Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías

Festivais, Foliadas, Romarías

Longa noite de foliada en Cerqueda

23.03.15

foliada cerqueda 1A cita anual para os foliadeiros en Cerqueda superou nesta ocasión as previsións da organización, con máis de 20 grupos no cartaz para a noite do sábado. E o serán foi longo, ata altas horas. Empezaron os máis pequenos coa Foliadiña, a media tarde, e as Pandereteiras de Raigañas, as que promoven a ruada cada ano, co acordeonista Pazos de Merexo, marcaron o arranque dunha noite de música, chea de maneos, muiñeiras, xotas e pasodobles. Coas actuacións de Radio Cos e Fol de Veneno, pasaron polo escenario numerosos grupos de Bergantiños pero tamén de fóra da comarca e máis de mil persoas asistiron á carpa da festa. Dende Xornes, Malpica e Seaia ata Carballo, Verdillo, Vimianzo, Arteixo ou A Coruña. Nenos e maiores compartiron filas improvisadas ao son de grupos dos máis pequenos e adultos, en forma de cuartetos, bandas e grupos de pandereteir@s. As Escolas das Pozacas reuniron a Raigañas, Arume, Xacarandaina, Trubisquiña, Sarabia, Malante, Carcaxía ou San Xulián, entroutras asociacións. No vídeo, un momento da foliada:

Ver video

http://www.folkgalicia.com/

   

53ª NOITE DE TASCA

30.12.14

especial noite de tasca-xaneiro53ª  NOITE DE TASCA
VENRES 2 de xaneiro, a partir das 21:30 h  no bar CALVIÑO
(Rúa do Emigrante, nº 8, na Pontepedra-Tordoia(A Coruña))

ESPECIAL CANTOS DE REIS;
ACTUARÁN OS GRUPOS:

Cantares dos Pendellos

Pandereteiras As Beiras Do Cambre

A.C. Folque- Ruada

Pandereteiras das Encrobas

Sarillo de Aiazo

Non faltedes!!

 

   

Xacarandaina celebra o II Festival solidario de Nadal

19.12.14

festival xacarandainaXACARANDAINA CELEBRA O II FESTIVAL SOLIDARIO DE NADAL
Tras o éxito do I Festival Solidario celebrado o 23 de decembro de 2013, a Asociación Cultural Xacarandaina organiza o II Festival Solidario de Nadal a favor do Banco de Alimentos da Coruña, o sábado 27 de Nadal ás 18:00 horas no Centro Ágora da Coruña.
Neste acto actuarán os grupos infantís e xuvenís de baile, pandeireta e gaita da Asociación. Os grupos que aínda non tiveron tempo suficiente para compoñer os seus bailes ou pezas actuarán de igual xeito, participando no canto da panxoliña de nadal ao final do evento.
Ademais da actuación dos grupos da Asociación Cultural Xacarandaina, o Festival contará, como invitados, a A .C. e D. A Meda e a A. X. Xiradela, así como a actuación especial do GMBT Xacarandaina dirixido por Henrique Peón.
Panxoliña “Muxicas do ceo”, Muxicas, interpretada por todos os participantes (10 min)
O Festival dará comezo ás 18:00 no que participarán todas as alumnas e alumnos da Asociación de 3 a 18 anos. As actuacións estarán repartidas entre grupos de baile, pandeireta e gaita, e no medio destas representacións actuarán os grupos invitados de A Meda e Xiradela. Para finalizar

   

IX FIR. Festival Internacional Rebulir 2014

15.12.14

festival rebulir 2014A Asociación Cultural Rebulir, Escola de Baile e Música Tradicional, celebra o seu IX Festival Internacional Rebulir 2014.

Este ano os colectivos participantes chegarán de:

GALICIA:
- Colectivo Rebulir (Ramirás - Ourense)
- Escola Xirondiña (Pontedeva - Ourense)
- A Pontevella (Teo - A Coruña)

CASTELA E LEÓN:
Aires de AListe (Zamora)

ARAGÓN:
Grupo Xinglar (Zaragoza)

PORTUGAL:
G.F. de Corroios (Setubal)

SENEGAL:
Ballet Jammu (Dakar)

COLABORACIÓN MUSICAL:
Grupo folk Puntada sen Fío

- Padriño 2014: Xose M. Piñeiro (Superpiñeiro)
- Presentador da Gala central: Miguel Ferreiro

A organización ten habilitada unha web na que se recolle toda a información deste evento que se celebrará entre os días 19 a 21 de Decembro con epicentro en Ramirás, pero diversificando as súas actividades cara a cidade de Ourense e a Vila de Celanova.

   

Foliada de Outono - A. C. Castiñeiro Milenario de Begonte (Lugo)

09.12.14

foliada de outonoA A. C. Castiñeiro Milenario de Begonte (Lugo) organiza unha foliada por todo o alto o vindeiro sábado, trece de decembro a partir das nove da noite no local da AV do Castro en Begonte (Lugo).

Unha foliada na que contarán coa rapazada de Tirapadiante de Rábade, vencellados á escola Músico Crisanto de Rábade-Begonte. Un conxunto de músicos moi novos con gañas de seguir a transmitir a nosa música tradicional con enerxía e calidade, tendo un futuro moi prometedor.
E por outra banda, contarán cun grupo xa consagrado, cunhas integrantes que levan moitos anos na defensa no noso patrimonio musical e que neste último proxecto están a acadar o apoio incondicional d@s seguidor@s das músicas tradicionais. As Eudemónicas e o eudemónico de Pablo Pintor, presentarán o seu último espectáculo no que xuntan a música galega co baile tradicional, xa que virán acompañadas de Rebeca Tallón que impartirá un obradoiro de baile.
E para seguir a festa, rematarase cunha foliada aberta.

