Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Festivais, Foliadas, Romarías

Festivais, Foliadas, Romarías

De Ribeira a Bretaña coas pandeiretas en percusión

21.08.15

lorientO Festival Intercéltico de Lorient é o punto de encontro das chamadas rexións celtas, no que a cultura, a música e a tradición se dan da man. Así pois, os mellores intérpretes de música celta reúnense cada verán na Bretaña para gozar, bailar e rir ao ritmo de folk. Irlanda, Escocia, Gales, Bretaña e, por suposto, Asturias e Galicia non faltaron a este gran evento internacional. Con máis de corenta anos ás súas costas, agosto é o mes elixido para exaltar o universo celta.

Cal druídas experimentados na preparación das apócemas da harmonía, os membros do grupo de baile e música tradicional Trébede de Marín, acompañados da formación ribeirense Tahume, foron os encargados de enfeitizar a miles de persoas a través de rituais rítmicos cuxa orixe non é outra que o folclore do pobo galego.

As magas ribeirenses que pisaron terras bretoas na conquista dos oídos máis finos foron cinco pandereteiras. Durante os dez días que durou a cita, do 7 ao 16 de agosto, en ningún momento permitiron que as ferreñas dos pandeiros deixasen de soar.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

IV Festival de Lembranzas da Ría

20.08.15

lembranzas riaO sábado 22 de agosto celebrarase en CangasIV Festival de Lembranzas da Ría. O lugar será nas naves de Ojea detrás do Concello de Cangas , en caso de choiva celebrarase no Auditorio de Cangas.

   

O Festival Xironsa de música tradicional faise maior

20.08.15

ag19c7f2Empezaron hai tres lustros en plan doméstico e, hoxe, o Festival Xironsa aspira a converterse nun referente da música e cultura popular nas Rías Baixas. O programa desta edición introduce cambios substanciais e ambiciosos. O máis importante é que Xironsa vai a un día máis, adiántase ao venres 28 de agosto. Ese día haberá pasarrúas por Cambados e unha foliada pola noite na praza da Seca de Corvillón. Outra novidade é que se establece unha zona de acampada gratuíta no ámbito da Seca, co fin de facilitar a estanza daqueles que queiran pasar o fin de semana gozando da cultura popular galega. Isto foi posible grazas á colaboración do Concello de Cambados, un apoio, que, segundo apuntou onte o concelleiro de Cultura, Víctor Caamaño, vai ir a máis en edicións vindeiras. «Este é ou modelo de cultura que encaixa co que defendemos non goberno. Esperemos que este festival se asente e trascenda ao Salnés». O nacionalista presentou onte esta cita como un exemplo da política de descentralización que quere implantar o goberno local en materia de festexos e actividades culturais. «Dá a sensación de que ou que non se celebra diante do Concello non é Cambados, e non é así», engadiu o nacionalista.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

Especial VII Aniversario das Noites de Tasca en Ordes

22.06.15

7noitestascaVENRES 26 DE XUÑO 2015

Un ano máis, a Asociación grupo de Gaitas Os Viqueiras de Ordes, organizan o Aniversario das "Noites de Tasca" cunha gran festa onde a música e o baile tradicional serán os grandes protagonistas.

O encargado de empezar a festa será o popular César Freiría, CÉ Orquestra Pantasma, que a partir das 18:00h dará un concerto para todos os públicos no Campo da Feira, diante da piscina municipal.

A partir das 19:30h podedes apuntarvos aos Obradoiros de Baile Galego. Un será na Alameda, a cargo de Helena Noya Ruibal, da A.C. Camiño Real de Poulo; e o outro será diante do Museo do Traxe, a cargo de Juan Pena e Bea García, da A.F. Sementes da Arte.

Ás 19:00h, no Auditorio do Museo de Traxe: presentación de dous libros-Cd: "PAZOS DE MEREXO, o acordeón diátonico da Costa da Morte", da Central Folque, e "SIDERIO DE VILARMIDE", da Editorial Canela. Entrada gratuita. Non faltedes!

