Cursos
ESCOLAS RETROUSO 2008/2009
29.09.08
O mércores 1 de outubro arrinca o curso 2008/2009 nas Escolas Retrouso, da Asociación Cultural Retrouso.A ambiciosa estrutura de profesorado do ano pasado mantense: con Cristóbal Prieto como responsable do eido da gaita; Alberto Costas, da percusión, Guillerme Ignacio, do canto tradicional e a pandeireta; Teresa Pedrouso, do acordeón; e Margarita Pérez, do corpo de bailadores.
Como novidades, este ano emprenden a creación dunha aula específica para adultos que queiran aprender canto e pandeireta (os mercores á tarde) e un horario específico para os nenos interesados na percusión: os sábados á mañá.
Estes son os horarios*:
LUNS
Baile: iniciación nenos en Ardán, de 16.30h a 18h, con Noelia Fariña
Coro: de 21h a 22.30h, con Carme Pereira
MARTES
Baile: iniciación nenos en Beluso, de 16.30h a 18h, con Noelia Fariña
Acordeón: nenos pequenos, de 16h a 17h, con Teresa Pedrouso
Solfa: de 17h a 18h, con Teresa Pedrouso
Acordeón: nenos, de 18h a 19h, con Teresa Pedrouso
Acordeón: adultos, de 19h a 20h, con Teresa Pedrouso
MÉRCORES
Baile: iniciación nenos en Cela, de 16.30h a 18h, con Noelia Fariña
Acordéon: adultos, de 17h a 18h, con Teresa Pedrouso
Canto e pandeireta: iniciación adultos, de 19.30h a 21h, con Tania García Ruibal
Canto e pandeireta: perfeccionamento I, de 19.30h a 21h, con Guillerme Ignacio
Canto e pandeireta: perfeccionamento II, de 21h a 22.30h, con Guillerme Ignacio
XOVES
Baile: perfeccionamento I, de 17h a 18.30h, con Débora Pena
Percusión: adultos, de 20.30h a 22h, con Alberto Costa
VENRES
Baile: perfeccionamento I, de 17h a 19h, con Débora Pena
Baile: perfeccionamento II, de 19h a 20.30h, con Débora Pena
Baile: iniciación adultos, de 20.30h a 22h, con Débora Pena
SÁBADO
Baile: perfeccionamento II, de 10h a 12h, con Margarita Pérez
Gaita: iniciación, de 11h a 12.30h, con Cristóbal Prieto
Gaita: perfeccionamento, de 12h a 14h, con Cristóbal Prieto
Percusión: iniciación nenos, de 12h a 13.30h, con Benito Salgado
Canto e pandeireta: iniciación nenos, de 16h a 17.30h, con Rubén Bastón
*: Todas as actividades son en Cela, salvo aquelas nas que se especifica Ardán ou Beluso.
Os horarios aínda poden sufrir modificacións, pero en todo caso serán lixeiras.
Cursos ACF O Fiadeiro
24.09.08
A Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro xa ten aberto o prazo de matrícula para os novos cursos 2008-2009 que comezarán o 1 de Outubro. As clases serán de luns a venres en horario de mañá e de tarde nuha gran variedade de disciplinas que inclúen actividades de música e baile tradicional, artesanía, e moitas outras propostas.No seguinte enlace podedes descargar o tríptico con información completa sobre os cursos e inscrición:
Tríptico dos Cursos
Máis información en www.ofiadeiro.com
Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir
23.09.08
A Escola de Baile e Música Tradicional Rebulir convoca para o vindeiro Sábado día 27 de Setembro o Acto de Apertura do Curso 2008/09, no cal se presentará todo o referente as actividades docentes ( horarios, profesores, grupos... ) así como as actividades lúdicas e culturais que organizamos durante o ano ( festival, exposicións, noite de fiadeiro, obradoiros... etc ).
Conxuntamente celebrarase o acto de entrega de premios do I Concurso de Fotografía Antiga, cuios resultados se atopan publicados na páxina da escola (www.rebulir.blogspot.com). Os premios serán entregados pola Exma. Alcaldesa do Concello de Ramirás, o Concelleiro de cultura do Concello de Ramirás, e o director de Rebulir.
Ámbolos dous actos serán celebrados no Local de Rebulir, situado na Praza de San Andrés – Vilavidal – Ramirás e terán comezo as 18:00h.
CURSOS 2008-2009 A.C. ROSALÍA DE CASTRO
12.09.08
A Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras ten aberto o prazo de matrícula para as actividades do curso 2008 – 2009: Baile Tradicional (nenos e adultos), Pandeireta (nenos e adultos), Gaita (nenos e adultos), Acordeón, Curso de Manualidades, Curso de Bordado, Arte Floral, Bailes de Salón, Cociña, Kárate, Cestería, Debuxo e Pintura, Ximnasia de mantemento, Pilates, Ioga, Tai Chi, etc.A Escola de Baile e Música Tradicional da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras (dirixida a nenos e nenas dende 3 anos ata os 18anos), presentará o novo curso o Sábado 13 de setembro a partir das 10:30 h da mañán.
Para inscribirse ou obter máis información, os interesados poden dirixirse ó local da Asociación Cultural Rosalía de Castro en Cacheiras, xunto ó campo de fútbol da S. D. Cacheiras no concello de Teo, ou ben chamar ó seguinte teléfono 981 80 60 91 en horario de 20:30 a 22 h de luns a venres.
