Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Cursos

Cursos

Monográfico: As bandas de Música Populares, Murgas e outras formacións. Carlos Quintá

15.12.10

Día 28 de xaneiro de 2011Las Nieves. BAnda de Manolino Rubios
De 17h a 20h (3h)
Salón de actos da e-Trad
50 prazas
Teórico
Último día de matriculación o 21 de xaneiro 2011 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h)
   

Curso: Laboratorio de composición e arranxos. Anxo Pintos

13.12.10

Días 21 e 28 de xaneiro de 2011
De 17h a 20h (6h)
Aulas da e-Trad
20 prazas
Teórico e práctico
Último día de matriculación o 14 de xaneiro 2011 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h)
Introdución ao arranxo e composición sobre formas musicais da música tradicional galega. Teoría e práctica.Preferencia de praza para aqueles alumnos do itinerario profesional que teñan elexida na matrícula a opción "cursos de curta duración". Curso con valor académico na e-Trad: computable por 6h.

 

Máis info: http://www.e-tradvigo.blogspot.com/
                      Rúa García Barbón 5 (Vigo) 986 288 088

 

   

Monográfico: A harmonía básica na música tradicional. Carlos Quintá

13.12.10

Día 14 de xaneiro de 2011
17h a 20h (3h)
Aulas da e-Trad
25 prazas
Último día de matriculación o 17 de decembro do 2010 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h)
Este está adicado a tod@s aquel@s que queiran afondar mais sobre o emprego da harmonía na música tradicional: grados a empregar, recursos, instrumentación ... Complementario ao curso: Laboratorio de composición e arranxos. Anxo Pintos.
Preferencia de praza para aqueles alumnos do itinerario profesional que teñan elexida na matrícula a opción "cursos de curta duración". Curso con valor académico na e-Trad: computable por 3h.
 
Máis info: http://www.e-tradvigo.blogspot.com/
                      Rúa García Barbón 5 (Vigo) 986 288 088

 

   

Curso: Danzas de Reis. Javier Feijoó

26.11.10

Dias 3 e 10 de decembro de 2010
De 17h a 20h (6h en total)
18 prazas
Salón de Actos da e-Trad
Teórico – práctico
Último día de matriculación o 26 de novembro do 2010 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h).

Curso adicado a calqueira persoa que desexe coñecer esta expresión da cultura tradicional galega, vencellada á celebración das festas patronais das parroquias galegas na honra a Santos, aínda que cunha orixe anterior á cristianización. Centrarémonos nas Danzas de Paos de Río Frío (Mondariz).

Preferencia de praza para aqueles alumnos do itinerario profesional que teñan elexida na matrícula a opción "cursos de curta duración". Curso con valor académico na e-Trad: computable por 6h..

   

XORNADAS DE MÚSICA TRADICIONAL DA TRADESCOLA EN SARRIA

10.06.10

A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Sarria.

   

Cursos Folk en ferrolterra

31.05.10

Os vindeiros 18,19 e 20 de Xullo terán lugar en Ferrol os Cursos Folk.

Entre as disciplinas que atoparemos están o violón, pandeireta, bodhran, gaita e percusión tradicional entre outras.

   

Cordas em Portugal: cavaquinho e bandolim

13.05.10



O vindeiro domingo 30 de maio Luis Peixoto, ofrece un curso sobre corda pulsada aplicada a dous dos instrumentos máis carismáticos do país veciño, de grande trandición en pulso e púa. Son dous cursos onde se presentará a técnica básica, afinación, colocación de acordes, repertorio,... para calquera nivel: básico e avanzado.
É posíbel adquirir o instrumento para o curso (90 € max. o cavaquinho, 130 € max. o bandolim) desde Portugal que traerá o propio mestre. Avisar canto antes.
Inscricións en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no +34 881 031 829



   

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA AS II XORNADAS DE BAILE TRADICIONAL

05.05.10


A Asociación de Gaiteiros Galegos abre o prazo de inscrición para as II Xornadas de Baile Tradicional que se celebrarán o sábado 22 de Maio no Centro Sociocultural do Castiñeiriño de Santiago de Compostela (Virxe de Fátima, s/n). Estas xornadas naceron fai un ano coa intención de cubrir a demanda existente por parte dos nosos asociados e dun gran público interesado neste aspecto da tradición galega, e dando así un importante paso no noso camiño para tentar abarcar tódalas manifestacións culturais tradicionais.