E a partir das 21:30 h... máis de 25 grupos de música e baile repartiránse polos bares de Ordes para logo xuntarse todos no Campo de Feira. Sobre as 23:30 h, comezará a gran Foliada para poñer broche final a esta "Noite de Tasca" especial.

VIDE TOCAR E BAILAR!

   

Festifolk Costa da Morte

18.06.15

festifolkUnha cita pioneira pretende amosar o potencial da música tradicional da comarca máis occidental de Galicia e sobre todo da gaita, o instrumento máis característico bisbarra: o Festifolk Costa da Morte. Este festival celebra a súa primeira edición reunindo en Carballo ao maior número posible de gaiteiros para mostrar toda a forza da música tradicional e, dalgunha maneira, visualizar e homenaxear a todos cantos dedican o seu tempo libre a continuar dándolle vida á tradición, a potenciala e anovala. Respecto do programa, está previsto que as actividades comecen ás 16.30 horas co desfile de todos os gaiteiros e gaiteiras polas rúas principais de Carballo. Todos interpretarán tres pezas previamente consensuadas con todos os grupos. Unha vez rematado o percorrido, ás 18.30 horas, entregarase o premio ao Gaiteiro do Festifolk. Xusto a continuación, todos os gaiteiros concentrados na Praza do Concello interpretarán ao unísono os tres temas que xa tiñan interpretado polas rúas de Carballo, xunto coa Marcha do antigo reino de Galicia. Ás 22.00 horas iniciarase o festival nocturno, coa actuación de Birimbao, que rematará o seu concerto ás 22.45. E será ás 23.00 horas cando comece a súa actuación Luar na Lubre, nunha xornada de música e festa dedicada por enteiro aos sons galegos de raíz.

http://www.carballo.org/

   

XV Foliada e Romaría do Lecer

05.06.15

xacarandainaFoliada e romaría son as propostas da Asociación Cultural Xacarandina para a fin de semana do 6 ao 7 de xuño na Coruña. A iniciativa chega a súa XV edición como unha aposta por recuperar as festas de noso.
A XV Foliada e Romaría do Lecer volverá ao Anfiteatro do Parque de Sta. Margarida da Coruña as festas máis tradicionais. A foliada, esa xuntanza para bailar, cantar e gozar en comunidade, terá lugar o sábado coa participación de agrupacións folclóricas de toda Galiza, xunto co Grupo de Música Tradicional Xacarandaina.

Serán dúas as foliadas, aínda que o público poida participar en ambas á marxe da súa idade. Por volta das 19:00 comezará a foliada infantil, con crianzas das agrupacións como protagonistas ademais dun obradoiro de baile e unha muiñeira colectiva como ramo. Dúas horas despois botará a andar a foliada de adultos para a que quen queira participar se pode anotar no correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo .

(Prema no título para ler a nova completa)

   

Ruada en Parada

27.05.15

 ruada parada2Chegaron os mazaceiros, as rulas, os chascos, o cuco, a bubela,.. as anduriñas volven aniñar nos cubertos...
O lagarto arnal asoma na ribada do Regueiro e un pouco màis arriba as "velliñas facendo no caldo" brilan todas afaneadas.
Samesugas, cabaliños do demo, xoaniñas...
Lirios de auga, brizos, abrótegas, pés de boi, bilicroques, alloas, celidonia, chuchameles, queirogas, carqueixas, uces, dentabrús.....
O monte en cor desbocada, fermosísimo.
O pole dos piñeiros, nube amarela, a vida segue...
Case que estamos tod@s, a ilusión pola música, por xuntarnos, por bailar e cantarlle a Auga.
Sabedes? é que o 31 de maio pola tarde hai Ruada en Parada.
Non faltará divertimento!!!!

