Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Cursos

Cursos

Cursos de instrumentos tradicionais en liña

11.10.11

Está a piques de abrir as súas portas E-Xango.net, o primeiro curso de instrumentos tradicionais a distancia. Aproveitando as posibilidades das novas tecnoloxías, nace unha proposta que quere facilitarlle o aprendizado a xente que está lonxe do noso país. Esta mesma semana abre o curso de percusión e mais o de linguaxe musical.

Podemos pensar que, en xeral, no noso país é sinxelo atopar cursos nos que aprender todo tipo de instrumentos e técnicas de música tradicional. Escolas, asociacións e mesmo conservatorios dedicados a esta cuestión están repartidos por todo o país e, nos últimos anos, xurdiron tamén os primeiros libros e mesmo DVDs que animan a dar os primeiros pasos no canto e no baile. Cabe pensar tamén que é difícil atopar, fóra de Galicia, persoas que estean interesados en aprender os nosos sons populares. No entanto, nace agora un proxecto que pretende ensinar a distancia como tocar a percusión, a gaita ou cantar pezas populares.

   

V Congreso de Ensinantes de Música Tradicional

16.09.11

Tras o parón do pasado ano, alleo aos desexos da Asociación de Gaiteiros Galegos, a AGG volta a organizar a que será a V edición do Congreso de Ensinantes de música tradicional, que se celebrará no AUditorio de Galicia os días 7, 8 e 9 de Outubro do 2011

As catro edicións anteriores demostran como esta cita anual se está a converter nun referente, xa non só para a xente que traballa no entorno da música tradicional, senón para mestres e mestras que achan no congreso unha fonte de ideas e coñecementos  para desenvolver  o seu quefacer diario.

Pretendemos pois con esta actividade, amosar a riqueza da nosa cultura tradicional, incidindo na importancia que ten a transmisión destes coñecementos  para que as novas xeracións continúen a valorar, respectar e transmitir este importante legado cultural. Deste xeito consideramos imprescindible que se involucren todos os axentes educativos no eido da música e da cultura tradicional como son escolas de música, conservatorios, asociacións culturais, etc.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

A A. C. Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo) ten aberto o prazo de matrícula 2011-2012

07.09.11

A Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (Teo), ten aberto o prazo de matrícula para as actividades do curso 2011 – 2012: 

Escola de Baile e Música Tradicional (nenos e nenas de 3 a 18 anos):

- Baile Tradicional.

- Gaita.

- Pandeireta.

- Percusión: tambor e bombo.

Escola de Adultos (maiores de 18 anos):

- Baile Tradicional.

- Pandeireta.

- Gaita.

- Acordeón.

   

Aberto o prazo de preinscripción da e-trad ata o 9 de setembro

06.09.11

Entramos nos últimos días para que podas preinscribirte nas nove especialidades instrumentais que impartimos na e-Trad: Zanfona, Gaita, Percusión Tradicional, Canto Popular, Requinta, Arpa Céltica, Violín Folk, Acordeón Diatónico e Corda Pulsada.

Dispoñemos de instrumentos e de aulas de ensaio para que podas iniciarte aínda que non contes con instrumento propio durante o primeiro ano.

   

Cursos de verán de O Fiadeiro

30.06.11

Xullo 2011 Cursos Verán

Luns de 10.00 a 13.00 - Manualidades (5-12 anos)

Martes de 10.00 a 13.00 - Debuxo/Pintura (5-12 anos)

Xoves de 10.00 a 13.00 - Iniciación ó Folclore (3-5 anos)

Venres de 10.00 a 13.00 - Construcción de instrumentos (5-12 anos)

Actividades de 1 hora semanal polas tardes:

Pandeireta: Luns ou venres

Gaita: Martes, mércores ou xoves

Acordeón: Xoves 

Interesados inscribirse canto antes.

Máis info: 629 585 355

   

A música galega nun curso de violín folk en California

15.06.11

Unha delegación de músicos galegos, procedentes fundamentalmente de Vigo, participará entre os días 18 e 26 deste mes nun curso de violín folk que se celebrará en California, e que terá á música galega como principal protagonista.

Entre os participantes nesta actividade encóntranse tres profesores da Escola de Música Tradicional viguesa, integrantes do grupo «Bula Timpánica», informou unha nota da formación.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Curso de Conservación de Rexistros Sonoros

31.05.11

9 e 10 de xuño de 2011

O Consello da Cultura Galega, a través do programa Arquivo Sonoro de Galicia, e en colaboración con AEDOM, quere contribuír á clarificación e á estandarización nos procesos de dixitalización e preservación do noso patrimonio sonoro. Dende os anos 90 os arquivos de audio, en concreto, veñen experimentando un constante e acelerado proceso de obsolescencia que obriga a unha permanente migración dun sistema a outro. Esta situación, o paso dos sistemas analóxicos ós dixitais, provoca unha permanente busca do sistema de preservación definitivo e afecta, dunha forma total, na propia catalogación e clasificación dos materiais sonoros.

(Prema no titulo para ler a nova ao completo)

   

Verán Folque de Poio

30.05.11

Aberta a inscripción para o campamento urbano

O Centro Galego de Música Popular aCental Folque e o Concello de Poio asociáronse un ano máis para levar a cabo o programa Verán Folque no municipio. É unha iniciativa dirixida aos nenos e que oferta clases e actividades lúdicas relacionadas coa música popular galega. Desenvolverase do 4 ao 15 de xullo a no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, de luns a venres (de 10 a 13.30 horas). Os destinatarios son os nenos de Primaria (de 6 a 12 anos) e o prezo é de 20 euros. A inscrición está aberta no Concello.

(Prema no titulo para ler a nova ao completo)

   

Xornada de Bailes Agarrados

04.05.11

Terá lugar o vindeiro sábado 7 de maio na Praza da Peregrina de Pontevedra.

Comezará as 20h cunha introducción aos bailes agarrados e continuará coa sesión práctica as 20:30h.

A música en directo correrá a cargo do grupo Atalúns e o encargado de guiar o obradoiro será David López.

   

Seminario de Percusión en Melide

14.04.11

No seu afán de abarcar todos os ámbitos da música tradicional, a AGG como ven sendo habitual, organiza coincidindo coa foliada de Melide, un seminario que nesta edición versará sobre a percusión tradicional.

A música tradicional galega é moi rica en instrumentos de percusión (pandeireta, pandeiro, bombo, culleres…) que dan ritmo as cancións e que son algo básico dentro da nosa música.

Estes instrumentos teñen a súa propia partitura e melodía que complementa á principal, polo que desenvolven un papel fundamental no campo da música tradicional galega.

A través deste Seminario de Percusión, a Asociación de Gaiteiros Galegos quere poñer en valor e afondar neste aspecto da nosa música, contando para isto con dous especialistas de primeira orde como son Francisco Estévez ‘Chuco’ que será o engargado de conducir as 11 da mañá un relatorio e Roi Adrio que as 5 da tarde conducirá a sesión práctica.

Prégase aos participantes que para a sesión práctica aporten os seus instrumentons.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

 

   

Páxina 4 de 19