Cursos
I XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGA
11.09.09
I XORNADA DE CULTURA POPULAR GALEGAA nosa imaxe, o noso son
A A.F.C. Berros do Castro organiza a primeira Xornada de Cultura popular galega en San Sadurniño. As actividades comezarán o vindeiro día 28 de Setembro cunha exposición de imaxes referidas a formacións musicais e artesáns de instrumentos tradicionais das comarcas de Ferrol, o Eume e Ortegal. Será na Casa da Cultura, onde o día 3 de Outubro se leven a cabo os concertos e obradorio programados.
Para asistir ao obradorio é precisa unha inscrición previa cuxas características podedes consultar no díptico informativo que tedes para descargar ao pe desta nova.
PROGRAMA DÍA 3 DE OUTUBRO
Obradoiro de música (10.00 a 13.30 h e de 16.00 a 19.00 h):
"Técnicas de afinación e interpretación para gaita galega". Impartido por Iván Costa
Concertos:
20.00 h Iván Costa & Manolo Maseda
20.30 h A Requinta de Xían
Programa e Inscrición
CURSO DE DIRECIÓN DE ORQUESTRA E BANDA
13.07.09
A Federación de Bandas de Música Populares de Vigo, dentro das diversas actividades que desenvolve, convoca un Curso de Direción de Orquestra e Banda impartido por Francisco Navarro, co propósito de comezar a satisfacer unha demanda formativa e pedagóxica, froito da gran cantidade de bandas de música, corais e outras agrupacións musicais que existen en Vigo.O obxectivo deste curso é o de introducir e formar na técnica de direción a todos aqueles músicos interesados en desenrolar unha labor como directores de banda, orquestra ou agrupacións musicais diversas.
Máis datos e inscricións aquí.
OBRADOIRO DE ZANFONA, CANTOS DE CEGO E PERCUSIÓN TRADICIONAL DA TRADESCOLA
15.04.09
A Tradescola, escola de música tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos, organiza o vindeiro domingo 19 de Abril unhas Xornadas de Zanfona, Cantos de Cego e Percusión Tradicional en Monforte.Cunha proposta educativa que lle permite ao alumnado adquirir unha formación integral, na Tradescola se imparten aulas de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación, e asisten a elas un total de 150 alumnos.
Coa intención de complementar a formación do alumnado impártense cursiños monográficos e realízanse outras actividades relacionadas coa difusión da cultura tradicional. O obxectivo é ofrecer formación a todas as persoas interesadas na música tradicional e poder colaborar con asociacións de toda a provincia, a través da realización de outras actividades relacionadas co ensino da música e baile tradicionais. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo, trasládase así, a través de diversas accións formativas, ás distintas comarcas da provincia.
O día 19 de Abril a partir das 17.00 h., terán lugar na Casa da Cultura de Monforte de Lemos unhas xornadas didácticas dedicadas a zanfona e a percusión tradicional. Esta actividade estará guiada polos mestres da Tradescola Luis Correa “O Caruncho” e Xose Lois Romero Cajigal. Na mesma poderemos gustar dun concerto didáctico no que Luis O Caruncho nos amosará os secretos da zanfona, cantos de cego, regueifas... e Xosé Lois nos ensinará as distintas percusións utilizadas na música tradicional. Posteriormente, realizarase un obradoiro no que os mestres estarán a disposición dos asistentes para responder a calquera dúbida ou inquedanza sobre os distintos instrumentos, e no que o público poderá achegarse e aprender os distintos xeitos de tocar.
XORNADA DE BAILES AGARRADOS EN PONTEVEDRA
14.04.09
Os Chichisos organizan unha xornada lúdica divulgativa, ten por obxecto o dar un amplo visionado a unha das formas do noso baile tradicional, o baile agarrado.Esta xornada terá lugar o 30 de Maio do 2009 no paseo de río Gafos (a carón do Muíño do Coto) de Pontevedra; e o programa é o seguinte:
17:00 h. Introdución aos bailes agarrados: pasodobre, valse, mazurca...
19:00 h. Merenda campestre
20:00 h. Prácticas dos distintos bailes agarrados
A música estará a cargo dos gaiteiros Airiños de Silvoso, e o mestre de baile será David López, da Agrupación Folclórica Xalgarete de Vigo.
Esta xornada está aberta a todas as idades, e para acudir a ela non é necesario ter coñecementos previos de baile tradicional galego.
Máis información no teléfono 676 842 942
TALLER DE PERCUSIÓN TRADICIONAL NO CENTRO GALEGO DE MADRID
13.04.09
A Escola de Gaitas do Centro Galego de Madrid organiza un taller de percusión tradicional para os días 25 y 26 de abril nas súas instalacións da rúa Carretas. Está dirixido a toda as persoas interesadas na percusión galega, que queiran iniciarse nela ou aumentar o seu nivel.Para realizar este curso contarase coa presenza de Alexandre Fernández, percusionista titulado y mestre de baile galego cunha ampla experiencia docente, tanto nacional como internacional, que acudirá dende Vigo para dar o curso.
