Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Actividades 2009-10 Rosalía de Castro

Actividades 2009-10 Rosalía de Castro

Cursos

A Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cacheiras ten aberto o prazo de matrícula para as actividades do curso 2009 – 2010: Baile Tradicional (nenos e adultos), Pandeireta (nenos e adultos), Gaita (nenos e adultos), Acordeón, Curso de Manualidades, Curso de Bordado, Arte Floral, Bailes de Salón, Cociña, Kárate, Cestería, Debuxo e Pintura, Ximnasia de mantemento, Pilates, Ioga, Tai Chi, etc.
A Escola de Baile e Música Tradicional (dirixida a nenos e nenas dende 3 anos ata 18 anos), xa comezou o novo curso o pasado Sábado 12 de setembro, pero ainda quedan prazas, polo que dende a asociación anima todos aqueles que o desexen a matricularse.
Para inscribirse ou obter máis información, os interesados poden dirixirse ó local da Asociación Cultural Rosalía de Castro en Cacheiras (xunto ó campo de fútbol municipal da Cañoteira) no concello de Teo ou ben chamar ó seguinte teléfono 981 80 60 91 en horario de 20:30 a 22 h (de luns a venres).