Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Varios / Candidatura Multinacional de Património Imaterial Galego-Português

Candidatura Multinacional de Património Imaterial Galego-Português

Varios

A División de Patrimonio Inmaterial da Unesco confirmou onte que o informe da Candidatura da tradición oral galego-portuguesa superou a fase de avaliación administrativa e xa está en mans do Xurado Internacional para a súa avaliación científica.



O dossier foi cualificado de "rigoroso e ben documentado" no referente ao exhaustivo plano de acción sobre o conxunto deste patrimonio.


Mais información



A División de Patrimonio Inmaterial da Unesco confirmou onte que o informe da Candidatura da tradición oral galego-portuguesa superou a fase de avaliación administrativa e xa está en mans do Xurado Internacional para a súa avaliación científica.
O dossier foi cualificado de "rigoroso e ben documentado" no referente ao exhaustivo plano de acción sobre o conxunto deste patrimonio.

Segundo sinalaron nun comunicado, os promotores desta Candidatura séntense satisfeitos polo recoñecemento deste traballo desenvolvido por todos os que traballaron nas diferentes partes do proceso. Por iso, o próximo sábado día 17 de setembro realizarase en Vilafranca do Bierzo un encontro de portadores deste patrimonio e unha xornada de apoio á Candidatura.

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, compromoteu o seu apoio "incondicional" á proposta. Xunto co director xeral de Cultura, Luís Bará, e o director xeral de Patrimonio, Felipe Arias, a conselleira recibiu onte unha representación da Comisión Promotora. Os representantes desta comisión foron X. M. González Reboredo membro do Patronato do Museo do Pobo Galego e do Consello da Cultura Galega, ambas as institucións promotoras da Candidatura, Santiago Veloso representante de Ponte nas Ondas...! iniciativa de radio escolar transfronteiriza onde naceu a idea da candidatura, unha representante de Portugal, Lourdes Carita, Francisco Fernández Rei pola Federación Galega pola Cultura Marítima, e Xabier Prado como representante da rede das Escolas Asociadas á Unesco.



Actos de divulgación por toda a xeografía galega

Entre os actos de divulgación da candidatura, prevese a realización dun acto público en Santiago de Compostela con representación de todas as entidades e asociacións promotoras e con representación institucional de Galicia e Portugal.

En Lugo, o Concello realizará durante o San Froilán unha mostra en vivo deste patrimonio e a Deputación de Lugo organiza a presentación da revista Oral, como actos de apoio á candidatura. Ourense ten previsto realizar actos de divulgación arredor da festa dos magostos polo San Martiño e no Día Europeo das Linguas, o Centro Unesco de Catalunya convidou á Comisión Promotora á presentación da Candidatura no Institut d’Estudis Catalans en Barcelona.

Toda a información actualizada na sua páxina
http://www.opatrimonio.org/pt/principal.asp