Tradescola
20.06.12
CELEBRACIÓN DO FIN DE CURSO NA TRADESCOLA
O vindeiro XOVES día 21 de Xuño a partir das 19.30 h., celebrarase no
A TRADESCOLA contou durante este curso con máis de 220 alumnos matriculados, o seu equipo docente está formado por 9 mestres encargados de impartir as aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical. Os mestres implicados son Bruno Villamor, Mª Carmen Saborido, Luis Correa “ O Caruncho”, Xerardo Quintela,
RESERVA PRAZAS PARA O VINDEIRO CURSO Informamos asimesmo que a Tradescola ven de abrir o periodo de reserva de prazas para o vindeiro curso 2012/2013, reserva que permanecerá aberta ata finais de xuño.
Para a reserva de prazas ou para obter máis información pódese dirixir á TRADESCOLA, situada no Complexo Residencial Xuvenil Lug II (Rúa Pintor Corredoira Nº 4 - LUGO), chamar ao teléfono 982229966 ou enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envÃo de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
31.05.12
Estas xornadas, que tiveron lugar nos centros de ensino CEIP O Salvador e CEIP Bretoña no concello da Pastoriza, achegaron aos escolares de infantil e primaria a coñecer máis de preto a nosa música tradicional, os nosos instrumentos e as formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos.
Os concertos didácticos estiveron impartidos polos mestres Luis Correa “O Caruncho”, Bruno Villamor e Xerardo Quintela, e nos mesmos, amosouselles aos nenos a evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos e os distintos ritmos, instrumentos e melodías protagonistas da música tradicional e popular galega.
Prema no título para ver a nova o completo.
30.05.12
Esta semana a Tradescola organizou en colaboración coa Asociación Cultural O Teixeiro, unhas xornadas para coñecer as tradicións que perviven na zona de Piornedo. Con estas xornadas, preténdese dar a coñecer e contactar coa xente que nos legou e nos está a legar as tradicións da zona.
Na tarde de onte tivo lugar na TRADESCOLA a charla “Piornedo, Pasado Vivo”, unha charla na cal Isolina Rodríguez ( responsable da Palloza Museo de Piornedo) achegou aos numerosos asistentes ás costumes, ás festas, ás xentes e as tradicións que seguen vivas en Piornedo.
Na charla estivo acompañada de
Ao remate da charla, tivo lugar
Para rematar as xornadas, o sábado día 2 de xuño a partir das 19.00 horas terá lugar a polavila en Piornedo;
Na polavila teremos a oportunidade de compartir vivencias con bailadores e músicos da zona que nos amosarán en vivo e en directo o seu saber.
04.08.11
A Tradescola colabora nesta edición de Cultura Aberta ofrecendo concertos de música tradicional nos xardíns do Pazo de San Marcos á entrada das distintas actuacións previstas no programa.
Cultura Aberta, o programa posto en marcha pola Area de Cultura da Deputación de Lugo que quere achegar propostas de lecer e culturais a toda a poboación, conta nesta edición coa colaboración da Tradescola,
05.07.11
Cultura Aberta é un programa posto en marcha pola Area de Cultura da Deputación de Lugo que quere achegar propostas de lecer e culturais a toda a poboación que queira participar, xa que os contidos están adaptados a todos os públicos. As actuacións terán lugar os Mércores e os Xoves de Xullo e os primeiros de Agosto nos xardíns da Deputación.
Nesta edición, o programa contará coa colaboración da Tradescola, xa que grupos de alumnos e profesores encargaranse de amenizar as entradas ás actuacións dalgúns Mércores Miúdos e Xoves de Cultura Aberta. Nesta semana contaremos con un grupo de alumnos de acordeón o mércores 6 de xullo ás 18.00 horas e o xoves día 7 de xullo ás 20.30 horas participarán alumnos de canto e pandeireta.
Alumnos e docentes ofreceron un concerto no Centro Lug II no fin de curso da Tradescola
28.06.11
No día de onte, ás 19.00 h., tivo lugar no Centro Lug II o concerto de fin de curso da Tradescola, no que actuaron alumnos e profesores de dito centro. Un ateigado salón de actos disfrutou co traballo desenvolto polos docentes e alumnos da Tradescola, que ofreceron no concerto, un amplo repertorio de música, canto e baile tradicional.
Posteriormente, ás 21.30 h. realizouse unha cea-festa á que asistiron o alumnado, docentes e convidados.
Fin de curso na TRADESCOLA
21.06.11
O vindeiro día 27 de Xuño a partir das 19.00 h. celebrarase no Centro Lug II o concerto de fin de curso da Tradescola, no que actuarán alumnos e profesores de dito centro. Deste xeito, a escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos remata as clases de gaita, zanfona, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, e linguaxe musical que se impartiron durante este curso. Posteriormente, ás 21.30 h. realizarase unha cea-festa á que asistirá o alumnado e os docentes da Tradescola.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
21.06.11
A TRADESCOLA conta actualmente con un equipo docente formado por 9 mestres de reconocido prestixio no eido da música e o baile tradicional, que imparten aulas de zanfona, gaita, acordeón, baile tradicional, canto e pandeireta, técnica vocal, percusión, requinta, linguaxe musical e etnografía e investigación. A maiores destas materias, tamén se ofrecen aulas específicas para os máis pequenos.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
20.06.11
Os mestres da Tradescola, Xela Conde ,Xabier Iglesias e Pedro David Lamas cautivaron aos alumnos do CEIP Santa María de Fonsagrada amosándolles os instrumentos, a historia e a evolución da música tradicional galega.
O CEIP Santa María de Fonsagrada acolleu unha nova actividade de promoción e difusión da Música Tradicional organizada pola Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos. Durante máis de unha hora, os mestres Xela Conde ,Xabier Iglesias e Pedro David Lamas fixeron un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que progatonizaron a historia da música galega nos últimos séculos cautivando aos alumnos de infantil e primaria que asistiron ao concerto. Cunha gran acollida, por parte dos alumnos e do profesorado do centro, os mestres da Tradescola amosaron os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
16.06.11
A TRADESCOLA, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, impartirá un concerto didáctico de música tradicional para escolares o vindeiro luns día 20 de xuño no CEIP Santa María da Fonsagrada. No concerto didáctico farase un percorrido pola evolución dos instrumentos e formacións musicais que protagonizaron a historia da música galega. Neste concerto amosaranse os distintos ritmos, formacións e instrumentos protagonistas da música tradicional e popular galega dos últimos dous séculos a través de imaxes, sons e amosando e explicando instrumentos como a, gaita, acordeón, requinta, tamboril, pandeireta e pandeiro, entre outros.
(Prema no título para ver a nova ao completo)
Páxina 3 de 3





