Cursos
Nova edición de "A voltas co Baile"
20.04.16
O sábado 30 de abril de 11:00 a 14:00 horas, celebraráse a nova edición de "A voltas co Baile". Nesta ocasión Mercedes Peón achegaranos, de forma práctica e teórica, ao baile dende unha perspectiva de xénero.
O curso é gratuíto, so conta con gastos de materiais (3€ para persoas desempregadas ou 5€ para quen non estea nesta situación. Gratuíto para socios e socias do Museo do Pobo).
(Para ler a nova completa clic no título)
Curso de Interpretación de Instrumentos Populares Galegos
01.02.16
Suso Vaamonde impartirá nos próximos meses un obradoiro de interpretación de instrumentos Populares Galegos no Campus de A Xunqueira de Pontevedra, Facultade de Enxeñaría Forestal.
Con este curso composto de 30 horas de duración e dous niveis de dificultade, podes aprender a tocar diferentes instrumentos populares galegos:
Iniciación: destinado todo o alumnado interesado en coñecer calquera dos instrumentos que se ofertan e non teña ningún tipo de coñecementos, nin teórico nin práctico, dos mesmo.
Perfecionamento: Destinado ao alumnado que xa tivera contacto con calquera tipo de instrumento popular.
Horarios: 22 de febreiro; 7,14 e 28 de marzo; 4,11,18, e 25 de abril e 2 e 9 de maio de 2016. De 16:00h. a 19:00h.
Prezo: 40 euros para os non universitarios e 26 euros para os universitarios (Recoñecido con 2 créditos L.E./ 1 crédito ECTS.)
¡Reserva a túa praza!
Mais información en Universidade de Vigo.
Curso de arranxo e montaxe de temas para formato gaitas e percusión
10.12.15
O vindeiro sábado 19 de decembro do 2015 en Godos terá lugar un curso de ARRANXO E MONTAXE DE TEMAS PARA FORMATO GAITAS E PERCUSIÓN, impartido por SUSO VAAMONDE.
Obxectivos:
Interpretar tres temas con gaitas e percusión galegas nun formato “agrupación”.
(Prema no título para ler a nova completa)
III Xornada Feroz de Música Galega
06.10.15
Acaba de ser presentada a terceira edición da Xornada Feroz de Música Galega, organizada pola agrupación pontesa Os Feroces da Galgueira, e que este ano abarcará un obradoiro de construcción de pandeiros cadrados, outro de gaita e un terceiro de baile galego. Xose Maceda, David Bellas e Ismael García será os respectivos monitores de cada un destes obradoiros.
Prema no título para ler a nova completa)
Percusión de man e canto tradicional
19.03.15
No curso, impartido por Xabier Díaz, farase un percorrido pola xeografía sonora das músicas tradicionais de Galicia e lugares lindantes a través dos instrumentos de percusión tradicional, o xeito de tocalos, a súa localización, pervivencia, morfoloxía, contexto histórico, etc.
Ao longo do taller veranse as técnicas de pandeireta; técnicas de pandeiro cadrado e técnicas de pandeira así como a relación entre as melodías tradicionais e os modos antigos.
XABIER DIAZ
Compaxina as súas facetas de músico e compositor cunha laboriosa actividade como investigador e compilador do folclore tradicional galego. Froito deste traballo é o álbum Coplas para Icía (2007) no que contou coa participación de Pedro Lamas e Suso Iglesias.
Foi cantante titular da compañía Nova Galega de Danza, formou parte do grupo Berrogüeto. Premio da Academia da Música á mellor canción en galego (2011), así como o premio ao mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Galegos dá Música Martín Codax (2013) e o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.
Numerosas colaboracións en discos e concertos con diversos artistas e formacións, tales como Luar na Lubre, Amancio Prada, Os Cempés, Marful, Nordestinas, Kepa Junquera, Uxía, Xosé Manuel Budiño, etc.
Destinatarios do taller
Maiores de 18 anos
Prazas: 20
XXXIII Curso de Cultura Tradicional - Cántigas e Frores - Lugo
16.03.15
Aberto o prazo de inscrición para o XXXIII Curso de Cultura Tradicional que organiza a Asociación Cultural ‘Cántigas e Frores’ de Lugo.
O curso terá lugar os días 2, 3 e 4 de abril en Lugo. Este ano contarán con:
-Javier Feijoo 'Chisco' para a especialidade de baile tradicional.
-Miguel Anxo Lòpez 'Chino' para a especialidade de percusión tradicional.
-Pedro D. Lamas para a especialidade de gaita galega.