O prezo do curso é de 60€ (40€ para os socios do Centro). Ó final do curso entregarase un diploma acreditativo da realización do mesmo.
Centro Galego de Madrid
R/ Carretas, 14 3ª Planta
28012 Madrid
91 531 87 48
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
XXVII CURSO DE CULTURA TRADICIONAL GALEGA
23.03.09
A Asociación Cultural Cantigas e Frores de Lugo organiza un ano máis o Curso de Cultura Tradicional Galega, que se celebrará no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo os días 9, 10 e 11 de Abril.Neste curso se impartirán as especialidades de:
-Técnicas de Gaita: Impartida por Agustín Sánchez
-Técnicas de Canto e Pandeireta: Impartida pos Sandra Diéguez
-Técnicas de Baile Tradicional: Impartidas por Gustavo Couto
-Técnicas de Percusión Tradicional: Impartidas por Roi Adrio
-Técnicas de Zanfona: Impatirda por Paulo González
Cada persoa pode inscribirse nunha especialidade. Para as especialidades de gaita, pandeireta, percusión e zanfona, haberá que asistir cos correspondentes instrumentos musicais.
O prezo da matrícula é de 30€, agás 20€ para socios da A.C Cantigas e Frores e da Asociación de Gaiteiros Galegos. Pagamentos na conta: 2091 0152 29 3040026419
As solicitudes de inscrición pódense enviar a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou ao fax 982 265 280, e deberán incluír: Nome e apelidos, DNI, teléfonos, enderezo postal e electrónico e especialidade na que solicita a inscrición. Cómpre axuntar xustificante de pagamento.
Máis información aquí.
XORNADAS DE MÚSICA TRADICIONAL DO BIERZO
11.03.09
O Centro de ensino musical do Bierzo organiza as "1ªs Xornadas de música tradicional do Bierzo", que terán lugar os días 9, 10 e 11 de Abril de 2009 en PonferradaEspecialidades e profesores:
- Canto e pandeireta: Montse Rivera (Leilía)
- Gaita Galega: Abraham Fernández López
- Baile tradicional galego: Calixto Albán (Iar)
- Obradoiro de Afinación e empalletado: Amado Domingo "Cubero"
-Obradoiro de Whistle: Abraham Fernández López
Máis información aquí.
OBRADOIROS XARABAL
11.03.09
Por 5º ano consecutivo, e coincidindo co 25 aniversario, a Banda Xarabal organiza os seus Obradoiros. Este ano os cursiños celebraranse os días 9, 10 e 11 de abril.Os cursiños dispoñíbeis nesta edición serán:
* Gaita: técnica e interpretación. Impartido por Diego Mariño
* Empalletado e afinación. Impartido por Xurxo Fernández
* Construción de palletas. Impartido por Patricia Cela
* Percusión tradicional. Impartido por José Carlos Villar Bouza
* Percusión folk. Impartido por Lucía Martínez
* Zanfona. Impartido por Xaime Rivas
* Traverso tradicional. Impartido por José Liz
Todo os obradoiros impartiranse no colexio público San Salvador de Teis(Vigo). O horario de obradoiros é de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00.
Sábado 4 de Abril -> Data límite para enviar a preinscrición.
Martes 7 de Abril -> Data límite para que os alumnos/as admitidos nos cursiños fagan efectivo o pagamento
Máis información aquí.
PECHADO O PRAZO DE INCRICIÓN PARA AS XORNADAS DE BAILE DA AGG
06.03.09
Informamos de que o prazo para inscribirse nas Primeiras Xornadas de Baile Tradicional da Asociación de Gaiteiros Galegos quedou pechado ao completarse o aforo.As Xornadas, que se celebrarán o sábado 7 de Marzo no CSC do Castiñeiriño, en Santiago de Compostela, contan, na súa primeira edición, con mais de 70 inscritos.
Agradecemos todo o interese e expectación demostrados por esta actividade e agardamos vervos o próximo sábado.
OBRADOIRO DE BAILE E ATURUXO NO VISO
02.03.09
A partires do mes de Marzo ofrecerase, na parroquia do Viso (Redondela), un Curso de Baile Tradicional a cargo do mestre Marcelo González.As clases desenvolveranse na Sociedade de Agricultores do Viso a partir do vindeiro mércores 4 de marzo ás 20:30h.
A Asociación Cultural organiza, ademáis, para o sábado 4 de abril un Obradoiro de Aturuxo impartido polo coñecido etnógrafo Pablo Carpintero. Este obradoiro constará dunha única sesión que permitirá, a todo aquel que participe, coñecer e desenvolver a arte do máis coñecido berro ancestral galego, o aturuxo.
Celebrase na Sociedade de Agricultores do Viso a partires das 16:00h.
Para inscricións e infomación, chmae ó teléfono 626 156 872 ou visite a páxina web www.terrameiga.net
Páxina 12 de 19