CARLOS NÚÑEZ EN BUENAFUENTE
Martes, 23 Xuño 2009 13:10
O gaiteiro e socio da AGG, Carlos Núñez, estará o martes 23 en directo no programa Buenafuente, que se emite a través da canle "La Sexta" a partires das 12 da noite.Carlos presenta o seu novo traballo discográfico "Alborada do Brasil", unha viaxe en busca das conexións musicais entre Galiza e Brasil, que saíu á venda o pasado 16 de xuño. Tamén nos ofrecera unha mostra do mesmo cunha actuación en rigoroso directo.