Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Anuncios, subvencións, oposicións... / Probas de selección de alumnos: Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM)

Probas de selección de alumnos: Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM)

Anuncios, subvencións, oposicións...

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) convoca as probas extraordinarias de selección de alumnos da sección de especialización da Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM) da promoción 2009-2011. Dita sección pretende achegar ao panorama dos estudos musicais na Comunidade Autónoma de Galicia a oportunidade de perfeccionamento instrumental dos novos e descoñecidos valores, e ser un medio para acadar un maior perfeccionamento nas súas distintas especialidades mediante a formación individualizada que facilite a súa integración profesional ao máis alto nivel.

As probas son para as seguintes especialidades: Violín, Viola, Contrabaixo e Violonchelo.

Podes consultar a información completa da Resolución publicada no DOG do 14 de Outubro no seguinte enlace:

Resolución completa