   

IX Noite de Fiadeiro

27.05.15

 xi noitefiadeiroUn ano máis volta Ramirás a Noite de Fiadeiro, que ao igual que o pasado ano se celebrará o derradeiro Sábado de Maio. De novo retornaremos ao lugar orixinal onde naceu esta celebración, isto é, o Adro da Igrexa de San Andrés, que servirá como epicentro de todas as actividades.

Neste 2015 cúmprese a IX edición da festa, que nacía no 2007 coa intención de recuperar a esencia dos Antigos Fiadeiros da Comarca, aquelas reunións festivas de mozas e mozas que se xuntaban para bailar, tocar e cantar, e incluso mocear. A organización da mesma está ao cargo da Asociación Cultural e Xuvenil Rebulir, co Patrocinio do Concello de Ramirás, Deputación de Ourense, Abanca, Xunta de Galicia, Socitransa e Bar Gasolinera de Vilavidal; así como a colaboración de diferentes entidades e empresas.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

Cecebre afina roncóns

08.04.15

foliada cecebreGaiteiros da parroquia cambresa organizan o venres a súa tradicional foliada, con músicos e bailadores como Susana Seivane, Pedro Lamas, Xosé Lois Romero ou Quique Peón.
A música tradicional ten en Cecebre un lugar de referencia. A parroquia cambresa, que dende hai máis de dúas décadas acolle o taller de instrumentos da familia Seivane, recoñecido co Premio Nacional de Artesanía, conta con notables músicos no eido da tradición que con regularidade se xuntan en foliadas ate a madrugada. Tras máis dun ano sin reunirse para tocar e bailar, gaiteiros de Cecebre organizan de novo a xuntanza, que se celebrará na noite deste venres. A máis internacional dos Seivane xa confirmou asistencia, igual que destacados músicos como Pedro Lamas, Roberto Somoza ou Xosé Lois Romero

Gaitas, pandeiretas e aturuxos soarán o venres na popular foliada que dende hai anos organiza un grupo de gaiteiros de Cecebre e que, esta vez, fíxose de rogar. "Unha das últimas foi a do Nadal de 2014, así que hai moitas ganas acumuladas", asegura o gaiteiro e saxofonista Pedro Lamas, un dos amigos de Cecebre que organizan a festa e dos músicos máis coñecidos que participarán no encontro.

(Prema no título para ler a nova completa)

   

Serán do Sor 2015

26.03.15

sern do sorUn ano máis chega o Serán do Sor 2015 ( O Barqueiro - Mañón) que este ano adican ós bailadores. Celebrarase como sempre o Xoves Santo (2 de abril), e este ano será na Praza do Mesón, arriba no pobo, frente a casa do concello e como todos os anos, haberá unha carpa.

O serán comezará ao medio día coa sesión vermú, que este ano corre a cargo da Charanga Tradicional da A. C. Son d’aquí (A Coruña) e  do grupo Böj (Ferrol).

Pola tarde, ás 5 , haberá unha clase de baile tradicional a cargo do mestre Xabier Espasandín, e finalmente terá lugar o serán a partir das 20h. Este ano contarán con grupos confirmados como os seus veciños de Gamelas e Anduriñas (Espasante), Os Enxebres (Ortigueira), Andarivel (Ladrido), San Xiao do Trebo (Cariño), No Cómbaro (As Pontes); e da parte da Mariña Lucense: Cacharela (Covas) e Medio Quinhón (Burela) e seguirán con nos Son d’aquí ( A Coruña). 

E por suposto O Son do Sor como anfitrións tamén aportarán o seu toque musical. 

Esta nova peculiaridade de partir con grupos confirmados non resta sitio para todos aqueles que se queiran achegar cos seus instrumentos para tocar, xa que rematados os grupos anteriormente citados, comeza a foliada libre para todos aqueles que queiran ir. Este ano todo aquel que así o quiera poderá cear na propia carpa, xa que haberá comida variada a bo prezo.  Non faltedes!!

   

Páxina 2 de 29