Festivais, Foliadas, Romarías
Luar na Lubre, nas festas patronais de Ribeira
12.09.11
Onte domingo e hoxe luns celébranse as “festas pequenas” en Ribeira. Son as patronais pero non teñen a forza (nin o orzamento, todo hai que dicilo) das Festas do Verán que teñen lugar a principios de agosto, nin da Dorna (en xullo). Con todo, o día 12 de setembro é festivo local en Ribeira (Santa Uxía) e sempre trae consigo actos festivos.
Durante estes dous días haberá pasarrúas, xogos populares, maxia, xogos infantís, un concerto de DJs no Malecón, o Festival de Danza Mariñeira, actos relixiosos e a actuación do grupo folk LUAR NA LUBRE na Praza de España (Rueiro). Con esta celebración pónselle punto final ao calendario festeiro na capital do Barbanza.
Foliada tradicional Fervenza de Músicas de Ouzande
09.09.11
O campo de festas da localidade de Ouzande (A Estrada) acollerá hoxe a partir das 21.30 horas a cuarta edición da foliada tradicional Fervenza de Músicas, que deu continuidade ao desaparecido festival Músicas dá Terra.
Actuarán os grupos Retrouso (Ouzande), Os Xeitosos de Trazo, Gharatuzas (Santiago), Reviravolta (Ou Piñeiro) e Faíscas dá Pontagra (Tordoia).
O campo estará cuberto cunha carpa para asegurar a celebración en caso de mal tempo. Haberá servizo de polbo e churrasco e de bar. Organiza a asociación A Fervenza.
http://www.youtube.com/user/afervenzadeouzande
http://gl-es.facebook.com/people/A-Fervenza-de-Ouzande/1431495099
Festas de Donramiro (Lalín)
09.09.11
Na horna da señora de Montserrat, patroa da Parroquia de Donramiro (Lalín), celebraranse as Festas do Monserrat 2011 esta fin de semana do 10 -11 e 12 de septembro.
Programación:
Sábado día 10
-Xantares de Carballeira (A comisión porá mesas na carballeira)
-Gaiteiros " Os trasnos"
-Linho do Cuco
-Tiruleque
-Bongar (Olinda - Brasil, música pernambucana)
Domingo día 11
Festival Catalmibre Tradicional
07.09.11
O vindeiro sabado 17 de setembro celebrarase o festival "CATALMIBRE TRADICIONAL" no paseo maritimo do Burgo, Culleredo (fronte o "Haley"). A partir das 13 horas actuarán tres grupos A.C.A GANDAINA (Palmeira),banda de gaites GÜESTIA (Asturias) e os anfitrións "CATALMIBRE TRADICIONAL" e RAUL GALEGO o gaiteiro nubeiro. E haberá romería toda a tarde
Pero o rematar seguirá toda a tarde de romeria. Asi que se pode levar o xantar pra comer todos xuntos pero de todalas maneiras haberá churrasco, empanada... cervexa viño, licor café... e todo a precios de aqui super-reducidos.
IV Foliada de música tradicional en Ouzande
07.09.11
FERVENZA DE MÚSICAS. IV FOLIADA DE MÚSICA TRADICIONAL EN OUZANDE, A ESTRADA
A partir das 21:30 da noite do 9 de setembro de 2011 no Campo da Festa de Ouzande, A Estrada.
Compartiremos festa cos grupos:
Retrouso (Ouzande)
Os Xeitosos de Trazo
Gharatuzas (Santiago)
Reviravolta (O Pino)
Faíscas da Pontraga (Tordoia)
Quempallou e Anxo Lorenzo actuarán na Festa do Avante 2011
01.09.11
Dúas son as propostas artísticas que cheguan dende Galicia á 35ª edición da Festa do Avante, que cada ano se leva a cabo en Seixal, moi preto da capital de Portugal. Anxo Lorenzo e Quempallou ofrecerán a súa música en directo o vindeiro 3 de Setembro, dentro dunha vasta e variada programación que cada ano congrega a milleiros de visitantes no que xa é un festival de referencia no país luso.
Son d´Aldea en Santiago de Alba (Palas de Rei)
31.08.11
PROGRAMA
10:00 Recepción
10:30 Roteiro Teatral: O monte, o lavadoiro,
o forno, a lareira, a escola e o tundal.
14:30 Xantar na aldea con Maria Castaña
16:30 Sega/Malla
19:00 Romaría
Agrupación Musical Buxaina
Concerto de Música Folk:
A QENLLA
O bairro do C.S O Pichel está de festas!!
30.08.11
O PROGRAMA:
día 31 de agosto
19:30 obradoiro de farois
praciña da fonte da rúa de abaixo
día 1 de setembro
20:30 lembrando o barrio: os oficios
praciña da fonte da rúa de abaixo ou, se chove, no café bar leis
día 2 de setembro
20:30 ruada musical
21:00 inicio da festa e discurso de benvida a cargo de xose gonzález ares
premio ao farol máis bonito
23:00 astronomía na beirarrúa (imos ver as estrelas!)
21:30 espectáculo musical:
XXX Aniversario do Monolito Pondaliano
30.08.11
Programa Completo
Domingo, 28 agosto. A partir das 12 da mañá: pasarrúas a cargo do grupo Os Terribles de Donas e reparto de tríptico.
Luns, 29 agosto. Pola mañá. No Centro Cultural de Ponteceso: Exposicion “Terra de Bergantiños” e “Bibliografía dos escritor@s pontecesáns”. Na Fundación Ricardo Pérez Verdes: Exposición e exhibición de xogos tradicionais. Nas librerías A Pesqueira e A Tenda dos Libros: Exposición e venda de libros de autor@s pontecesáns. Pola tarde. Na sede da Asociación Coto de Almerezo (Campo da Feira da Trabe): Presentación do libro Comarca natural de Bergantiños e sesión gastronómica de xabarín.
XV Festival Folclórico Baíña
29.08.11
A A. F Airiños da Lagoa en colaboración co Concello de Baiona organizan a XV edición do Festival Folclórico Baíña.
Terá lugar o vindeiro 3 de setembro na Praza do Concello de Baiona ás 22h.
Nesta ocasión os grupos participantes serán:
- Rebulir (Ramirás - Ourense)
- Fitoria (Uvieu - Asturies)
- Urdaibai Dantza Taldea (Forua - Bizkaia)
- Airiños da Lagoa (Baíña - Baiona)
Páxina 8 de 29