Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Cursos

Cursos

Monográficos 2010 da Central Folque. Curso de pandeiro cadrado

15.02.10

A Central Folque, dentro do programa de Monográficos 2010 ofrecee este Curso de pandeiro cadrado.

"O adufe en Galiza e Portugal" é un curso monográfico práctico de 8 horas impartido por Luís Prego sobre a técnica, organoloxía, toques, acompañamento ao canto e estilos conservados. Ofértase para todos os niveis, terá lugar os sábados de marzo pola mañán.

As aulas serán eminentemente prácticaa para aprender os toques das zonas nas que perviviu este instrumento: o noroeste peninsular, concretamente en zonas do sur de Galiza, Trasmonte astur-leonés e da Idanha en Portugal.

Para máis información: www.folque.com
   

Obradoiro de Tamboril e Pandeireta no Centro Galego de Madrid

11.02.10

A Escola de Gaitas do Centro Galego de Madrid organiza un taller de percusión tradicional para os días 20 e 21 de Febreiro nas súas instalacións da rúa Carretas. Está dirixido a todas as persoas interesadas na percusión galega, que queiran iniciarse nela ou ben aumentar o seu nivel.

Non fai falta ter coñecementos previos para inscribirse e vai ser eminentemente práctico. Para realizar este curso contarán coa presenza de Alexandre Fernández, percusionista titulado e mestre de baile galego cunha ampla experiencia docente, tanto nacional como internacional.

O prezo é de 70 euros (50 euros para os socios do Centro). Ao final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo.

As prazas son limitadas segundo a orde de preinscrición. Para máis información sobre preinscripción e horarios consultar http://juanluna.wordpress.com/

OBXECTIVOS DO CURSO:
-Repaso e afianzamento da linguaxe rítmica musical.
-Tecnica avanzada para Tambor e Pandereita.
-Exercicios para obter velocidade nas interpretacións.
-Traballo de dinámicas (piano, mezzo, forte, acentos).
-Aprendizaxe dun repertorio (4 temas).
-Percusión corporal.
-Exercicios de canto para proxectar a voz.
-Montaxe de varias cantigas tradicionais na sección de pandereita.
-Empaste xeral cos demais instrumentos melódicos e rítmicos.
-Combinacións entre Bombo e Tambor (pregunta-resposta) .

   

I Curso de Música Tradicional Galega en Sarria

03.02.10

O 19 e 20 de marzo terá lugar o I Curso de Música Tradicional Galega e no centro Fingoi de Sarria. Estará impartido polos especialistas Pepe Vaamonde, Miguel Anxo López Buján "Chino" e Javier Feijoó "Chisco"

O Obxetivo do Curso é mostrar unha visión completa da nosa música tradicional, participando e disfrutando todos os alumnos dunha visión global do Folclore.

O Curso de Música Tradicional terá tres apartados ou especialidades:

1º Aulas de gaita e Obradoiros relacionados co instrumento.
2º Aulas de tambor, bombo e pandeireta e Obradoiros relacionados coa percusión tradicional de todo tipo.
3º Aulas de canto tradicional e Obradoiros de baile.

Realizaranse aulas específicas de cada instrumento cunha finalidade de mellora individual e de motaxe dun repertorio común. Por outro lado tamén se realizarán seis Obradoiros. De forma que poderán participar todos os alumnos que o desexen, e incluso poderá asistir xente que sin tocar ningún instrumento queira asistir só aos Obradoiros:

-Obradoiro de construcción de pallóns de cana para gaita.
-Obradoiro de Afinación de gaita: presentación do funcionamento do Punteiro Afinable, revolucionario invento na afinación gaita galega.
-Obradoiro de construcción de percusión miuda: tarrañolas, etc...
-Obradoiro de técnicas de interpretación nos intrumentos da percusión galega menos coñecidos: Pandeira, cunchas, culleres, pitos, etc...
-Obradoiro sobre Estratexias no baile tradicional galego. Métodos para o entendemento da dinámica do baile tradicional galego e a súa didáctica. (En dúas sesións)

Ao remate de cada día faráse unha foliada conxunta de todas as especialidades.

INFORMACIÓN XERAL

Número de prazas:

15 por especialidade

Número de horas de formación: 16

Idade: A partir dos 12 anos

Certificacións:

Expedirase Certificado de Asistencia ao remate do curso, sempre e cando as faltas non superen o 90% da duración do mesmo.

HORARIO

Venres 19 de marzo:

10:00-14:00

16:00-20:00

Sábado 20 de marzo:

10:00-14:00

16:00-20:00


LUGAR DE CELEBRACIÓN

Granxa Escola de Barreiros

Estr. Sarria-Portomarín km. 54

Lg. de Ortoá, Sarria (Lugo)

Telf.: 982 533 656 · Fax: 982 533 864

Máis información: http://fingoi.com/musica/index.php?option=com_content&task=view&id=193&Itemid=1



   

"Cordas folque" con Pancho Álvarez

29.01.10

O intérprete, arranxista e compositor Pancho Álvarez, impartirá en Santiago de Compostela o monográfico "Cordas folque", un curso de 12 horas onde afondar na organoloxía, afinación, harmonía e interpretación de ritmos e melodías galegas con instrumentos de corda pulsada: guitarra, bouzouki, mandolina,...

Detalles:
• Datas: 11, 18, 25 de febreiro e 4 de marzal
• Horario: de 17.30 a 20.30 h (xoves)
• Prezo: 50 €
• Prazas limitadas

Este é un curso para calquera nivel e instrumento de corda pulsada, versará sobre a aplicación das técnicas, afinacións, harmonía, ritmos nos máis empregados instrumentos da música folk.

