de 22