Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Presentación Curso 2009-2010 A.C. Rebulir

Presentación Curso 2009-2010 A.C. Rebulir

Cursos

O Sábado 26 de setembro a A.C. Rebulir, Escola de Baile e Música Tradicional desenvolverá o acto de presentación do curso 2009/2010. Explicaranse os horarios e organización das actividades docentes regulares así como o calendario de actos e eventos programados para os vindeiros meses (VI Festival de Baile e Música Tradicional Rebulir, IV Noite de Fiadeiro, III Concurso de Fotografía Antiga, Exposicións, Obradoiros, Cursos... etc).

Durante este acto tamén se fará entrega dos premios do II Concurso de Fotografía Antiga, cuxos resultados se atopan publicados no blog da asociación (www.rebulir.blogspot.com). Nesta edición foron presentadas arredor de 200 instantáneas nas que se recollen labouras cotiás, retratos, celebracións..., superando así o centenar recollido na primeira convocatoria. Séguese así co traballo de ampliar o arquivo documental fotográfico do Concello de Ramirás e Comarca.

Presentación Curso 2009/10 e Entrega de Premios II Concurso de Fotografía Antiga

- Lugar: Centro Sociocultural de San Andrés. Vilavidal. Concello de Ramirás
- Hora: 19:00 h
- Organiza: Rebulir Escola de Baile e Música Tradicional
- Colabora: Concello de Ramirás.