Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Cursos

Cursos

Obradoiros de Nadal en Brincadeira

05.11.12

brincadeira obradoiro_nadalBrincadeira está a organizar un obradoiro de danzas e músicas do ciclo Nadal para todas aquelas persoas que estean interesadas en coñecer de xeito práctico o rico folclore galego vencellado a esas datas, contando como mestres con algúns dos seus mellores coñecedores: Luís Prego, Felisa Segade e Xoán Porto, nas especialidades de baile, canto e acompañamento instrumental. Deste xeito, quen queira despois poderá recuperar estas tradicións na súa casa, na súa aldea ou na súa cidade, se lle presta...

Os obradoiros terán lugar en Santiago de Compostela os días 18 e 25 de novembro e o día 2 de decembro. O 23 de decembro realizarase unha posta en común de todo o aprendido.

Neste enlace tedes toda a información de datas, horarios, prezos etc.:
http://www.brincadeira.org/gl/actividades/obradoiro-danzas-e-m-sicas-do-nadal


 

 

   

O VIOLINO DE COURTIER

31.10.12

cartaz violino_webA Pobra de Trives acolle o I Encontro de violino popular, os vindeiros 9, 10 e 11 de novembro; un programa de actividades varias ao redor deste instrumento e a súa versión máis popular: divulgación, práctica, convivio, concertos, conferencia,...

O I Encontro de Violino Popular é un punto de encontro para violinistas que adican a súa vida musical ao repertorio de raíz, para a xente interesada neste instrumento, para curiosos e curiosas, para a xente que quere aínda ilusionarse e deixarse sorprender coa fauna da música galega, para xente que quere coñecer a arquitectura, a gastronomía e a paisaxe a través da música. O violino de Courtier é un lugar de intercambio de coñecemento, de diversión, experimentación e reflexión. O Violino de Courtier convirte a Terra de Trives no epicentro do violino popular.

PROGRAMA:

  • Venres 9 novembro 

Sesión didáctica “O Violino de Courtier” / 10:00 Centros Educativos

Concerto de TALABARTE  /  20:30 Casa da Cultura

  • Sábado 10 novembro

Foro Courtier / 19:00 Casa da Cultura

“Paisaxes histórico-musicais da Terra Trives” e Concerto Express de  COMISA BAL

  • Domingo 11 novembro

Concerto de PANCHO ÁLVAREZ / 18:30 Casa da Cultura

  • Sábado 10 -Domingo 11 novembro

Curso intensivo de violino con Pancho Álvarez

Duración: 10 horas

Horarios: sábado 10 de novembro de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 18:00//  domingo 11 de 10:00 a 16:00.

Organiza :aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular

   

A Tradescola impartiu un curso de técnica vogal na Pobra do Brollón

30.04.12

a pobra do brolln 2A Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, no seu afán de incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego na sociedade actual, achegou este domingo 29 de Abril á Pobra do Brollón, un curso de técnica vogal no canto tradicional que foi impartido por Begoña Lorenzo, no que os asistentes aprenderon exercicios de técnica vogal para o dominio e control da voz, exercicios de respiración, expresión, etc, aplicando posteriormente todos estos recursos e coñecementos en pezas do repertorio tradicional.

   

A Tradescola impartirá un curso de técnica vogal no canto tradiciona​l na Pobra de Brollón

26.04.12

present. curso pobra brollnEsta mañá tivo lugar a presentación da vindeira actividade que desenvolverá a Tradescola: un curso de técnica vogal no canto tradicional que impartirá Begoña Lourenzo e que terá lugar o vindeiro día 29 de abril na Casa da Cultura da Pobra de Brollón. O curso desenvolverase entre as 10 da mañá e as 2 da tarde e xa conta con 30 persoas inscritas, que é o número máximo de prazas.

Á presentación asistiron o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, Antonio Veiga, vicepresidente da Deputación, o alcalde e o concelleiro de Cultura da Pobra de Brollón, Xosé Lois Maceda e Ricardo Rodicio, e a coordinadora da Tradescola, Mónica Fernández.

Este tipo de actividades que organiza a Tradescola fóra da súa sede en Lugo, van no camiño incrementar a presenza da música e do baile tradicional galego en todas as comarcas lucenses e, en concreto, a actividade que se vai desenvolver na Pobra de Brollón trátase dun curso de técnica vogal no canto tradicional, impartido por Begoña Lorenzo, no que os asistentes poderán aprender exercicios de técnica vogal para o dominio e control da voz, exercicios de respiración, expresión, etc, aplicando posteriormente todos estes recursos e coñecementos en pezas do repertorio tradicional.

