Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Programa Cultura 2007-13

Programa Cultura 2007-13

Cursos

A Subdirección General de Cooperación Cultural do Ministerio de Cultura e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia organizan o vindeiro 4 de novembro unha xornada informativa sobre o Programa Cultura 2007-13 , programa de financiación europea para proxectos culturais.

A xornada informativa ten por obxecto axudar aos participantes a coñecer as diferentes accións e liñas de subvención do programa, así como os criterios para a avaliación de propostas. A xuntanza facilitará o intercambio de ideas e experiencias e a posta en contacto de posibles socios para futuros consorcios.

A xornada terá lugar o 4 de novembro no Auditorio do CGAC (Centro Galego de Arte Contemporánea, Rúa Valle Inclán s/n) de Santiago de Compostela entre 9,30 e 14,30 h.

Nos seguintes enlaces podes descargar o programa detallado e o boletín de inscrición.

Programa

Boletín de Inscrición

Unha vez cumprimentado o boletín, pregámoslles que o envíen ao correo-e: mailto: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ao fax nº: 91 701 72 19.

As suscricións aceptaranse por riguroso orde de chegada.