As Xornadas de Baile Tradicional están pensadas en primeiro termo para os profesionais do mundo da danza e do ensino en xeral; pretenden ser unha ferramenta para o desenvolvemento da súa actividade cotiá, proporcionándolles os coñecementos e materiais precisos para facer máis sinxela e efectiva a súa labor. Pero tamén están orientadas a todos aqueles interesados na cultura galega, xa sexan profesionais ou non, para que poidan completar os seus coñecementos e participar de xeito activo no debate para mellorar e dinamizar a nosa tradición.
PROGRAMA
MAÑÁ
10:00 h – Recepción dos participantes e presentación das Xornadas.
10:15 h - PRESENTACIÓN DE PUBLICACIÓNS: “ Así fan os Bailadores” Xabier Iglesias - “Bailaben” Edith Cotilla e Gustavo Couto.
11:15 h - 1º OBRADOIRO: Xabier Iglesias, “ Xogos tradicionais bailados”.
12:30 h - 2º OBRADOIRO: Luis Prego. “Muiñeiras”

TARDE
16:00 h - MESA REDONDA: “Situación actual e futuro do baile tradicional en Galicia” .Serxio Cobos, Luis Prego, Gustavo Couto. Moderador: Pablo Díaz.
17:15 h - 3º OBRADOIRO: Serxio Cobos. “Xotas”
18:30 h - DESCANSO
19:00 h - 4º OBRADOIRO: Pablo Díaz: “Os bailes agarrados”.
20:15 h - CONCLUSIÓNS E PECHE DAS XORNADAS.
21:30 SERÁN: Festa aberta a todos e todas as participantes nas xornadas e outros convidados para tocar e bailar.

Para asistir a estas xornadas, é necesaria unha inscrición previa, que deberá realizarse antes do 20 de maio a través dos teléfonos 986 847074 / 982 229966 ou a través de Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

A inscrición é gratuita para socios da AGG e ten un custo de 10 € para os non asociados.

Forma de pago para non socios: Ingreso ou transferencia bancaria a nome da Asociación de Gaiteiros Galegos no número de conta 0182-0638-90-0200016989 (BBVA) indicando no concepto Xornadas de baile tradicional 22 de maio 2010 e o nome completo da persoa.

   

Grande éxito do seminario de percusión que a AGG realizou en Melide

24.04.10

Grande éxito do seminario de percusión para o canto tradicional que a Asociación de Gaiteiros Galegos realizou en Melide.

O Seminario de Percusión para o canto Tradicional levouse a cabo dentro da programación de actividades da Foliada de Melide, onde a Asociación de Gaiteiros Galegos estivo presente durante a fin de semana cun posto informativo e de venda de publicacións.
O 24 de Abril tivo lugar no Edificio Multiusos de Melide a I Edición do Seminario de percusión para o canto tradicional. Unha actividade a través da cal a Asociación de Gaiteiros Galegos pretende poñer en valor e afondar neste aspecto da nosa música.
As 11.00 horas iniciou a xornada Pablo Carpintero, que ante un numeroso público foi o encargado de ofrecer un relatorio sobre a historia e a iconografía dos instrumentos tradicionais galegos, e sobre a tradición musicada que foi transmitida polas mulleres de xeración en xeración.
A parte práctica tivo lugar ás 17:00 horas, nesta parte do Seminario os asistentes pudieron poñer en práctica os coñecementos adquiridos no relatorio da mañá. A encargada de realizar esta sesión práctica foi Marita Guiadáns , que ofreceu un obradoiro de instrumentos de percusión para o canto. Da man de Marita Guiadáns os numerosos asistentes aprenderon distintos xeitos de tocar instrumentos de percusión tradicional usados como acompañamento do canto como son pandeiretas.
O obxectivo de estas xornadas é ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional, e intentar acercar a cultura tradicional galega a toda a poboación.
   

Master Class temática sobre o "Pìobaireachd"

15.04.10

Un dos músicos máis importantes da música comercialmente coñecida como "celta", o bretón Patrick Molard, ofrecerá unha aula maxistral con el sobre o "Pìobaireachd", xénero propio das Terras Altas de Escocia, considerado como a música "culta" escocesa para cornamusa e que foi conservado por tradición oral, da que Patrick Molard está considerado coma un dos mellores intérpretes no xénero sobre o que acaba de editar un CD.

Haberá un pequeno concerto final exclusivo para os asistentes.

Será o xoves 22 abril, 16 a 20.30 h cun prezo: 35 € en Santigo de Compostela.

Esta é unha sesión orientada non só para os gaiteiros máis experimentados senón tamén para calquera músico interesado nos xéneros máis representativos das músicas patrimoniais europeas.

Para inscricións ou máis información en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou no teléfono
+34 881 031 829

www.folque.com

   

Páxina 8 de 19