Este curso está englobado no conxunto de actividades que a Tradescola organiza ao longo do ano a maiores das clases semanais que imparte en Lugo; actividades como cursiños monográficos, charlas, exposicións, concertos, e outras xornadas de promoción da música tradicional, organízanse co obxectivo de ofrecer formación a todas as persoas interesadas na cultura tradicional e poder colaborar con asociacións de todas as comarcas lucenses. A actividade da escola, aínda que centrada en Lugo (a escola está situada no Complexo Residencial Xuvenil LUG II, na Rúa Pintor Corredoira Nº 4), trasládase a través de diversas accións formativas ás distintas comarcas da provincia. Esta escola está servindo como motor para realizar distintas actividades que poidan servir para potenciar, difundir e normalizar a nosa música tradicional.

   

Curso Intensivo de Técnicas de Gaita Galega com Dani Bellón

10.04.12

curso dani bellnCurso Intensivo de Técnicas de Gaita Galega com Dani Bellón

Nos dias 5 e 6 de Maio Realiza-se o Curso de Técnicas de Gaita Galega com Dani Bellón un dos mellores executantes e profesores de gaita da actualidade.
Excelente oportunidade de aquisición de novos coñecimentos e currículo didáctico.
Inscricións limitadas, preinscrición até ao dia 20 de Abril para o e-mail:
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Só serán consideradas válidas as inscricións rexistradas no e-mail arriba referido.
Prezo por participante, 50€ Aberto a todos os níveis!
Para mais informações:
André Ventura – 938568449
João Tiago Morais – 968966405

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Curso de construcción de palletas

09.03.12

curso de construccin de palletas

 

Nos vindeiros días 27 a 30 de marzo, terá lugar no CMUS Prof. de Ourense,un Curso de Construcción de Palletas impartido por Patricia Cela. 

O horario do curso é de 16:30 a 21:00h, e as prazas están limitadas a 15 alumnos activos.

Tedes toda a información no boletín adxunto.

   

III Curso de música tradicional galega

23.02.12

curso musica tradicional

 

Os vindeiro 24 e 25 de marzo, celebrarase en Lugo o III Curso de música tradicional galega, os participantes deben ser maiores de 12 anos.

Dito curso será impartido por:

- Gaita: Pepe Vaamonde

- Percusión: Miguel Anxo "Chino"

- Canto: Javier feijoó "Chisco"

- Baile: Xabier Iglesias

- Zanfona: Germán Díaz

Máis info: www.centromusicafingoi.com

   

Curso de zanfona con Germán Díaz

21.02.12

curso zanfona german
O músico Germán Díaz ofrecerá un curso de zanfona, nunha única sesión, o vindeiro 25 de febreiro en xustáns (Pontecaldelas).
A aula de Zanfona en colaboración cos Estudios Ancestral  organiza un curso de Zanfona impartido por Germán Díaz. O curso, que se desenvolverá nunha única xornada, está aberto tanto para alumnos avanzados coma para aqueles que teñan un nivel básico.

Ao remate do curso terá lugar un concerto a cargo do mestre seguido dunha cea-foliada como ven sendo habitual nos cursos de Xustáns. Para reservar praza  e máis información Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou http://cursosxustans.blogspot.com/

   

I Curso de Danza Tradicional Vagalume

15.02.12

cursovagalumeOs días 3 e 4 de marzo celébrase o I Curso de danza tradicional galega Vagalume 2012 en Alcalá de Henares (Madrid). O curso terá 10 horas de duración

Beatriz Díaz García-Muñoz e Manuel Cobas Paredes serán os mestres que darán tanto iniciación coma perfeccionamento.

INSCRICIÓNS
Os datos para a inscripción son os seguintes:
- Nome e apelidos
- D.N.I.
- Teléfono
- Enderezo electrónico
- Nivel no que solicita inscribirse. Cada persoa soamente se pode inscribir nun nivel.

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Curso de Comparsa de Antroido

21.12.11

antroidoPreparación dunha Comparsa de Antroido, coas danzas típicas e os cantares alusivos.
Todolos venres dende o día 20 de xaneiro ao 17 de febreiro (inclusive) 17h – 19h
Aula 5 - Mestre: Javier Feijoo (Chisco)
Número de prazas: 15
Último día de matriculación: 23 de Decembro

   

Páxina 2 de 19