Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / Concursos e Certames / Constantino Bellón 2005: Programa final

Constantino Bellón 2005: Programa final

Concursos e Certames

15º CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN"

DATA: Mércores, 31 de agosto de 2005

LUGAR: Auditorio FIMO (Punta Arnela s/n)

HORA: 8 h. da tarde


Mais información
15º CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN"

DATA: Mércores, 31 de agosto de 2005

LUGAR: Auditorio FIMO (Punta Arnela s/n)

HORA: 8 h. da tarde

PROGRAMA:

* Presentación : AMPARO GINES
* Mencións de Gaita “Constantino Bellón” Presentación e Entrega
“Gaita de Ouro” a JOSÉ TEMPRANO CASTRO
“Gaita de Prata” ó CONSERVATORIO DE MÚSICA TRADICIONAL E FOLK DE LALÍN polo seu papel na divulgación e no ensino da música tradicional galega.

* Entrega do PREMIO de “Composición para Gaita Galega Solista” punto nº 9 das Bases do XIV Concurso de Gaita Galega “Constantino Bellón” a:

JAVIER MARÍA LÓPEZ RODRÍGUEZ pola partitura para Gaita e Orquestra de Corda “Carmina Utricularis”

* Final do Constantino Bellón

* CONCERTO : CUARTETO DE CÁMARA “SAIVA NOVA”

* Actuación Conxunta Finalistas
* Fallo do Xurado / Entrega de Premios XURADO:
D. Víctor Fernández Gabeiras (Presidente)
D. Xavier Rodríguez Fariñas
D. Carlos Icaza Boado
D. Xoán Rodríguez Silvar
D. Xesús Vaamonde Manteiga
Dª Cristina Meizoso Alonso (Secretaria, sen voto)




ENTIDADES COLABORADORAS:
*** XUNTA DE GALICIA: Consellería de Cultura – Consellería de Emigración
*** DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA
*** CONCELLO DE FERROL *** SARGADELOS
*** Maruxa Fernández, viúva de Luís Seoane
FINALISTAS

15º CONCURSO DE GAITA GALEGA “CONSTANTINO BELLÓN”


1)JUAN PABLO AGUIRRE ALEGRE BOS AIRES (ARXENTINA)
Gaiteiro de Soutelo
1.- “VECIÑOS: CATRO E MEDIA, 5TO “D” Autor: Juan Pablo Aguirre Alegre
2.- “ESBOCINCHOU” Autor : Xesús Vaamonde Manteiga


2) JOSE MANUEL MOJÓN PÉREZ OURENSE
1.- “AS VECIÑAS DO MOJÓN” Autor: José Manuel Mojón Pérez
2.- “COPITO FELPUDO” Autor: José Manuel Mojón Pérez


3) PABLO MARTÍN ROCCO COUSELO ARXENTINA
Gaiteiro de Soutelo
1.-“XOTA DOS 28 PUNTOS” Autor: Tradicional
2.-“XIADA” Autor: Pablo Martín Rocco Couselo


4) AGUSTÍN SÁNCHEZ IGLESIAS A CORUÑA
1.- “TOLIÑA” Autor: Agustin Sánchez Iglesias
2.- “TEMA DE GAITA E AS SÚAS VARIACIÓNS” Autor: Agustin Sánchez Iglesias


5) DANIEL LUMBRERAS RODRIGUEZ DONOSTI (EUSKADI)
Gaiteiro de Soutelo
1.- “MELENCHO” Autor: Daniel Lumbreras Rodriguez
2.- “CANÇOM DA VERGONHA” Autor: Paulo


6) OSCAR MIRANDA LODEIROS ARTEIXO (A CORUÑA)
1.- “ALALÁ PARA LOIS” Autor: Oscar Miranda Lodeiros
2.- “MOVEMENTO HARMÓNICO SIMPLE” Autor: Oscar Miranda Lodeiros


7) ANÁISY GÓMEZ FERNÁNDEZ LA HABANA (CUBA)
Gaiteiro de Soutelo
1.- “MUIÑEIRA DA CARAVILLA” Autor: Agustin Sánchez Iglesias
2.- “MAYO” Autor: Anáisy Gómez Fernández


