AGG
ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA AGG
09.04.08
O vindeiro domingo 13 de Abril de 2008 a Asociación de Gaiteiros Galegos clebra, como cada ano, a súa Asemblea Xeral Ordinaria. Esta reunión, á que están citados todas e todos os soci@s desta entidade, terá lugar ás 11:00 horas en primeira convocatoria e ás 11:30 horas en segunda convocatoria. O lugar elixido é a Auditorio da Sede da Fundación Caixa Galicia, situado na Rúa do Vilar 19, en Santiago de Compostela.É importante que tod@s os que formamos parte da asociación asistamos á asemblea para participar activamente deste proxecto que nos une e polo que temos que traballar xuntos.
XIII XANTAR GAITEIRO
31.03.08
O pasado Domingo 30 de Marzo, a Asociación de Gaiteiros Galegos celebrou o seu tradicional encontro na XIII edición do Xantar Gaiteiro. Máis de 150 persoas se deron cita no restaurante do Hotel Jorge I da cidade de Lugo para disfrutar dun bo xantar na compaña de algúns dos máis ilustres mestres da nosa música tradicional. Deste xeito, ao remate da comida, puideronse escoitar as interpretacións de Desiderio Sampaio, César Fernández, Manolo Viqueira, Nela ou O Freixo de As Pontes, quen, con case 90 anos, é un dos gaiteiros de maior idade en activo. Todos eles foron presentados por David Amado, quen puxo a nota de humor cos seus atrevidos monólogos. Grupos como o cuarteto de Marín Picuiña, Os Melidaos, Caivanca, Millo Verde ou Os Viqueiras completaron unha xornada musical que se prolongou ata a noitiña.Podedes ver diversas fotos do evento no seguinte enlace:
Fotos XIII Xantar Gaiteiro
XIII XANTAR GAITEIRO
26.03.08

O vindeiro domingo, 30 de marzo, a Asociación de Gaiteiros Galegos celebra a XIII edición do Xantar Gaiteiro. Será no hotel Jorge I, (carretera de Oviedo, nº 89) , na cidade de Lugo.
Nesta cita, xa habitual dentro das actividades anuais que desenvolve a AGG, non faltara a boa comida e a boa música tradicional da que gostaremos en compaña de numerosos socios, socias, amigos e amigas.
¡Vémonos en Lugo!
Localización do Hotel Jorge I
24.03.08

O obxectivo destas xornadas é o de analizar a casuística fiscal das relacións que se producen entre os promotores de eventos culturais e os artistas musicais, ademais de establecer o marco fiscal e laboral de cada relación.
Dende a AGG cremos que é necesario informar e dar a coñecer dunha forma pedagóxica as diferentes opcións legais, fiscais e contables das que se dispoñen para exercer actividades culturais.
Para asistir a estas xornadas é necesaria unha inscrición previa que deberá realizarse antes do 3 de abril. Esta inscrición é totalmente gratuita.
Tod@s aqueles interesad@s poderán formalizala a través do correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben no teléfono 986 847 074
05.03.08

Esta xuntanza non ten outra finalidade que a de pasar un día agradable en compaña dos que gustamos da música tradicional. Quen así o queira poderá traer o seu instrumento para compartir a súa música co resto de convidados despois do xantar.
O menú consistirá no seguinte:
Cocido: Lacón, cacheira, soá, rabo, carne fresca, chourizo, butelo,
garbanzos, grelos, patacas.
Postre: Filloas con nata e mel, queixo con marmelo.
Auga, Viño da Ribeira Sacra, refrescos, café e chupitos.
Poñerase un servicio de autocar, cun custe de 5 €, dende as principais cidades galegas, a disposición de tódolo/as socio/as que non queiran desprazarse en coche, sempre e cando se enchan unhas prazas mínimas. Todo/as os interesado/as deberán indicar no momento de realizar a inscrición se desexan utilizar este servicio.
Para asistir ao XIII Xantar Gaiteiro, debedes facer a reserva antes do día 24 de Marzo, indicando, se é o caso, o número de acompañantes. A inscrición pódese facer a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben chamando ó teléfono: 986 847 074
Localización do restaurante
XIII XANTAR GAITEIRO EN LUGO
20.02.08

Este ano celebramos a XIII edición deste evento o Domingo 30 de Marzo na cidade de Lugo, por ser un lugar moi apropiado para xantar o cocido galego e aproveitar o entorno para escoitar a algún dos nosos mellores gaiteiros.
Poñerase un servicio de autocar dende as principais cidades galegas, a disposición de tódol@s soci@s que non queiran desprazarse en coche, sempre e cando se enchan unhas prazas mínimas. Todos @s interesad@s poden obter mais información a través do correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben no teléfono 986 847 074.
30.01.08

