Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Publicacións

Publicacións

Presentación do libro "Para cantar veño eu"

25.01.12

 

paracantarveoeu“Presentación do libro Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos”

Autor: Rafael Quintía Pereira (licenciado en Antropoloxía Social e Cultural, licenciado en Ciencias Empresariais e músico)

Participan: Rosalía Rodríguez (secretaria da Asociación Cultural ‘Os Chichisos’), Paz Castro (xornalista e responsable de comunicación da Sociedade Antropolóxica Galega) e Rafael Quintía

Día: venres 27 de xaneiro de 2012

Hora: 20:00

Lugar: Galería Sargadelos de Pontevedra (Oliva, 24)

Prema no título para ver a nova ao completo

   

Artigo sobre educación e a música galega polo Dr. Xaime Estévez Vila

11.01.12

sarasate1

Muiñeira de Sarasate Op.32

Fai uns cantos anos o meu amigo,compositor e gaiteiro Anxo Gago ( a quen tiven a honra de ter como alumno nos anos noventa) facilitoume a copia dunha partitura manuscrita conservada no museo Massó de Bueu   da Muiñeira de Pablo Sarasate (1844-1908) que este empresario rescatou nalgún momento nos seus viaxes dalgunha librería de vello ou anticuario. O meu amigo Anxo encargoume que fixera unha primeira transcrición para gaita desta muiñeira concibida para o virtuosismo dun violín, eu paseille con moito gusto unha versión arranxada e “tocable” nunha gaita facendo a transcrición necesaria e adaptando no posible esta impresionante peza para que puidera interpretala a banda de gaitas MANXADOIRA de Bueu creada polo mestre Gago Vaqueiro e que dirixía aínda naquela época (despois o sucedeu outro mestre gaiteiro algo máis novo : Marcos Campos que, casualidades da vida, tamén fora alumno meu no Conservatorio de Vigo).

(Prema no título para ver a nova ao completo)

   

Os xoguetes tradicionais, tema central do número 51 da revista galega de educación

04.01.12

revista galega de educacinOs xoguetes tradicionais e o seu valor educativo nos tempos actuais constitúen o tema central do número 51 da Revista Galega de Educación. 

O monográfico desta entrega da RGE, coordinado polos especialistas Xosé Manuel García e Xosé López, investigadores das manifestacións lúdicas tradicionais e autores de importantes publicacións sobre a materia, conta con colaboracións, entre outros, do Presidente da Asociación Europea de Xogos e Deportes Tradicionais, Guy Jaouen, do erudito portugués João Amado ou do especialista catalán Pere Lavega. Conta tamén, por exemplo, coa participación do investigador galego Antón Cortizas, que proximamente verá publicada a súa monumental investigación sobre os xoguetes tradicionais galegos.

 

Máis información en www.nova-escola-galega.org

   

Dispoñible o novo número da revista Sons da Galiza

19.12.11

A publicación dixital Sons da Galiza ten xa dispoñible no seu blog o seu número 18, que corresponde aos meses de novembro e decembro. Desta volta, atende a cuestións como os últimos discos de Leilía, Malvela e Assembly Point, a nova voz de Luar na Lubre, ou a Biografía e DVD ao vivo de Berrogüetto. Asimesmo, a xira da Orquestra Sondeseu e as habituais de seccións de axenda e de novas breves fan parte da entrega.

   

Publicadas as actas para o XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega Constantino Bellón 2011

09.08.11

O Ateneo Ferrolán acaba de publicar as actas para o XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega Constantino Bellón 2011 no que se seleccionaron os finalistas parao concurso de interpretación e se concederon os premios para o concurso de composició, resultando gañador Javier Mª López Rodriguez con "As cousas de Sabela", suite para gaita solista e orquestra.

En Ferrol, o día 4 de agosto de 2011, no local do Ateneo Ferrolán, sito na rúa Magdalena, 202-204 o XURADO do XX Concurso Internacional de Composición e Gaita Galega “CONSTANTINO BELLÓN”, composto por:

   

Presentación do libro multimedia "Os Morenos de Lavadores"

11.04.11

O vindeiro 14 de abril no museo Marco situado na rúa Príncipe 54, presentarase o libro multimedia "Os Morenos de Lavadores".

