Festivais, Foliadas, Romarías
I Foliada da Vila - Cedeira
23.10.12
O vindeiro día 3 de Novembro na Praza da Marieta (Cedeira - A Coruña) terá lugar a I Foliada da Vila ás 20.30 horas.
Actuación de Troula de Ortegal e concertos de No Cómbaro e Os Rebentafoles
Castañas pinchos e bebidas a prezos populares!!!
Organiza:Buxainas
Colabora: Amigos de Samain
Non faltedes!!!
ESPAZO ACTIVO DA ULLA
19.10.12
Os vindeiros 27 e 28 de Outubro terá lugar o Espazo Activo da Ulla, en San Miguel de Sarandón- Vedra organizado pola Asociación Cultural San Campio - A requinta da Laxeira.
Haberá "pasabodeghas", xogos populares, cabezudos, títeres, exposicións, concertos, magosto, foliada e moito máis!!! Non faltedes!!
XIX MOSTRA DE INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL - PARDIÑAS 2012
30.07.12
Un ano máis, a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG) estará no
17.00h – Apertura da Mostra
17.30h – Pregón a cargo de Xosé Quintas Canella
18.00h – Demostración práctica de construcción de palletas - Jaime Pena
19.00h – Actuación de “Brisas de Tomiño”
20.15h - Obradoiro de Treboada - Oli Xiraldez.
20.45h a 21.30 h – Escenario libre para músicos espontáneos
Domingo día 5
11.30h – Apertura da Mostra.
12.30h – Presentación de Son do Fol e sinatura de exemplares - Xaime Estévez
17.00h – Demostración práctica de construcción de palletas – Jaime Pena
18.00h – Obradoiro de Baile tradicional – Miguel Souto
19.00h – Actuación do Grupo Leirabuxo
Serán de Herville
24.07.12
A A.C.S. De Herville organiza o Serán de Herville o vindeiro venres 27 de Xullo de 2012 a partir das 22.00 horas no local da A.C.S. De Herville ( Herville - Cela - Mos ( a 1 Km. do alto de San Cosme))
Romaría XXV Aniversario A. C. D. Garrulaxe
18.07.12
O vindeiro 21 de Xullo de 2012 a A. C. D. Garrulaxe - Cecebre - Cambre, celebrará o seu XXV Aniversario cunha Romaría no Campo da Balastreira, preto do local social. Con este evento queren gratificar o esforzo das anteriores xuntas directivas, premiar a fidelidade dos soci@s e homenaxear aos socios fundadores ausentes, ademais de ofrecer unha xornada lúdica e de entretemento a todos os asistentes.
Máis información:http://www.garrulaxe.org/tripticodoble.jpg
A ASOCIACIÓN CULTURAL “CÁNTIGAS E FRORES” DE LUGO CELEBRA MAÑÁ O FESTIVAL DE FIN DE CURSO
27.06.12
O festival de fin de curso da Asociación Cultural Cántigas e Frores terá lugar mañá xoves día 28 de xuño ás 20.00 h. na Praza Maior de Lugo, e contará coas actuacións das escolas de baile, gaita, percusión, canto tradicional e acordeón, así como dos grupos de baile, cantareiras/os e a banda de gaitas da asociación.
No festival, ademais da participación de todas as escolas da asociación, tamén actuarán os grupos de baile, cantareiras/os e a banda de gaitas da asociación. No festival actuarán máis de 200 alumnos que demostrarán todo o aprendido ao longo do curso. As escolas da Asociación cultural Cántigas e Frores están formadas por alumnos de idades comprendidas entre os 4 e os 70 anos, todos eles unidos por unha mesma afición, a paixón pola música e o baile tradicional. A Asociación Cultural “Cantigas e Frores” sempre estivo e está vencellada á dinamización da vida cultural lucense e dende a mesma pénsase que festivais como este serven para difundir, promocionar e fomentar a Cultura Tradicional Galega, facendo que os sons dos nosos instrumentos tradicionais sexan habituais na cidade lucense.
O Festival de Ortigueira atrasa as súas datas
18.06.12
Coa intención de recuperar público universitario, logo da caída do pasado ano por coincidir con exames, o Festival de Ortigueira muda as súas datas. Será entre o 12 e o 15 de xullo cando a vila acolla este evento, que conta nesta xeira con bandas coma Oban pipe band (Escocia), Crema de gaita (Galicia), The Rua Macmillan band (Escocia), Electric céilí (Irlanda), Bagad Glazik Kemper (Bretaña), Stolen Notes (Andalucía), Escola de gaitas de Ortigueira (Galicia), Blazin' fiddles (Irlanda) ou Jamie's Smith Mabon (Gales) entre outras.
No escenario Runas, para grupos noveis, poderán verse o 12 de xuño o traballo de Avelaíña (Galicia), Rastrexos Project (Galicia), Alén de Ancos (Galicia) e mais os xaponeses Harmonica creams.
www.culturagalega.org/mega/noticia.php?id=21072
Seráns do Sarela (Compostela)
10.04.12
Xoves 12 de abril (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
“Seráns en Compostela agora no Sarela!”
Vide celebrar a chegada da primavera e da choiva no serán!
Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro de iniciación ao baile
22h30 . O Ghusto do Boi
23h15 . Tumba e Dálle
24h00 . O Fiadeiro
01h00 . Foliada até que o corpo aguante!
Máis información
www.seransencompostela.org
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
Serán de Beirán 2012 (Matamá)
10.04.12
O vindeiro venres 13 de abril en Matamá (onde a gasolineira de Valadares)celebrarase o Serán de Beirán 2012
Romeria do Lanzo da Cruz
30.03.12
Os días 8 e 9 de abril terá lugar a tradicional romería do Lanzo da Cruz. Este ano proxectarán o documental realizado sobre a romería e esta proxección será o domingo á noite, día no que non faltará a queimada gratis como todos os anos.
Aquí está o programa detallado.
Domingo 8
Luns 9
- Brisas de Tomiño
- Terribles de Donas
Páxina 4 de 29