Non faltedes!!

   

Festa do Magosto no Gaiás

28.11.14

magostogaiasHoxe, venres 28 de novembro a Cidade da Cultura organiza a festa do Magosto cunha festa cento por cento galega nun homenaxe a dous grandes mestres da gaita: Basilio Carril no centenario do seu nacemento; e Xan Bello Mallou, no cabodano do seu pasamento. Taghaitaí, acompañados de Cantigas e Agarimos, porán a foliada e A Cantina do Gaiás, en colaboración coa Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, as bebidas e as castañas. aCentral Folque produce este evento.

O magosto comezará ás 20 horas na entrada do Museo Centro Gaiás, onde poderán degustarse de forma gratuíta as castañas asadas. E desde as 21 horas, no interior do Museo, Taghaitaí, grupo formado por Edelmiro Fernández (o gaiteiro máis laureado de Galicia), Manolo Maseda (ex-acordeonista e cantante dos Diplomáticos de Montealto), Lola de Ribeira (voz e percusión) e Iván Costa (gaita e zanfona), estará presentando o seu esperado disco de debut.

Prepararán para a ocasión temas do repertorio de Basilio Carril e Mallou, que tocarán valéndose de colaboracións do Coro e cuarteto tradicional de ‘Cantigas e Agarimos’, dando lugar a unha gran festa popular.

 

   

39 NOITES DE TASCA - OROSO

29.01.13

39 noite de tasca -orosoO vindeiro venres 1 de febreiro, a partir das 21:30 horas na Cafetería CHE, en Sigüeiro (Oroso - A Coruña) terá lugar 39 NOITE DE TASCA.

Contarán coa presenza do grupo Carapaus presentando o seu disco, a actuación da Agrupación "Névoas do Cumio" de Sigüeiro e despois Foliada!!

   

IX Día do Orgullo Gaiteiro

12.12.12

cartaz og 2012 finalPROGRAMA DAS ACTIVIDADES DO IX DÍA DO ORGULLO GAITEIRO, QUE TERÁ LUGAR OS VINDEIROS DÍAS 13,14 E 15 DE DECEMBRO NO AUDITORIO DE OURENSE, NA RÚA DA CANLE. (OURENSE)

Xoves 13
20h O Gaiteiro de Texas. Historia dunha gravación
Charla por Cástor Castro
Sanfonices. Ed. Difusora. Presentación cd-homenaxe
a Faustino Santalices. Con Pancho Alvarez e Xesús Saburido

Venres 14
19-21h Curso de birimbao con Emilio do Pando
Gratuito, prazas limitadas

Sábado 15 de Decembro
Mañá
10-14h Curso de técnicas de gaita de fol
Con David Bellas Gratuito, prazas limitadas, (continúa de 16:00 a 18:00)
11 a 13h Taller de xoguetes musicais.
A cargo de Lito Prado , CCP Xaquín Lorenzo Xocas.

Tarde
17 h Concerto TIC-TAC de Pablo Díaz
Cos temas do libro-disco infantil

18 h ACTO DE HOMENAXE:
A EMILIO DO PANDO, principal recuperador da trompa
Galega ou birimbao . Ca actuación de Os Amigos da Gaita
A RUBÉN GONZÁLEZ, Gaiteiro e artesán de palletas

19-21h Concertos
DE PÉ FEITO Agrupación tradicional
OS VIQUEIRAS DE ORDES

Programación guiada por Carlos Rafael

22 h CEA – FESTA DO ORGULLO GAITEIRO
No local de AIXIÑA R/ Recaredo Paz 1 (xunto Paco Paz)
Prezo: 20 € (15 € alumnos e socios AOFT Gomes Mouro)
Reservas antes do 13 decembro en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
ou tlf 654173524 e 654173498

   

1º Serán do Magosto de Arzúa

05.11.12

cartel sern arza 2012 -A asociación Folclórica Cantareiras de Arzúa organiza o 1º Serán do Magosto, para o día 17 de Novembro en Arzúa coincidindo coa feira ecolóxica.

Comezará ás 20:30 da noite no multiusos do Concello de Arzúa.
Poderán participar tod@s aquel@s gaiteiros/as, pandereteiros/as que o desexen, tendo que apuntarse antes do día 14.
Actuarán en primeiro lugar, nunha primeira quenda, os grupos de menor idade cun máximo de tres pezas, podendo repetir despois en próximas quendas.
A todos os grupos convidaráselles a uns pinchos e queixo de arzúa e castañas para tod@s.
Colaboran neste serán o Concello de Arzúa e a Agrupación Folclórica Santiaguiños de Boimorto.

 

   

36 edición Noites de Tasca

23.10.12

36 noites de tascaO vindeiro venres 2 de novembro a partir das 21.30 horas terá lugar a 36ª edición das Noites de Tasca. Nesta ocasión será no bar O Brumeiral en Leira (Ordes - A Coruña).

Contarán coa visita do Grupo " Os Cincuenta" dos Armadanzas de Laraño ( Cantos Populares) e despois Foliada!!!

Organizan: Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes

   

Páxina 3 de 29