Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías

Festivais, Foliadas, Romarías

31 Noites de Tasca en Sigüeiro

28.11.11

31 noite de tascaO vindeiro venres 2 de decembro na cafetería Che en Sigüeiro, terá lugar a 31 edición de Noites de Tasca.

A partir das 22 horas, contarán coa presenza do dúo de zanfonas "Sobre Rodas" e despois Foliada!

   

Festival de Cantareiras en Ferrol

18.11.11

festival cantareiras

O vindeiro sábado 19 de Novembro ás 20h celebrarase no salón de actos do C. C Carvalho Calero de Ferrol o Festival de Cantareiras.

Contarán coa presenza de:

A. C.  A Marola (Mera, Oleiros)

Cuarteto A. F. C. Terra Meiga (Ferrol)

Honreiras A.  C. Buxainas (Cedeira)

   

Festa do Outono en Couso

03.11.11

E con esta van 10, bonita festa, en couso, o 5 de novembro.

Quen queira tocar, cantar ou bailar, ou todas estas cousas ... pode

   

II Fuliada de Outono

28.10.11

O 29 de outubro a partir das 22:30 h no antigo matadoiro de Betanzos a A.C. A Fuliada Betanzos celebra a II Fuliada de Outono.

Esperámoste!

   

IV Foliada de Sada

26.10.11

O 31 de outubro ás 20:00 h na Praza Irmáns Suarez Picallo celébrase a IV Foliada de Sada que organiza a A.C. Queiroa. Ás 18:00 h haberá unha Foliada Infantil.

Tamén se celebrara o:

II CONCURSO DE BAILE TRADICIONAL POR PARELLAS

BASES DE PARTICIPACIÓN

1. O concurso terá lugar entre as 21:00h e as 24:00h do día 31 de outubro de 2011, na carpa situada na praza Irmáns Suárez Picallo (Sada - A Coruña), con motivo da IV Foliada de Sada.

2. A participación no concurso requirirá

   

Festival Grelo Folc de Monfero

18.10.11

“Reivindicar a figura de Lois Pereiro, o seu compromiso poético e vital, pero facelo dun xeito festivo e intenso, salientando esa paixón que puxo en todo o que fixo na súa breve vida”. Así presenta Xoán Manuel Castro, da asociación O Abordelo, unha nova edición do Festival Grelo Folc que o próximo sábado 22 se celebra á beira do mosteiro de Monfero. Un ano máis a cita é gratuíta e polo seu escenario poderán verse unha mestura de homenaxe punk a Pereiro, unha orquestra popular do estilo dos anos 20 ou un folc máis festivo. Todo baixo unha gran carpa próxima a unha zona de acampada habilitada pola organización.
Así, aínda que xa haberá actividade a partir das 19.00 horas, os concertos comezarán ás 22.00.

   

Espazo Activo da Ulla

17.10.11

O 22 de outubro celébrase o Espazo Activo da Ulla 2011 no campo da festa coa seguinte programación:

17:30 h "PASA BODEGHAS"
(Ruta por 7 adegas....en trator. Pode acudir quen queira degustar viños da Ulla e pasar unha tarde de festa rachada.)
Coa participación dos grupos: As Sobreiras do Ulla, Regatos de Matamulleres, O Ghusto do boi, A Ferreña Furtiva, Vouvirvorver, Os Muiñeiros do Sarela, Estalotes, Tabernícolas, Os Esfolladores de ...Illobre, Vai de Roda, Trompicallos, Reviravolta, Devotos do folclore, Os ke hai, A Requinta da Laxeira....e os grupos que queiran vir....
- Xogos populares
- Estará á venda o "Pack pasa bodeghas", inclúe: un xerro e degustación de viño e pinchos nas 7 adegas. Prezo: 5€

   

Circuito de Cantos Tabernarios en Mondoñedo

13.10.11

O alumnado e profesorado da Escola Livre da Mpg e todos aqueles músicos galegos que quixeren tán convidados ao Circuito de cantos tabernarios o vindeiro sábado 15 de outubro na Feira de S.Lucas en Mondoñedo. Tendo como anfitrións de excepción á Asociación Cultural Gaita Escola de Masma, dinamizadores musicais da comarca e sensibeis ao Mondoñedo "terra de cregos e nobres de músicos e poetas " como decia a canción de Moncho Garcia do desaparecido e memorável grupo "Nós" dos anos 80. A taberna da Galiana, a taberna de Póngalas eran lugares fitícios ou non, transitáveis ou non no realismo máxico de Cunqueiro. En homenaxe ao seu amor tabernario e copleiro facemos este circuito, a él compositor de coplas e romances para cegos e charangas de carnaval, o Sr. Alvaro era bon coñecedor da música popular e do seu poder social.

   

XIII Mostra de Música Tradicional do Domingo das Mozas

02.10.11

O vindeiro 9 de outubro - Domingo das Mozas, dentro da programación do San Froilán, Lugo volverá a acoller a XIII edición da Mostra de Música Tradicional. Despois do parón dos últimos anos, a Asociación de Gaiteiros Galegos retoma a organización desta mostra grazas ao interese en colaboración da Concellería de Cultura, Turimos e Promoción da Lingua.

Durante os anos en que a AGG colaborou co concello na organización desta mostra, Lugo foi referencia en toda Galicia, pois demostrou que a nosa música tradicional pode ser a protagonista da festa na rúa. A mostra acadou unha grande acollida entre a xente e así, Lugo converteuse nun modelo para a integración da música tradicional  nas festas patronais das grandes vilas galegas.

Un total de 13 formacións de todo o país (Gaiteiros Froito Novo, Alvariza, Tinta Femia, Faíscas de Solobeira, Picuíña, Ludovaina, Millo Verde, Abertal, Arume, Abelente, Xarín, Saíñas e Cantareiras de Alende) participarán na mostra con actuacións en todas as entradas do casco vello da cidade, así como nas rúas e prazas máis significativas estando en contacto directo cos espectadores e recollendo as máximas representacións do que é a música tradicional (grupos de gaiteiros, cantareiras, charangas...) e  xa pola tarde terán lugar as actuacións en escenario, na Praza de Santa María, cos grupos TNT (Tanto Nos Ten) e Tino Baz.

www.sanfroilan.info

   

O San Froilán será o maior "festival de música galega do ano"

19.09.11

Máis de 15 grupos galegos de primeiro nivel converterán o San Froilán no maior Festival de música galega deste ano en Galiza. O tenente alcalde e responsable de Cultura, o nacionalista Antón Bao, destacou esta mañá en rolda de prensa que isto supón un cambio importante na concepción das festas con respecto aos anos anteriores ao “devolverlle ao San Froilán o seu carácter de escaparate da música galega e dos músicos galegos”.

Bao dixo que con este protagonismo dos grupos galegos nas festas deste ano preténdese dende o Concello “axudar á valoración dos grupos galegos dentro do propio país, porque en moitas ocasións teñen máis recoñecemento fóra que na propia Galiza”. Na selección de grupos que virán ao San Froilán e que tocarán nos distintos escenarios do día 4 ao 12 de outubro “hai tanto grupos consagrados como novas apostas”, detallou Bao. Moitos deles virán a Lugo a presentar novo disco. Haberá ademais grupos de todos os xéneros e estilos tocando pola rúa todos os días das festas.

   

Páxina 7 de 29