O acto que comezará as 20:30h contará coa presenza de Xerardo Fernández Santomé, Miguel Pérez Lorenzo e Cándido Meixide. A música correrá por conta do cuarteto Millaradas.

   

Novo Número de Sons da Galiza

11.03.11

Xa está na arañeira o número de marzo da revista musical galega "Sons da Galiza".

http://www.sonsdagaliza.es/

   

Do tacón-punta-tacón á serpentina

13.01.11

Dicionario da música popular en Galicia' é unha obra de consulta cuxa autora, Olga M. Camafeita Longa, formula tamén como percorrido pola nosa historia e maneira de vivir.

(Prema no título para ver a nova ao completo)

 

   

"Ayes de mi País" o Cancioneiro de Marcial Valladares

05.01.11

O traballo cun cancioneiro é sempre unha labor de comparación e limpeza, xa que cada lectura se converte nunha actualización do rexistro. O investigador ten que saber que na cadea de custodia que vai desde o informante até o neo-usuario do obxecto folclórico, hai sempre unha perda de información difícil de recuperar. Desde o punto de vista do bibliófilo, no caso de Ayes de mi país estamos ante o mellor dos escenarios posibles. O autor é unha personalidade no mundo da cultura de Galicia e da súa obra literaria e filolóxica hai unha considerable bibliografía posto que se lle ten rendido tributo coa celebración no seu nome do Día das Letras Galegas de 1970.

Do texto en cuestión, Ayes de mi país, contouse cun manuscrito autógrafo e dous apócrifos, varios fragmentos autógrafos máis, e unha considerable tradición indirecta. A súa parte literaria foi xa publicada polos biógrafos de Marcial Valladares, polo que optamos por unha edición diplomática. Coas partituras foi imprescindible a edición do facsímile, toda vez que como álbum fica a día de hoxe inédito, e porque se trata dunha obra orixinal dunha gran singularidade temporal; foi escrita en 1865 de puño e letra do seu autor, o que a sitúa na prehistoria da bibliografía etnomusical galega ao tempo que a converte nun auténtico tesouro, patrimonio histórico-artístico do noso país. Esta edición crítica quere achegar ao lector unha partitura actualizada, depurada de erros, aseada antes de ser presentada en público. Para por en papel esta edición crítica os autores recadaron non só as distintas variantes de cada número do Ayes..., senón que alén diso, puxeron baixo o microscopio cada unha das creacións musicais de Marcial Valladares, escasas, máis igualmente pertinentes. Para esta reconstrución fai falta unha múltiple perspectiva que aúne historia, musicoloxía, lingüística, estética e un gran etcétera difícil de abranguer: o que nós estamos a ofrecer é simplemente unha proposta interdisciplinar elaborada desde a honestidade e o traballo de moitos anos.

A presentación será o vindeiro sábado 8 de Xaneiro no Pazo de Tor (Monforte) as 20.30h. Haberá un recital de guitarra de Isabel Rei interpretando pezas do cancioneiro de Marcial de Valladares

   

Os Instrumentos Musicais na Tradición Galega en Internet

05.01.11

Como agasallo do Apalpador temos un novo recurso en internet, a versión electrónica do libro de Pablo Carpintero "Os Instrumentos musicais na tradición galega"

Textos, fotografías, videos,... un grande traballo

Cando chegou ás nosas mans a enciclopédica obra “Os instrumentos musicais na tradición galega” soubemos que estabamos ante un verdadeiro fito na investigacións e difusión da cultura sonora do país. O traballo que encerra é un completísimo estudo, serio, fondo, rigoroso, sistemático, nos tempos de hoxe e doutrora, na vida e na arte, de máis de 150 instrumentos musicais e útiles sonoros empregados en Galicia; onte de forma popular e que hoxe aínda manteñen, en distinta medida, a súa presenza.

   

Páxina 2 de 7