Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / Anuncios, subvencións, oposicións... / SUBVENCIÓN PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS CULTURAIS

SUBVENCIÓN PARA A REALIZACIÓN DE PROGRAMAS CULTURAIS

Anuncios, subvencións, oposicións...

A Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia ven de publicar unha convocatoria para a concesión de axudas a fundacións, asociacións e institucións culturais, con ámbito de actuación supraprovincial e que desenvolvan as súas actividades en Galicia, para o seu funcionamento e para a realización de programas culturais.

Entenderase por programas ou actividades culturais concretas aquelas destinadas á promoción e cooperación cultural e á difusión e animación sociocultural que contribúen ao espallamento e promoción da cultura galega; gastos de persoal para a dirección e coordinación das actividades e gastos de funcionamento, se é o caso, das institucións obxecto da subvención.

O prazo para presentar a solicitude remata o 3 de xullo. Consulte o texto íntegro da convocatoria aquí.