Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE DA ASOCIACIÓN CULTURAL XACARANDAINA

ACTIVIDADES DE TEMPO LIBRE DA ASOCIACIÓN CULTURAL XACARANDAINA

Cursos

Con motivo da apertura da matrícula das Actividades de Tempo Libre da Asociación Cultural Xacarandaina, informamo vos de que dita matrícula comezou o 1 de setembro e continúa aberta ate alcanzar o número máximo de alumnos nas clases. O horario para matricularse é de 10:30 h a 12:30 h pola mañá e de 18:00 h a 22:30 h pola tarde, de luns a venres, e os sábados de 10:00 h a 14:00 h.

Este ano cóntase con actividades de todo tipo e para todas as idades: folclore galego -impartindo clases de baile tradicional galego-, gaita, pandeireta e canto, acordeón, percusión, clarinete, artes plásticas -impartindo clases de debuxo-, pastel, óleo e acuarela, bailes latinos e de salón, ximnasia de mantemento, encaixe de bolillos e guitarra.

Tamén cabe mencionar que, durante o ano, se realizarán cursos monográficos de folclore galego, roteiros de sendeirismo, excursións, visitas a museos, campamentos, ludoteca de Nadal, visita dos Reis Magos á Asociación, festa de Antroido etc.

As actividades son para todos os públicos, desde os 3 anos en adiante. Para nenas e nenos de 3 a 6 anos, a Asociación conta cun programa lúdico-educativo que leva por nome “Gorechos”, que toma como base a cultura galega e que presenta dous obxectivos principais: iniciar a aprendizaxe do folclore galego e das artes plásticas e escénicas e favorecer o desenvolvemento integral da nena ou neno, nos ámbitos motor, afectivo, cognitivo e social. Este programa componse de 4 áreas: motricidade con soporte musical (iniciación ao baile e á danza), música activa (iniciación á música), reciclarte (iniciación ás belas artes) e cantocontocanto (iniciación á lectura, interpretación...)

As actividades comezaron o 1 de outubro e rematarán a finais de xuño e as clases se cubrirán por rigurosa orde de inscrición. A matrícula realizarse no local da Asociación: Rúa Historiador Vedía 3 – soto / 15004, A Coruña.

Contacto:

Javier Herva Míguez (Director do Círculo de Actv.).................. 646 377 888
Asociación Cultural Xacarandaina ........................................... 981 277 315
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Máis información e Horarios