Asociacion de Gaiteiros Galegos

Inicio / Novas / AGG / MANIFESTACIÓN DO 17 DE MAIO EN DEFENSA DO NOSO IDIOMA

MANIFESTACIÓN DO 17 DE MAIO EN DEFENSA DO NOSO IDIOMA

AGG

Ante a convocatoria, para o vindeiro sábado 17 de maio, da manifestación en defensa da noso idioma, a AGG quere expresar o seu apoio á mesma e pedir a todos os seus asociados e asociadas a participación en dito acto.

A AGG leva máis de 20 anos traballando, de xeito consecuente e continuado, na defensa dos nosos valores culturais, con especial atención á música e o baile tradicionais nas súas diferentes expresións. Ante os ataques que nos últimos tempos esta a recibir o idioma galego, e por ende, os galegos e galegas que fan uso del como xeito natural de comunicación, a AGG non pode ficar allea ao acoso que este piar fundamental da nosa cultura e da nosa identidade vén sufrindo. Por todo isto, a Xunta Directiva da AGG sumase ao apoio á manifestación nacional convocada para o 17 de maio ás 12 horas, con saída desde a Alameda de Santiago de Compostela, e exhorta a todos os seus asociados a participar nesta mobilización de defensa do noso idioma, acudindo cos seus instrumentos para reivindicar a nosa identidade cultural.

Para facilitar a asistencia á manifestación sairán autobuses dende distintos puntos de Galicia. Lugares de saída, horarios e máis información aquí.

Ademais, a Mesa pola Normalización Ligüística ten elaborado o 'Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego', que pode ser asinado en liña aquí.