Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Publicacións

Publicacións

Presentación do libro sobre Os Campaneiros en Vilagarcía de Arousa

13.12.05



Edicións do Cumio presenta o libro multimedia OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA.

O acto vai ter lugar na SALA DE CONFERENCIAS DO AUDITORIO DE VILAGARCÍA DE AROUSA o SÁBADO 17 DE DECEMBRO ÁS 18:30 HORAS.

No mesmo participarán os autores, Carlos Rey, Héctor Silveiro e Paulo Nogueira; Carlos Valiñas, en representación das familias Valiñas e Carballa e o director de Edicións do Cumio, Antón Mascato.

Estará ameniazado polo cuarteto de gaitas FAÍSCAS DE SOLOBEIRA.

LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA QUE INCLÚE PARTITURAS E FOTOGRAFÍAS. CO LIBRO ACHÉGASE UN DVD CON FRAGMENTOS DE PELÍCULAS, GRAVACIÓNS DE AUDIO E VIDEO E UNHA GALERÍA DE IMAXES QUE REPASA A HISTORIA DO GRUPO MÁIS FAMOSO DAS RÍAS BAIXAS.
   

OS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA: Gaiteiros de Arousa e O Salnés.

10.12.05

Nova obra da serie multimedia de Edicións do Cumio.

LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS CAMPANEIROS DE VILAGARCÍA QUE INCLÚE PARTITURAS E FOTOGRAFÍAS. CO LIBRO ACHÉGASE UN DVD CON FRAGMENTOS DE PELÍCULAS, GRAVACIÓNS DE AUDIO E VIDEO E UNHA GALERÍA DE IMAXES QUE REPASA A HISTORIA DO GRUPO MÁIS FAMOSO DAS RÍAS BAIXAS.



Neste libro, da autoría de Carlos Rey, Paulo Nogueira e Héctor Silveiro, estúdase en detalle un dos grupos máis míticos da nosa cultura musical tradicional.

José Carballa e Celestino Carballa tocaban bombo e tambor, respectivamente. Fillos de Palla Mallada, gaiteiro de renome na comarca da Arousa, despois de tocar co seu pai achegáronse a dous gaiteiros veciños, os irmáns Valiñas, para formar Os Campaneiros.


Mais información.
   

OS AREEIRAS: O legado dos Areeiras de Catoira

10.12.05

Nova obra da serie multimedia de Edicións do Cumio.

LIBRO EN GRAN FORMATO COA VIDA E OBRA DOS AREEIRAS DE CATOIRA, PARTITURAS, FOTOGRAFÍAS E GUÍA DE AUDICIÓN DO CD INCLUÍDO CON 27 PEZAS GRAVADAS AOS AREEIRAS E A RAMÓN SUMAY.



Entre os gaiteiros das comarcas da Arousa e do Salnés predomina o criterio de considerar ós Areeiras como un dos grupos sobranceiros na música tradicional de Galicia. Esta obra de Xosé Manuel Navia e Francisco Javier García é o froito de case 14 anos de recompilación e conservación dese material acumulado por Ramón Sumay e doutros documentos espallados entre as persoas próximas ós Areeiras.


Mais información.
   

Comeza unha nova andaina: ATURUXO, o voceiro da AGG

05.12.05

Vimos de enviar a todos os novos socios o primeiro número do voceiro da Asociación de Gaiteiros Galegos, ATURUXO, que pretende ser un medio de comunicación entre todas as persoas que traballan na música tradicional galega.

Deste xeito faremos chegar a todos vos o traballo e as novas máis recentes, pretendendo ser un xeito fluido de transmisión de información entre todos os colectivos, persoas, grupos, asociacións e individuos.



Ademais, aproveitamos para enviar un número especial do voceiro onde se explican os antecedentes e a situación actual relativa á problemática xerada pola posta en marcha, por parte da Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra, dunha Escola de Gaitas seguindo o modelo da Deputación de Ourense que tan nefastas consecuencias tivo para esa provincia.


Mais información.
   

Novo artigo de Pablo Carpintero

25.08.05

Neste novo artigo de Pablo Carpintero apresentan-se as GAITAS DE FOL CON CANTORES TIPO ÓBOE.




Podedes consultar o artigo completo da sección de artigos.




Mais información
   

Catálogo de músicos da Limia: Música Tradicional

21.05.05








Disponible en Livraria Torga, www.torga.net








   

Cantos e Bailes da Galiza; José Inzenga; Estudo e ed. crítica de J.L.d.P. Orjais

12.05.05








Disponible en todas as librarias do pais; p.ex. en "Livraria Torga" de Ourense www.torga.net na tenda "A Grileira", de Compostela http://personal.telefonica.terra.es/web/grileira/







   

Novo artigo de Pablo Carpintero

18.04.05

O noso compañeiro Pablo Carpintero ven de deixar no Portal da Asociación de Gaiteiros Galegos un artigo sobre as Gaitas de Fol con Cantores de Lingüeta Simple.

Con numerosas ilustracións fotográficas este artigo combina a divulgación e a análise científcia rigorosa.



Mais información
   

Sae á rua o número 1 de Etno-folk

17.04.05



***xa está na rúa etnofolk***, máis de 150 páxinas a un prezo de 12 euros cunha periodicidade de edición de tres números por ano, febreiro-maio-setembro, suscrición anual 30 euros.



Mais información
   

Páxina 7 de 7