Asociacion de Gaiteiros Galegos

Gaiteiros galegos
Inicio / Novas / AGG / CELEBRADAS AS XORNADAS DE BAILE TRADICIONAL, CANTO E PANDEIRETA

CELEBRADAS AS XORNADAS DE BAILE TRADICIONAL, CANTO E PANDEIRETA

AGG



Máis de 60 persoas acudiron ás Xornadas de Baile Tradicional, Canto e Pandeireta, que tiveron lugar o pasado día 10 de maio no IES Dionisio Gamallo Fierro en Ribadeo.
Esta actividade, promovida pola Tradescola, escola de música tradicional xestionada pola Asociación de Gaiteiros Galegos, pretende a divulgación da nosa música tradicional a través dunha serie de obradoiros impartidos por mestres da propia escola en diferentes comarcas da provincia de Lugo.



Nesta ocasión, Montse Rivera, mestra de baile tradicional da Tradescola, e Uxía Cibreiro, mestra de canto e pandeireta, estiveron ao cargo desta xornada didáctica na que, ao longo de todo o día, os asistentes puideron iniciarse nestas disciplinas da música tradicional ou perfeccionar os seus coñecementos sobre as mesmas.