III Obradoiro de Música e Baile Tradicional
07.07.08
A Asociación Cultural Follas Novas de Ames, en colaboración co Concello de Ames e a Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza o III Obradoiro de Música e Baile Tradicional. Esta actividade levarase a cabo os días 15 e 16 de Xullo no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a soamente 10 Km de santiago de Compostela.Para asistir ao obradoiro é precisa unha inscrición previa que ten un prezo de 15 euros. Para os menores de 14 anos, socios e socias da A.C. Follas Novas e Asociación de Gaiteiros Galegos o prezo é de 10 euros.
Podedes ver o programa completo de actividades no seguinte enlace:
Programa
e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional)
01.07.08
O Concello de Vigo, a través da súa Area de Educación pon en marcha a e-Trad, unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano. A e-Trad correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral. Oferta dous tipos de enfoque educativo: o afeccionado e o profesional.Afeccionado: O público interesado poderá aprender a interpretación do canto e a música tradicional nun nivel básico.
Profesional: O actual profesional da música ou futuro profesional vai poder formarse ou complementar a súa formación, tanto nas especialidades instrumentais e vocais como nos marcos teorico-prácticos que envolven a actividade musical. Para o mellor cumprimento desta función, a e-Trad oferta dous niveis diferentes do itinerario profesional, segundo as necesidades do alumnado.
Especialidades instrumentais e vocais:
- Canto popular, Violín folk, Gaita, Percusión, Zanfona, Requinta, Arpa céltica, Corda pulsada, Acordeón diatónico.
A e-Trad atenderá a un máximo de 300 alumnos en cursos académicos de outubro a xuño.
Máis información en www.e-trad.org
III CURSO DE GAITA
17.06.08
O Conservatorio Superior de Música de Vigo organiza o III CURSO DE GAITA, que se levará a cabo durante os días 1, 2 e 3 de Xullo no Auditorio Martín Codax (Monte do Castro - Vigo). Pablo Carpintero será o encargado de impartir dito curso, que, durante tres días, fará un repaso pola historia da gaita, morfoloxía, dixitación, repertorio... intercalando tanto actividades teóricas, como prácticas e de demostración.A duración total do curso é de 18 horas e a inscrición ten un prezo de 50 euros por alumno/a.
Máis Información e Inscrición
XORNADAS DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA
09.05.08
A Asociación Cultural Cantigas e Frores organiza os vindeiros 15, 21 e 28 de Maio unhas xornadas sobre cultura tradicional galega. Os actos celebraranse no Salón de Actos da Fundación Caixa Galicia, en Lugo.
O Xoves 15 de Maio a partir das 20:30, levarase a cabo unha charla sobre Tradición e Innovación. Sergio Cobos e Lis Latas presentarán os seus últimos traballos sobre transcripción de Baile tradicional e o Punteiro Afinable respectivamente.
O Mercores 21 de Maio ás 20:30, Antón Castro falaranos do seu traballo sobre a aplicación das cantigas populares no ensino da música nos centros de educación primaria "De Cantar e Contar".
Para pechar esta serie de actividades, o Mércores 28 de Maio ás 20:30, o investigador e estudioso Javier Jurado presentaranos "O Mestre Vide. Un Compositor Galego", traballo onde aborda a obra deste compositor ourensá emigrado a Cuba.
Para ver o programa completo preme no seguinte enlace:
Programa
OBRADOIRO DE CANTIGAS DE BERCE
05.05.08
O próximo sábado 10 de maio, o grupo Os Chichisos organiza un obradoiro de cantigas de Berce, da man de Xaime Estévez, doutor en Ciencias da Educación e profesor de música no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo. Será a partires das 11h da mañá no Local da Federación de Veciños Castelao de Pontevedra, rúa Gagos de Mendoza.ACTIVIDADES
11.00 h :
• As cantigas de berce na música galega
• As cantigas de berce no ciclo da vida e do ano.
• Taller de práctica vocal: cantigas de berce de todo o mundo.
• Análise literaria e musical.
13.30 h : Xantar
16.00 h :
• Beneficios da lactación materna. A cargo de María Gayoso Couce, da Asociación Mámoa
• Taller de creatividade.
• Taller vocal-instrumental.
• Cantigas de berce dos nosos maiores: Sra. Divina e Sr. Manuel de Mogor, Marín, e Sra. Felicia de Paredes, Vilaboa.
19.00 h : Merenda “infantil” pra todos os asistentes
Prazas limitadas.
Prezo: 5 €
Reservas: 676 842 942
FABRICACIÓN DE INSTRUMENTOS VEXETAIS
28.04.08
O Grupo de música tradicional Os Chichisos organiza o vindeiro domingo 4 de Maio un interesante curso de construción de instrumentos vexetais. Tedes todos os datos para asistir ao mesmo a continuación:Curso: Fabricación de instrumentos vexetais
• Día: domingo 4 de maio do 2008
• Hora: 17:00 h
• Lugar: As Grades o carón da Ponte da Condesa, na ribeira do río Tomeza .
• Nº de prazas: 15
• Impartido por: Manuel Rodríguez, de Mogor, e por membros de Os Chichisos
• Información e inscricións: 676.842.942
PROGRAMA:
• 17.00 h: construcción de diversos instrumentos tales como gaitas, frautas rectas e traveseiras, turutas, carrizos, castañetas, carracas, etc. con elementos vexetais (sabugueiro, cana, espadanas, salgueiros, ameneiro, etc.).
Páxina 14 de 19