Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Cursos

Cursos

II Xornada de Baile e Música Tradicional de Eirís

10.02.11

Curso intensivo de gaita galega a cargo de Daniel Bellón García o vindeiro 19 de Febreiro en horario de 10 a 14 e de 16 a 20 horas no CCM de Eirís (A Coruña) por só 30€. 

(Prema no título para ver a nova ao completo)

 

   

Obradoiro de técnicas de improvisación teatral aplicadas á regueifa e actuación pública

01.02.11

A Asociación ORAL de Galicia convoca este obradoiro que será impartido por profesionais de Impromadrid nas instalacións do CVC Valladares no Centro Sociocultural do Pedregal (Estrada Xeral Valladares, nº 261) durante os días 5 e 6 de febreiro, no seguinte horario:

(Prema no título para ver a nova ao completo)

 

   

Monográfico de percusión tradicional con instrumentos de cociña

28.01.11

O vindeiro sábado 19 de febreiro aCentral Folque organiza un novo curso monográfico específico co título de Músicas da fortuna, percusión tradicional con instrumentos de cociña. Imparte Vanesa Muela, xoven cantante e percusionista castelá cunha sólida carreira profesional coma solista e mestra de canto e percusión tradicional. O curso será de 6 horas e ten un prezo de 100 €. 

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

II Curso de Baile Tradicional Galego en Ponferrada

26.01.11

Os días 28, 29 e 30 de xaneiro a Asociación Cultural Abelladeira organiza o segundo CURSO DE BAILE TRADICIONAL impartido polo profesor Miguel Sotelo.

(Prema sobre o título para ver a nova ao completo)

   

Curso: Discografía imprescindible na música tradicional e folk de Galicia. Alfonso Franco

25.01.11

Días 11 e 18 de febreiro de 2011
17h a 20h (6h)
Aulas da e-Trad
20 prazas
Teórico
Último día de matriculación o 4 de febreiro 2011 (na oficina da e-Trad de luns a venres de 16h a 19h)

Dende finais do s.XX, a transmisión oral nas cidades e vilas quedou relegada casi na súa totalidade á escoita de gravacións discográficas. A procura dos temas empregados polas novas xeracións de músicos tradicionais pasa por coñecer os distintos rexistros sonoros existentes, tanto das recolleitas orixinais coma das distintas reinterpretacións levadas a cabo polos grupos folk.

A intención desta xornada é a de realizar unha revisión das gravacións discográficas mais importantes da música folk e tradicional que todo amante da nosa música debera coñecer.
 
Preferencia de praza para aqueles alumnos do itinerario profesional que teñan elexida na matrícula a opción "cursos de curta duración". Curso con valor académico na e-Trad: computable por 6h.
   

Obradoiro de Canto e Pandeireta no Centro Galego de Madrid

25.01.11

A Escola de Gaitas do Centro Galego de Madrid organiza un taller de canto e pandeireta para os días 29 e 30 de Xaneiro nas súas instalacións da rúa Carretas. Está dirixido a todas as persoas interesadas na percusión galega, que queiran iniciarse nela ou ben aumentar o seu nivel. 

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Xornadas sobre a industria cultural lusófona

21.01.11

A Rede Galega de Empresas celebrará coa colaboración da Deputación de Lugo as Xornadas "A industria cultural nos países lusófonos" que terán lugar no Museo Provincial de Lugo o vindeiro sábado 29 de Xaneiro. Unha xornada cos representantes de empresas e entidades de Brasil, Cabo Verde, Galiza e Angola pra promover o intercambio e coñecemento das diferentes realidades doscatro paises. Máis información e inscricións no 881.031.472 ou en Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

   

Xornadas de Música Tradicional da Tradescola en Chantada

20.01.11

A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza para a vindeira semana, unha nova xornada didáctica en Chantada. Esta actividade, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

 

   

Monográfico: Cordas Folque

07.01.11

O próximo curso monográfico que aCentral Folque organiza será o de Cordas os vindeiros sábado 22 e domingo 23 de xaneiro (horario de mañán) en Santiago de Compostela co multinstrumentista portugués Luis Peixoto. Este é un curso para instrumentos de corda pulsada, fundamentalmente bouzoukis, mandolinas, cavaquinhos, e tamén guitarras segundo as preferencias do alumnado. Destinado a calquera persoa interesada en coñecer os ritmos máis importantes e técnicas avanzadas para esta tipo de instrumentos. O curso ten un prezo de 50 € (8 horas lectivas).

(Prema no título para ver a noticia ao completo)

   

Integrantes de Pesdelán imparten hoxe no Auditorio de Cangas un obradoiro de baile

30.12.10

O grupo Pesdelán presentará hoxe no Audiotorio de Cangas o seu novo libro, que acaba de publicar en Kalandraka e que inclúe un CD e un DVD titulado "Na punta do pé", unha iniciativa para contribuir á conservación e divulgación dos bailes tradicionais.

O libro inclúe un CD e un DVD para facer máis comprensibles os contidos e as danzas que se recollen. Algúns dos integrantes do grupo, como Mercedes Prieto, estarán hoxe xoves ás 18.00 horas no Auditorio de Cangas para participar nunha presentación e un obradoiro aberto e cun carácter marcadamente interactivo.

   

Páxina 7 de 19