Impartido por un dos grandes multiinstrumentistas da escena musical galega, membro de Na Lúa, Matto Congrio, a banda de Carlos Núñez e cunha brillante carreira en solitario.

Inscrición e información:

+34 881 031 829
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
www.folque.com
   

Presentación pública do libro+CD+DVD “Así fan os bailadores…”

09.12.09



O vindeiro Venres 11 de decembro terá lugar a presentación pública do libro+CD+DVD “Así fan os bailadores…” no salón de actos do Museo do Pobo Galego.

De 17 a 19 horas haberá unha sesión de iniciación ao baile e de 19 a 19.30 horas celebrarase a presentación do libro; todo a cargo dos autores da publicación: Xabier Iglesias, Juan Parga, Sergio de la Ossa e a editorial Dos Acordes.

Non é preciso ter coñecementos previos de baile para asistir ao acto.

Pódense formalizar as preinscricións (a efectos de estimar nº de asistentes) escribindo a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Organiza a Editorial Dos Acordes e O Museo do Pobo Galego.
   

Curso de Iniciación ó Empalletado Tradicional

20.11.09


A Asociación de música e Baile Tradicional Vai de Roda en colaboración co Concello de Rianxo organizan un Curso de Iniciación ó Empalletado Tradicional.

No transcurso presentarse o libro "O Berce das Palletas" como ferramenta para afondar na historia desta peza.

O Obxectivo é dar a coñecer cal é o proceso de construcción desta parte de gaita.

Datas: 12 e 19 de Decembro

Emprazamento: Cuartel Vello de Rianxo

Horario: 16:30 a 20:30

Imparte: Alexandre Cadarso Cano, membro de Verdegaio e Follas Novas de Ames

Mátricula: 15 € para os non asociados


   

XORNADA INTENSIVA DE ZANFONA CON ANXO PINTOS EN MONTERROSO

19.11.09

O día 28 de Novembro de 2009 terá lugar unha xornada intensiva de Zanfona a cargo de Anxo Pintos en Monterroso (Lugo) que está organizada pola Asociación FALCATRUEIROS.
A xornada terá o seguinte horario:

10.00 Presentación
10.30 Comezo das aulas
14.00 Xantar
16.00 Aulas
20.00 Actuación
22.00 Cea.

Lugar de celebración:
Centro Sociocultural de Monterroso.

Prezo: 25 €, incluido xantar e cea.
Matrícula e información TLF:666232236
Colabora:
Concello de Monterroso
Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo.

   

Xornada sobre a Requinta e a Frauta de Madeira

18.11.09

A asociación cultural Follas Novas, en colaboración co Concello de Ames e a Asociación de Gaiteiros Galegos organizan unha Xornada sobre a Requinta e a Frauta de Madeira na Casa de Cultura de Bertamiráns, Concello de Ames o Sábado, 21 de novembro. O obxectivo desta xornada é reunir a todos aqueles instrumentistas interesados en afondar na organoloxía e a técnica da requinta e a frauta de madeira. A inscrición é gratuíta e sen límite de prazas.

O programa do evento é o seguinte:

Mañá:
• 10.45 hrs: Presentación da Xornada.
• 11.00 hrs. : Técnica e Fundamentos.Por Luis Soto ( flautista da Orquestra Real Filarmonía ).
• 12.00 hrs.: Descanso.
• 12.30 hrs.: A requinta na tradición musical de Galicia.Pablo Carpintero.

Tarde:
• 17.00 hrs: Mostra de Instrumentos.Oli Xiraldez,Artesano.
• 18.00 hrs.: Descanso.
• 19.00 hrs.: Festival con diferentes grupos que empreguen a requinta e frauta de madeira na súa formación.

Foliada Requinteira: no Pub FERLOS, Bertamiráns. Ás 22.00 horas


   

VI ENCONTRO INTERNACIONAL DE PANDEIROS DE MAO

29.10.09



Dentro da programación do FESTIVAL DUF deste ano realizaranse dous obradoiros para iniciados.

FAI O TEU PANDEIRO! é un curso de artesanía musical de construción dun adufe co artesán Carlos do Viso. Tamén terá lugar unha MASTER CLASS de técnica de pandeiro brasileiro co artista convidado deste ano, Marcos Suzano. Ámbolos dous teñen prazas limitadas e terán lugar na mañán do 14 de novembro, de 10 a 14 h en Pontevedra.

Para inscricións e máis información podedes consultar a páxina de A Central Folque.

   

O CAT organiza o seu IV Seminario Galego de Etnografía

29.10.09

O CAT, Centro de Artesanía Tradicional do Concello de Vigo, vai a organizar no vindeiro mes de novembro o seu IV Seminario Galego de Etnografía baixo o título "GALEGOS E PORTUGUESES. MIRADAS ANTROPOLÓXICAS CRUZADAS". Nel, oito antropólogos de Galicia e Portugal, achegarán aos participantes os seus traballos de investigación sobre as pluralidades das identidades e identificacións galegas e portuguesas. O seminario quere continuar a construír un xogo de espellos reflexivos que nos axude a entender mellor quen somos e a onde vamos. As relacións transfronterizas e as transnacionais entre a Galiza e Portugal son unha realidade histórica sobre a que convén pensar antropolóxicamente.

O Seminario e gratuíto e de prazas limitadas, contará co recoñecemento de 1 crédito de libre configuación pola Universidade de Vigo. O prazo de inscrición remata o 5 de novembro. Para anotarse, cóntase na web do CAT www.vigo.org/artesania cun formulario de inscrición on-line. Toda a información sobre o IV Seminario en documentos anexos e na web www.vigo.org/artesania.
   

Páxina 10 de 19