Ao longo deste ano 2008 a AGG levará a cabo algunhas actividades especialmente deseñadas para conmemorar o seu 20 aniversario. Estas actividades completarán a actividade anual que a AGG ven programando de xeito periódico para a difusión, formación e promoción no eido da música tradicional galega, é de destacar a organización de mostras de artesáns como as de Pontevedra ou Pardiñas (Guitiriz), a edición de libros-cd como O Quiquiriquí ou o Pelogato 24, a realización anual dun Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, edición dun boletín trimestral Aturuxo, a participación no espazo O Recuncho da Palleta dentro do programa Lume na Palleira da Radio Galega, a xestión de unha aula de Zanfona na cidade de Lugo, a organización do Encontro de Tocadores de Trompa na Fonsagrada e do Seminario sobre a Palleta en Melide.
A AGG conta neste momento con máis de 600 asociados e asociadas distribuídas por todas as comarcas galegas e na Galiza exterior. A través dos seus asociados, ten presenza na maior parte das asociacións e colectivos culturais que desenvolven actividades en torno á música tradicional no país. A AGG é a entidade asociativa máis representativa e con maior peso específico no tocante á música tradicional en Galiza ademais de ser a única asociación de ámbito autonómico e cun proxecto de organización con visión de País.
Segundo o presidente da AGG, Santiago Caneiro Aneiros, “é para nos unha responsabilidade facer que todas as persoas que teñan algo que dicir sobre a nosa música tradicional, en todas as súas vertentes, participen activamente na consolidación deste proxecto asociativo”. Con estas declaracións Santiago Caneiro fixo referencia ao empeño que a AGG ten en abrir as súas portas a todos aqueles músicos, artesáns, bailaríns, e demais persoas vencelladas á música tradicional galega.
"PELO GATO 24", O NOVO TRABALLO AUDIOVISUAL DA AGG
07.01.08

O CD de audio consta de 13 cantigas tradicionais para nen@s, que baixo a dirección musical de Paulo Nogueira e Magoia Bodega foron interpretadas por cantantes e músicos do prestixio de Leilía, Fuxan os Ventos, Migallas, Xabier Díaz, Mercedes Arribe, Sonia Lebedynski, Sra. Carmen, Xurxo Souto, César Longa, Begoña Riobó, Pancho Álvarez, Segundo Grandío, Xosé Liz e a charanga "Vai de Baile".
O DVD está formado por un docufilm dirixido por Pablo Carpintero e Gustavo Couto sobre os xogos tradicionais, ademais dun "Como se fixo" e os videoclips e playbacks das cantigas. Se queredes obter mais información, non deixedes de visitar a páxina web www.pelogato24.com
Os socios da AGG xa podedes mercar o voso exemplar do "Pelo Gato 24" a traves da Asociación. O prezo é de 10 € + gastos de envio contra reembolso. Podedes solicitalo a través do correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ben chamando ó número de teléfono 986 847 074. Tamén tedes a opción de mercalo directamente na nosa oficina situada na rúa Alfonso XIII, nº7 en Pontevedra. Lembrade que é unha oferta só para asociados.
14.12.07

Nesta publicación pódese atopar información sobre temas tan interesantes como o ensino do canto tradicional, as perspectivas de futuro do ensino da música tradicional, metodoloxías e espazos para a aprendizaxe do baile tradicional galego, etc.
Todos os participantes no I Congreso recibirán, en breve, unha copia gratuita por correo postal. Os socios da AGG tamén poden solicitar o seu exemplar gratuito no teléfono 986 847 074 e recibilas por correo postal, asumindo os custes de envío, ou ben recollelas no local da nosa oficina situada no seguinte enderezo:
Rúa Alfonso XIII, nº 7 - Oficina 8 (2º andar) - Pontevedra
O horario de atención ó público é de 9 a 14 h. e de 16 a 19h.
Os demais interesados poden adquirilas a un prezo de 10 Euros. Para máis información, poden chamar por teléfono ou mandar un correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
TRABALLANDO NO III CONGRESO DE ENSINANTES
11.12.07
A pasada fin de semana do 7,8 e 9 de decembro tivo lugar o II Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega no Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela. O evento estivo organizado pola Asociación de Gaiteiros Galegos en colaboración ca ASPG e a CIG Ensino, e patrocinado pola Dirección Xeral de Creación de Difusión Cultural da Xunta de Galicia e a Concellería de Cultura do Concello de Santiago. Tamén colaboran as Universidades de A Coruña e Vigo xunto co Auditorio de Galicia.
• D. Xosé Luis Bará Torres – Director Xeral de Creación e Difusión Cultural
• D. Nestor Rego Candamil – Concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais do Concello de Santiago
• D. X. Anxo Varela Centelles – Técnico do departamento de promoción cultural do Xacobeo.
• D. Luciano Fernández Martínez – Membro da Xunta Directiva da ASPG
• D. Anxo Louzao Rodríguez – Secretario Nacional de CIG-Ensino
• D. Santiago Caneiro Aneiros – Presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos

Tamén queremos agradecer publicamente ás institucións que colaboraron para levar adiante este complexo proxecto, ós relatores, participantes en mesas e congresistas, a súa amabilidade e bo facer, que contribuíron a que todo o congreso se desenvolvera nun excelente clima de traballo.
A Asociación de Gaiteiros Galegos pretendeu coa realización deste segundo congreso, promover lazos de coñecemento, recoñecemento e confianza entre os distintos ámbitos educativos da música galega, co obxecto de permitir unha comunicación fluída de experiencias e para, poder pór en marcha iniciativas conxuntas que teñan continuidade no futuro, no que xa estamos a traballar coa preparación do terceiro Congreso.
Páxina 16 de 22