AGG
Grande éxito da inauguración da Casa da Gaita e do Xantar Gaiteiro
29.03.11
O sábado foi inaugurada a Casa da Gaita, o primeiro museo didáctico galego dedicado á gaita de fol, á súa historia, ao seu aprendizaxe tradicional e a un dos grandes gaiteiros da provincia de Pontevedra, D. Ricardo Portela. Na casa da gaita pódense ver numerosas gaitas antigas, así como outros instrumentos musicais que acompañaron á gaita de fol, como tambores, bombos, clarinetes, frautas e requintas cedidos por varios coleccionistas. Tamén conta con moita información sobre o xeito tradicional de aprender a tocar a gaita e sobre a súa historia. Ao acto asisitiron autoridades locais, ademais do presidente da mancomunidade turística Terras de Pontevedra, e directivos da Asociación de Gaiteiros Galegos.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
A TRADESCOLA CONTINUOU HOXE, CON CONCERTOS DIDÁCTICOS PARA ESCOLARES
03.02.11
A TRADESCOLA CONTINUOU HOXE, CON CONCERTOS DIDÁCTICOS PARA ESCOLARES, AS XORNADAS SOBRE A MÚSICA TRADICIONAL GALEGA EN CHANTADA
Os mestres da Tradescola, Xose Lois Romero e Luis Correa “O Caruncho” cautivaron aos alumnos de Chantada amosándolles os instrumentos, a historia e a evolución da música tradicional galega.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Suspéndese o V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional
25.11.10
A Xunta de Galicia negoulle o apoio económico a Asociación de Gaiteiros Galegos para a celebración do Congreso de ensinantes de Música Tradicional que se viña realizando dende os últimos anos
A Asociación de Gaiteiros Galegos, que organizou entre os anos 2006 e 2009 catro edicións do congreso, vese obrigada a suspender a V edición do Congreso de ensinantes de música tradicional por falta de apoio económico. Logo de que a xunta directiva da Asociación de Gaiteiros Galegos mantivese varias reunións con altos cargos do actual goberno galego e co propio conselleiro de cultura, e vendo a total falta de apoio pola súa parte, viuse obrigada a suspender a que sería a V edición do Congreso, que tiña previsto celebrarse os días 3, 4 e 5 de Decembro en Santiago de Compostela.
As distintas edicións do Congreso de ensinantes de música tradicional, que reuniron nas cidades de Santiago e Lugo a preto de 1000 congresistas, convertéronse nun referente único en toda Galiza e no Estado. Nas catro edicións celebradas poideronse escoitar relatorios levados a cabo por importantes investigadores e docentes galegos, ou comunicacións, obradoiros prácticos e mesas redondas onde se debateron temas relacionados coa música tradicional. En todas as edicións prácticamente se completou o aforo de prazas, o que demostra o grande interese suscitado polos debates, obradoiros e relatorios que se programaron así como polas propostas que xurdiron das distintas exposicións, que deron a posibilidade a todos os asistentes de acceder aos recursos e coñecementos necesarios para cumprir coa súa función docente ou divulgadora no marco do sistema educativo galego.
A TRADESCOLA INICIOU O NOVO CURSO 2010/2011 CON PRETO DE DOUSCENTOS ALUMNOS MATRICULADOS
08.11.10
O mércores 13 de outubro comezou un novo curso da TRADESCOLA, o
A TRADESCOLA ABRE O PERÍODO DE RESERVA DE PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO 2010-2011
13.05.10
A partir de hoxe está aberto o período de reserva de prazas na TRADESCOLA, o centro de ensino da música e do baile tradicional xestionado pola Asociación de Gaiteiros Galegos.
Este centro, situado na cidade de Lugo, é un centro de formación cunha proposta educativa destinada a que o alumnado adquira unha formación integral na música e no baile tradicional.
A TRADESCOLA conta actualmente con 200 alumnos matriculados e con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación.
Os mestres e mestras implicados neste proxecto educativo son: Bruno Villamor, Emilio Mesias, Luis Correa “ O Caruncho”, Xerardo Quintela, Montse Rivera, Pedro David Lamas, Begoña Lorenzo, Xela Conde, e Xose Lois Romero Cajigal. Todos eles son recoñecidos profesionais e contan cun dilatado curriculo, como músicos e como docentes, no eido da música tradicional galega.
A reserva de prazas na Tradescola permanecerá aberta ata o día 15 de xuño.
Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira Nº 4- Lugo), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Na escola poden inscribirse persoas de tódalas idades (nenos a partir de 7 anos), para niveles de iniciación ou perfeccionamento.
CELEBRACIÓN DO XV XANTAR GAITEIRO EN LALÍN
12.04.10
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos reuniu a moitos dos seus soci@s e persoas amantes da música tradicional galega no Xantar Gaiteiro. O lugar escollido para a celebración desta XV edición foi a cidade de Lalín, concretamente o restaurante Agarimo, onde os asistentes disfrutaron dun menú consistente en cocido galego e postres tradicionais, e todo acompañado da mellor música tradicional.
