Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Cursos / Fin de semana de actividades tradicionais en “O Fiadeiro”

Fin de semana de actividades tradicionais en “O Fiadeiro”

Cursos

A A.C.F. O Fiadeiro celebrará esta fin de semana (26 e 27 de setembro) as VIII Xornadas de Portas Abertas. Durante o sábado e o domingo O Fiadeiro convida a todas as persoas a achegarse e practicar as diferentes disciplinas tradicionais que a asociación recupera e pon en valor desde fai máis de 10 anos.

Durantes dous días os participantes terán a oportunidade de dar os seus primeiros pasos de baile, coñecer as improvisacións tan características dos seráns ou coñecer diferentes estilos de muiñeiras e xotas. Na área musical haberá obradoiros de gaita, acordeón, guitarra, violín folk, requinta, guitarra folk, canto e percusión. Obradoiros de costura e pasamanerías, debuxo e pintura, coiro e manualidades para nenos completan a oferta das xornadas para esta fin de semana.

As persoas interesadas poden inscribirse chamando aos tfnos. 986 253 585 - 629 585 355, enviar un e-mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou achegarse directamente polo local social antes da celebración de cada obradoiro, ubicado na rúa Xesús Fernández nº3 baixo (no Calvario). Todos as actividades son gratuítas e as prazas limitadas.

Programa