Festivais, Foliadas, Romarías
O Incio acolle a IX edición do Festival Terra Brava
18.08.11
Habelas Hainas, Quadrilha e Güintervan poñeran a música dende o escenario mentres que PelePau e Arandela animaran as rúas.
Xa está todo preparado para a celebración da IX edición do Festival Terra Brava que terá lugar o vindeiro domingo 21 de agosto. Unha cita na que a música tradicional, os xogos populares, os contos de sobremesa e as propostas musicais máis innovadoras, reúnen nunha mesma carballeira a xentes de tódalas idades e condición.
As actividades comezarán pola mañá coa sorprendente proposta do grupo de percusión galega PelePau e os gaiteiros do Incio Arandela que farán un percorrido pola vila e animarán os instantes previos ao xantar que se celebra cada ano no mesmo recinto que o festival. A sobremesa tamén estará animada por estes grupos e os músicos espontáneos que queiran sumarse á festa.
Xa pola tarde,
Moeche revive o asalto irmandiño ao castelo
18.08.11
O tradicional festival folk arranca mañá, aínda que o espectáculo de luces e os concertos serán o sábado.
A bisbarra ten este fin de semana unha cita ineludible no municipio de Moeche, o tradicional asalto irmandiño ao castelo. As actividades empezarán xa mañá, venres, aínda que o momento álxido da celebración haberá de esperar á media noite do sábado. Como novidade nesta edición, e xa van trinta e dous, ademais dos habituais lumes de artificio e iluminación, realizaranse unhas innovadoras proxeccións lumínicas sobre os muros de pedra da fortaleza. Faranse tres sesións. O pregón, nesta ocasión, correrá a cargo dos rapaces dun grupo de teatro de Moeche, que darán o pistoletazo de saída.
Limagoia arroupará coas súas pandeiretas a Seivane na Noite Folk de Negreira
17.08.11
Todo está listo en Negreira para o sábado e o seu Noite Folk, que protagonizará no refuxio de pescadores de Covas a coñecida gaiteira Susana Seivane, quen estará arroupada no escenario polo grupo negreirés de pandereteiras Limagoia.
Limagoia está integrado por Paula Liñares, Sonia Nieto, Elsa Grille, Sonia Forján e Silvia Fadeville, catro mozas que levan xuntas dende pequenas e que acumulan quince anos de traxectoria na música tradicional galega, sempre baixo a batuta protectora de Felisa Segade, unha histórica integrante do grupo Leilía.
Máis de 250 músicos actuarán na Festa do Gaiteiro en Soutelo
17.08.11
A localidade agarda máis de 5.000 persoas o vindeiro venres e sábado
O auditorio de Soutelo de Montes acolleu onte pola mañá a presentación da trixésimo segunda edición da Festa do Gaiteiro, que se celebrará esta fin de semana, días 19 e 20, na localidade. O alcalde do municipio forcaricense, David Raposeiras, anunciou que este ano participarán máis de douscentos cincuenta músicos, entre os que destacan gaiteiros de toda a comunidade galega, e que se espera a asistencia de máis de cinco mil personas.
Festival Inter Céltico d'Occidente
17.08.11
O Festival Inter Céltico d'Occidente (FIDO) é «un dos eventos máis importantes que hai en Tapia e o Occidente de Asturias». Así describiu onte o alcalde tapiego, Manuel Jesús González, o popular certame de música folk que entre os días 16 e 21 celebrará a súa décimo quinta edición, que este ano congregará cinco bandas de gaitas e nove grupos folks procedentes tanto de Asturias e Galicia coma de Escocia, Burdeos ou Irlanda.
Festa Folk na Fin do Camiño
16.08.11
O vindeiro 20 de agosto terá lugar unha nova edición da Festa na Fin do Camiño, un festival coa mellor música do país e que este ano ten coma prato forte a volta nos palcos dun dos grupos máis sobranceiros nas últimas décadas do panorama musical galego, Os Cempés, co trio fundacional (Antón Varela, Oscar Fernández e Serxio Cés aos que se suman Fernando Barroso -cordas-, Fernando Dopico -percusións- e Pablo Dalama -ventos). Acompañándoos estarán os Mordecans, a Requinta da Laxeira e The Crass. Todo a partires das 22 horas. De mañán haberá degustación gastronómica e pasarrúas. Todo isto na aldea da Anchoa (Fisterra).
XI Festa do Demo
12.08.11
Nova edición da Festa do Demo, na que este e o seu séquito volverán facer burlas, xogos e travesuras aos viandantes que se encontren ao seu paso.Durante o percorrido, o demo tratará de atrapar as almas de todos os que vexa para levalas con el ao inferno. Pola contra, tanto nen@s coma maiores poderán vingarse do demo intentando arrancarlle o seu rabo co cal conseguirán unha pequena sorpresa.
Dirixido a todos os públicos
Cando e Onde:
Casco histórico de Pontevedra
Martes 23 de Agosto
12.30 - Saida do Demo e do seu séquito dos Arcos de San Bartolomeu para percorrer as rúas e prazas do centro histórico
20.00 - A Comitiva do Demo volve percorrer a cidade facendo burlas, xogos e trasnadas.
21.30 - Foliada do demo con: Atalúns, Zurumalla e os Chichisos
www.pontevedra.euNoite da Lua Meiga 2011
12.08.11
A Noite da Lúa Meiga preséntase coma a unión de tradición e cultura; coma a explosión do que se leva a facer en Galicia dende hai séculos representado nun enclave especialmente seleccionado para tal evento.
Así, a finais de agosto no Monte Outeiro Grande (O Viso - Redondela), un lugar cheo de encanto, ten lugar esta Noite de Lúa Meiga, traducida nunha velada marabillosa para tódolos amantes da cultura e tradición galegas.
A X Noite da Lúa Meiga comezará na noitiña do sábado 27 de agosto de 2011 cun concerto onde se representará o máis festeiro da música tradicional da nosa terra.
O Festival Inter Céltico atraerá varios miles de persoas a Tapia
12.08.11
O décimo quinto Festival Inter Céltico D'Occidente atraerá miles de persoas a Tapia do 16 ao 21 de agosto. Durante os seis días que dura o encontro desenvolveranse numerosos actos lúdicos e culturais. A música manda, pero tamén o mercado medieval, as exposicións, as charlas, as presentacións literarias, os talleres (de percusión e danza galega, etnografía, frauta travesera, gaita irlandesa, danza bretoa, acordeón, etcétera) ou a terceira edición das xornadas Culturlingua.
Festival dos abrazos
11.08.11
Compostela repite outro ano máis o Festival dos Abrazos, unha proposta creativa que pretende revivir os espazos máis emblemáticos e, á vez, menos coñecidos da cidade a través de espectáculos de maxia, cine, teatro, música ou danza.
O programa de actividades, que inclúe máis de 60, levarase a cabo durante case todo o mes de agosto, entre o próximo luns 8 e o 27. As prazas e rúas compostelás acollerán propostas culturais que van dende o circo, música clásica, performance dixital ou ritmos brasileiros.
Páxina 10 de 29