O Xantar Gaiteiro é un encontro anual, organizado pola AGG, que vai pola súa 15ª edición e que cada ano se materializa nunha cidade ou vila, tratando de achegar esta celebración a todos os puntos da xeografía galega.
Dende a AGG pénsase que é importante manter xuntanzas como o Xantar Gaiteiro que serven para poñer en contacto ás persoas que, dende distintos puntos do país, traballan co obxectivo común de espallar e conservar a música tradicional.
CONCERTO DIDÁCTICO DA TRADESCOLA EN MONDOÑEDO
09.12.09
A Casa da Xuventude de Mondoñedo acolleu a primeira parte das actividades que A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, desenvolverá estos días na vila. Durante máis de unha hora Bruno Villamor e Emilio Mesías fixeron un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos cautivando aos case 100 alumnos de primaria que asistiron ao concerto.
Cunha gran acollida, por parte do numeroso público asistente, estes dous mestres da Tradescola amosaron os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.
Estas xornadas, que se iniciaron hoxe na Casa da Xuventude de Mondoñedo cun concerto didáctico adicado a escolares, continuarán o día 13 tamén na Casa da Xuventude con un curso de gaita que estará guiado por Bruno Villamor e Emilio Mesias, dous mestres de reconocido prestixio no eido da música tradicional. O curso de gaita, con obradoiros de iniciación e perfeccionamento, iniciarase ás 11.00 h. e rematará ás 20.00 h.
Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
PRESENTACIÓN DAS XORNADAS DE MÚSICA TRADICIONAL ORGANIZADAS POLA TRADESCOLA
04.12.09
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, presentou hoxe as xornadas de música tradicional que está a organizar para os vindeiros días 9 e13 de Decembro en Mondoñedo. Á presentación das xornadas, que tivo lugar na Casa do Concello de Mondoñedo, asistiron o delegado da Área de Cultura da Deputación, Antonio Veiga, o alcalde de Mondoñedo, Orlando González e Mónica Fernández, coordinadora da Tradescola.
A Tradescola ten como obxectivo ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.
Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
XORNADAS DE MÚSICA TRADICIONAL DA TRADESCOLA EN MONDOÑEDO
02.12.09
A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Mondoñedo.
Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.
O vindeiro día 9 de Decembro, ás 11.00 h. terá lugar na casa da Xuventude de Mondoñedo un concerto didáctico adicado aos mais pequenos no que se fará un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos dous séculos. Neste concerto amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.
A maiores do concerto didáctico, o día 13 de Decembro a Tradescola organiza unha xornada adicada ó aprendizaxe da gaita.
Esta xornada, na que se impartirán varios obradoiros, estará guiada por dous profesores da Tradescola, Emilio Mesías e Bruno Villamor. Nesta xornada, que terá lugar na casa da Xuventude de Mondoñedo, poderemos disfrutar de obradoiros de iniciación e perfeccionamento de Gaita durante todo o día.
Para recibir máis información ou para facer as inscricións poden chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Valoracións IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega
20.11.09
Os asistentes do IV Congreso de Ensinantes de Música Tradicional Galega, a través da enquisa de avaliación da actividade que se lles entregou, valoraron moi positivamente o desenvolvemento destas actividades, destacando sobre todo metodoloxía empregada e os contidos dos distintos relatorios e obradoiros polo seu interese para empregalos nas aulas.O IV Congreso de Ensinantes volveu a incidir na necesidade de transmitir os coñecementos e o respecto pola nosa cultura tradicional aos máis novos, e neste punto toca, inevitablemente, pasar polo ensino obrigatorio en infantil, primaria e secundaria. Moitos dos relatorios e obradoiros estaban claramente enfocados a mestres e mestras que desenvolven a súa labor neste campo, tentando conciencialos da necesidade de tratar o tema da música tradicional na escola como clave para a súa supervivencia e como medio máis eficaz de educación, como debe ser a propia cultura.
Tratáronse temáticas moi diversas, dende iniciativas para salvagardar e poñer en valor o Patrimonio Cultural Inmaterial Galego no sistema educativo, a situación actual do ensino da música tradicional, o Patrimonio lúdico galego, o baile tradicional, novos estudios e métodos de baile e gaita, materiais didácticos, obradoiros prácticos de baile, experiencias musicais na escola...
En xeral gustaron moito as actividades prácticas, como son os obradoiros, que dan aos mestres liñas de actuación na escola e ideas de como levar a cabo o que se di no congreso. Ditos mestres e mestras seguen a reclamar materiais relacionados coa nosa tradición, un punto vital no que a Asociación de Gaiteiros pon o seu esforzo.
Páxina 11 de 22