Xornada sobre a Requinta e a Frauta de Madeira
Mércores, 18 Novembro 2009 13:23
A asociación cultural Follas Novas, en colaboración co Concello de Ames e a Asociación de Gaiteiros Galegos organizan unha Xornada sobre a Requinta e a Frauta de Madeira na Casa de Cultura de Bertamiráns, Concello de Ames o Sábado, 21 de novembro. O obxectivo desta xornada é reunir a todos aqueles instrumentistas interesados en afondar na organoloxía e a técnica da requinta e a frauta de madeira. A inscrición é gratuíta e sen límite de prazas.O programa do evento é o seguinte:
Mañá:
• 10.45 hrs: Presentación da Xornada.
• 11.00 hrs. : Técnica e Fundamentos.Por Luis Soto ( flautista da Orquestra Real Filarmonía ).
• 12.00 hrs.: Descanso.
• 12.30 hrs.: A requinta na tradición musical de Galicia.Pablo Carpintero.
Tarde:
• 17.00 hrs: Mostra de Instrumentos.Oli Xiraldez,Artesano.
• 18.00 hrs.: Descanso.
• 19.00 hrs.: Festival con diferentes grupos que empreguen a requinta e frauta de madeira na súa formación.
Foliada Requinteira: no Pub FERLOS, Bertamiráns. Ás 22.00 horas