-Xela Conde para a especialidade de canto tradicional.
O prezo a matrícula é de 30€ para soci@s de ‘Cántigas e Frores’ e da Asociación de Gaiteiros Galegos; e de 40€ para o resto (os gastos de estadía en Lugo serán a cargo dos asistentes ao curso). Esta cantidade ingresarase na conta de ABANCA ES43-2080-0152-69-3040026419.
As inscricións pódense enviar a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ao fax 982229966, aportando os seguintes datos: nome e apelidos, DNI, especialidade na que se inscribe, enderezo e teléfono, así como unha copia do xustificante de pagamento. O prazo de inscrición rematará no momento en que se cubran as prazas de cada especialidade.
Para calquera información adicional pódese chamar ao teléfono 649421507.
1 Convívio Música e Danza do Carballiño
11.03.15
Obradoiros, debate, foliada e aloxamento, neste 1 CONVÍVIO que pretende ser un encontro de músicos e bailadores que queiran seguir aprendendo con grandes mestres e desfrutar de dous días intensos en torno a música e a danza.
Estas Xornadas, que se realizarán os días 25 e 26 de Abril, farán do Carballiño un lugar onde compartir visións sobre o noso patrimonio musical e a súa evolución, e onde mostrar as diferentes interpretacións na actualidade.
Os cinco obradoiros que se ofertan son:
- Recursos Ornamentais para a Interpretación coa Gaita Galega. XAQUÍN XESTEIRA (12 horas).
- Canto e Percusións Tradicionais. FELISA SEGADE (12 horas).
- Técnica Vocal e Interpretación no Canto Tradicional. DAVIDE SALVADO (12 horas).
- Multipercusión Tradicional Galega. XOSÉ LOIS ROMERO (12 horas).
- Técnica para a Colocación Corporal do Baile Tradicional de Galiza. QUIQUE PEÓN (9 horas).
Xornada de Percusión Tradicional - AAVV Oza-Gaiteira-Os Castros
10.03.15
O vindeiro domingo 15 de marzo a AAVV Oza-Gaiteira-Os Castros (rúa da Merced, 56 da Coruña) organiza unha Xornada de Percusión Tradicional de 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:30 h impartido por Miguel Anxo López Buján "Chino", o custo é de 25 € para os non socios e 20 € para non socios da AAVV.
Máis información e inscricións no teléfono: 670872388
IV Curso de Construción de Palletas e Pallóns
04.02.15
O vindeiro 28 de febreiro a Asociación de Gaiteiros Galegos a través da Tradescola, organizará unha nova edición do Obradoiro de Construción de Palletas e Pallóns.
Este obradoiro, que impartirá o artesán Pontés Xaime Pena, e que terá lugar na Casa da Cultura do Concello de Pantón, é imprescindible para todas aquelas persoas amantes da música tradicional e particularmente para os alumnos que se están formando na aprendizaxe da gaita, xa que nesta xornada, poderanse adquirir unhas nocións básicas sobre a construción e a manipulación de palletas e pallóns, as peculiaridades dos materiais cos que se realizan, o trato que se lles debe dar, etc...
A Asociación de Gaiteiros Galegos, a través deste curso pretende facer fincapé no coñecemento das palletas e pallóns e a estreita relación que esta actividade ten coa interpretación do instrumento. Pretendemos que este curso sirva de ferramenta para iniciar aos asistentes nun tema que é fundamental para a perpetuación dun dos instrumentos máis emblemáticos da nosa cultura.
Datos do obradoiro:
Data: 28 de febreiro 2015
Lugar: Casa da Cultura do Concello de Pantón (Lugo)
Horario: de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas.
Inscricións: No tlf: 982229966 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Prezo: 20 € (Socios da AGG/ alumnos Tradescola)
25 € Público xeral.
Curso de regraxe de zanfonas na Tradescola
10.12.14
O vindeiro venres, día 12 de decembro terá lugar na Tradescola un curso de regraxe de zanfona impartido por Xaneco Tubío.
Se estás interesado en asistir podes anotarte contestando a este correo electrónico ou chamando ao 982229966 .
CURSO DE REGRAXE DE ZANFONAS
DATA: 12 DE DECEMBRO 2014
IMPARTE: XANECO TUBÍO
HORARIO. DE 16.00 A 20.00 HORAS
LUGAR : TRADESCOLA ( Rúa Pintor Corredoira nº 4 - Lugo)
PRAZAS LIMITADAS
PREZO:
5€ (ALUMNOS TRADESCOLA /SOCIOS DA AGG)
15€ (Público en xeral)
Páxina 1 de 19