8) DANIEL BELLÓN GARCÍA FENE (A CORUÑA)
1.- “UN LUSTRO” Autor: Daniel Bellón García
2.- “RÍO DE ANXO” Autor: Xosé Romero Suárez
3.- “PRIEGUICEIRA” Autor: Ernesto Campos


“SAIVA NOVA” CUARTETO DE CÁMARA

O cuarteto “Saiva Nova” é unha agrupación que xorde no ano 2001 da unión de catro xoves músicos da terra (violinos: Fernando Docampo e Ivan Novo; viola: Sergio Sieiro; violoncello: Daniel Canosa), todos eles de formación clásica, que, tendo en común o seu amor pola música, deciden investigar outros eidos musicais. O seu obxectivo principal é explorar tódalas posibilidades que se lle podan dar ao cuarteto de corda nos diferentes estilos musicais. Así dende o seu nacemento e ata o día de hoxe o cuarteto “Saiva Nova” ten interpretado músicas tan diversas coma a latina, representada por tangos e boleros, música de cine, música de grupos coma os Beatles, música clásica, sen esquecerse, e sendo unha das súas prioridades, da música da terra.
Levan actuado ao longo da xeografía galega amenizando actos sociais coma graduacións, vodas, banquetes, entregas de premios, etc.




O Constantino Bellón, concurso de interpretación e composición de música para gaita galega, organizado polo Ateneo Ferrolán, ven celebrando a súa cita anual inequívoca tódolos 31 de agosto, dende o seu nacemento no ano 91. Este Certame pretende manter e potencia-lo xeito de toca-la nosa gaita, con técnicas e xiros propiamente galegos.

Ano tras ano vaise consolidando coma un punto de encontro dos gaiteiros mais experimentados da grande comunidade galega. Un Xurado altamente cualificado encárgase de face-la selección dos finalistas, entre as gravacións chegadas de toda Galicia e de diversos puntos das Comunidades Galegas.

Dende o ano 96, na Final participan catro gaiteiros procedentes do exterior, seleccionados por medio do “Gaiteiro de Soutelo” –Punto 5º do Bellón-, que teñen subvencionados os gastos da súa participación por medio da Secretaría das Comunidades Galegas.

Os ganadores das anteriores edicións foron:

Ano 1991. Iván Costa Blanco, de Moaña que interpretou Muiñeira da Xiada e Xota para Ourense.

Ano 1992. Xesús Vaamonde Manteiga, da Coruña coa Xota nº 354 e Muiñeira.

Ano 1993. Juanjo Fernández, de Vigo que tocou Muiñeira da Cabra e Muiñeira picada.

Ano 1994. Xose Ramón Vaamonde, da Coruña coa interpretación de Preludios de gaita e Aturuxeira.

Ano 1995. Carlos Lorenzo Lemos, de Fene, con Troulada de Campañó e Muiñeira.

Ano 1996. Pepe Vaamonde Manteiga, da Coruña, con “Non te namores meniña” (Tradicional) e “Saltareira” (xota), de Pepe Vaamonde.

Ano 1997. Jesús Vaamonde Manteiga, de Ferrol, con “Peizoquiña”, de Suso Vaamonde e “Muiñeira do mesón”, de Suso Vaamonde.

Ano 1998. Pablo López Torneiro, de Oleiros, A Coruña, con “Valse de Cecebre”, de Pedro Lamas e “Postludio Indigestat”, de autor.

Ano 1999. Iván Costa Blanco, de Moaña, con “Piricuchiña” e “A gaita de Melchor”, de Iván Costa.
Ano 2000. Pepe Vaamonde Manteiga, de A Coruña, “Alalá de Pradías”, de Pepe Vaamonde, “415 de Casto Sampedro”, “Muiñeira de San Froilán” de Pepe Vaamonde.

Ano 2001. Daniel Bellón García, de Fene, con “A codea de pan” de Daniel Bellon e “O bicho que furaba na cenoria xogando a base de muiñeira” de Pedro Lamas Varela.

Ano 2002. Oscar Miranda Lodeiros, de Arteixo, con ”Barlovento” e “Cuasimuiñeira” de Oscar Miranda.

Ano 2003. Agustín Sánchez Iglesias, de A Coruña, con ”Aloumiños” e “Andame unha pulga atrás dun piollo” de Agustín Sánchez.

Ano 2004. Alberto Coya Otero, de Hio, Pontevedra, con “Malditas Palletas” e “Non me amoles” de Alberto Coya.